Jump to ratings and reviews
Rate this book

Orixe

Rate this book
Unha historia de historias na que liberdade e conciencia social se reivindican como valores fundamentais dos seres humanos.

Sechu Sende era coñecido como poeta cando en 2004 gañou con Orixe o Premio Blanco Amor de novela. Esta é unha novela directa pero anovadora, divertida pero comprometida co seu tempo e coa sociedade. Cóntanos como Mario Negro, que padece dunha vertixe brutal que lle impide abrir os ollos, accede ao mundo imaxinativo de Laura Lobo, a súa enfermeira de noite. O poder liberador da imaxinación, a enerxía do amor e a súa capacidade para facer superar a soidade son as forzas que a enfermeira pon en xogo para rescatar a Mario Negro do profundo desánimo no que se afunde. Sechu Sende logra activar o elemento creativo de cada lector ou lectora cun mecanismo narrativo accesible e anovador. Acción e carga emocional forman parte de Orixe, unha novela que desde a situación inicial focalizada nun individuo acaba por abranguer o abano completo dunha nación sometida á ditadura.

172 pages, Paperback

First published April 1, 2004

13 people want to read

About the author

Séchu Sende

15 books8 followers
Xosé Luís González Sende, máis coñecido como Séchu Sende, nado en Padrón en 1972, é un escritor galego.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (30%)
4 stars
3 (30%)
3 stars
4 (40%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Borja Pontecanedo.
113 reviews
August 16, 2023
Curiosa historia a do noso protagonista coa fermosa relación entrámbolos dous membros da parella, o medo e a valentía coa paixón como resultado.

Unha obra desas que cómpre lermos máis dunha vez para coller todos os detalles e que, dentro do bo traballo ten, ao meu ver, excesivas pequenas historias - cousas - e afonda moi pouco na ditadura e os seus alicerces económicos cuxa premisa considero abraiante.

Unha novela que se goza lendo aos poucos e que deixa moitas incógnitas e un marabilloso devezo de liberdade.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.