Nun tempo imaxinario na Galiza, houbo un rei que tivo fama de nobre, xusto e de bon corazón. Durante o seu reinado, nada faltou ás xentes. Este rei chamábase Arturo e tivo dous fillos, Afonso e Pedro. O monarca non quería decidir quen dos infantes o sucedería no trono, así que chamou o seu máis fiel confidente, o sabio Merlín, quen axudou a dar solución. Fixéronse dúas chaves idénticas, unha de ouro e outra de ferro, que o propio rei entregou aos seus fillos. Ambas as dúas abrían as portas do reino, mais só a primeira traería a fortura. Esta é unha historia de amor, de traizón, de xustiza, de loita e de futuro, o noso futuro.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.
O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: «celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo».
E a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024. A RAG destaca dela que foi a «creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90», esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.
creo que non tiña o cerebro para ler isto nestes momentos. o libro é curtiño e funciona como un conto, no que o importante non é nin a trama nin os personaxes, senón o que representan e a mensaxe que se quere transmitir. por iso, é moi posible que haxa certas escenas que pasasen pola miña cabeza sen entender moi ben a súa implicación, sobre todo no inicio. xa polo final da novela estaba a entendelo todo bastante ben.
xusto necesito salientar o último cuarto do libro pola atmosfera que presenta e unha certa reviravolta por aí. non esperaba que fose *aí*, pero foi unha grata sorpresa e ten sentido tendo en conta a reflexión que quere traer a novela.