Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión. Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica. «Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.
Levo xa uns anos lendo o premio anual Xerais e hai tempo que non me decepciona, e este non foi a excepción, aínda que me deixou un pouco así-asá.
Temos unha versión galega dun xénero de moda, o “Cozy Crime” ou ese tipo de novela de thriller e misterio, con asasinatos, pero poucos e con personaxes “suaves” e tramas amigables.
Todo isto levado á idiosincrasia galega, a un medio rural, pero non tanto, porque o rural xa non é o que era, e tamén Carba... digo Umeiro, o pobo "imaxinario" da novela, moi representativo de Galicia: metade cidade metade pueblo. Moi urbano e moderno pero co campo a 5 minutos andando.
É dicir, temos un Cozy crime con grelos, poderiamos dicir.
Hai unha trama do misterioso asasinato do veterinario, a quen ninguén quería facer dano e temos unha moza que volve á cidade despois de 25 anos para montar unha librería e as circunstancias lévana a investigar a morte , mentras se reencontra co seu pasado, co poli do pueblo , que está bó pero é un pouco pailán, mais o amor sempre xurde, vamos o típico argumento de Cozycrime... E moi ben. O libro é un pracer de ler e está moi ben escrito. O pero? Ben, creo que tenta cubrir tantos temas que se volve demasiado borroso. A suposta trama principal do asasinato e da investigación queda nun segundo ou mesmo nun terceiro plano, mentres que o groso do libro é un bombardeo de ideas sobre a industria da moda, o traballo escravo, os pros e contras dunha gran multinacional que configuró (ou desfiguró ) a Galicia nos últimos 30 anos, fálase tamén do cambio climático, da discriminación dos xitanos, das mulleres, da violencia doméstica, da sanidade pública, do acoso, das dificultades da vida no rural, da deshumanización da sociedade... e máis cousas que teño esquecidas. É dicir, fala de tantas cousas que o final che aturulla... Todas son ideas estupendas, e estou de acordo co punto de vista da autora, pero creo que poderían estar escritas en polo menos 3 libros! Poderías facer unha serie ca detective Ferruchi na que cada libro aborde un dos temas que este trata e acabarías con varios volumes.
Gustoume a detective Ferruchi, esta atractiva señora Fletcher cunha vida que, meu Deus, pasou por todo, miña pobre.
E dos personaxes secundarios, o que máis me interesou era Cantoná e a alcaldesa, dous personajazos dos que quero saber mais. Ah, e o sentido do humor... Creo que a broma que máis me gustou foi a que se repite ao longo do libro cos kiwis jajaja E que eu tamén teño kiwis... queres kiwis?
É moito máis ca unha novela de misterio. É todo un elenco de personaxes, de situacións e de temas cotiás tratados con moita sensibilidade e... lese só!
Tiven dúbidas antes de comezar o libro xa que é a primeira novela que lin en galego, pero está escrito dunha forma moi sinxela e a súa lectura é bastante áxil.
Na novela preséntannos a Sol, unha moza que volve ó seu pobo despóis de 25 anos na cidade. Cando chega, aparece morto (máis ben, asasinado) un veterinario con moita sona na zona, Xan Sequeiro… e a nosa protagonista comeza a interrogar ós veciños desta zona rural despóis de que o irmán da víctima lle encargue a tarefa de atopar o culpable.
Ainda que a trama principal sexa a investigación do crime, na miña opinión a novela nin é negra nin é un cozy crime. Mentres Sol está a facer as súas pescudas, coñece a tantísimos personaxes secundarios que lle falan de temas tan variados (o mesmo che contan as costumes de traballo das costureiras que che fan unha disertación do estrés dos xornalistas) e que ás veces non veñen ao conto e pérdese de vista a trama principal.
Segundo eu, a autora abusa dos diálogos (que non lles da mais profundidade aos personaxes realmente) e logo de casi 500 páxinas, é inxustificable que o asasinato se resolva ás présas.
Buf, e que tiña moito potencial pero é a definición de quen moito abarca pouco apreta.
O libro está dividido en dúas temáticas, a parte detectivesca e a parte de novela costumbrista. Empezando pola que da título ao libro, resultou ser bastante decepcionante. Non arranca hasta máis da mitad do libro, resólvese en 20 páginas sin ter tido precisamente pequenas pistas antes (co que parece que saca todo da manta) e toda a información que recolliu a prota falando cos veciños queda en nada.
Pola parte costumbrista, está moi ben escrita e os diálogos e o captar o falar da xente é moi realista. Porén, nótase que quere falar de toooooooooodos os temas actuales (confección, cambio climático, drogas, etc) e meteos con calzador. Ti non saludas a alguén e directamente tas tendo unha conversación sobre o pouco cuidados que están os montes. A pesar de que fala de temas necesarios da maneira en que penso que hai que falalos, creo que chega un punto no que se ve forzado.
Non sei, sinto que esta novela promete algo (se les a parte de atrás) que non arranca ata a metade, e que resulta bastante meh, por non ser unha novela detectivesca brillante. Ao mesmo tempo, se se centrase na vida de Sol tras volver a Umeiro, en como combate os prexuizos e como refai a sua vida, sinto que melloraría moitísimo. É que tal e o como é fui de lenta, como abandonaba a supuesta trama principal e como metía conversacións pouco realistas de temas actuais que non contribuían nin a caracterizar personaxes nin a avanzar na trama, o libro fui un choque pa o que esperaba.
De todas formas está moi ben escrito, capta moi ben a realidade galega e os personaxes principales como Sol, Amil, Vivita ou Acacio fan da lectura un pracer.
1'5/5⭐️ Rematei este libro (por fin) ou rematou el comigo (de aburrimento)? Como se nos presenta o contido e o que ao final é non teñen nada que ver, empeceino esperando unha investigación e esta ten un peso ínfimo. A narración e os diálogos fixéronseme tediosos e interminables, a xente non vai por aí soltando un monólogo de cousas aleatorias porque os saúdes. Non foi en absoluto para min, remateino porque quería saber o desenlace do crime.
Atrapa de principio a fin. Mentres transcorre a trama principal aparecen moitas tramas paralelas que fan que queiramos saber máis do que pasa en Umeiro. Divertidísimo e entretidísimo
Máis ca un thriller ou un cozy crime, esta é unha novela costumbrista que non me terminou de convencer. O misterio de asasinato non ten importancia ata apenas as últimas páxinas, a historia céntrase máis en ir saltando arredor dunha serie de temas máis ou menos actuáis, comentalos e logo pasar a outra cousa. Máis ca unha novela, parece un intento de facer un libro de ensaios, mesturados con un chisco de historia e un par de toques "progres".
Esa portada, ese título, Premio Xerais 2024... Esta novela levaba un: Yoli, esta novela é para ti. Todo comeza co veterario roxo morto. Claramente foi un asasinato pola violencia e, ademáis, matárono cun "gato". Curioso, verdade? Pois para saber máis non vos queda outra que adentrarvos nas páxinas desta historia. Ao mesmo tempo Sol Cortés volve a Umeiro, tras moitos anos fóra. Monta unha librería e se xa na sua época nova era a comidilla do pobo, nesta ocasión non é menos. Nesta ecuación de circunstancias temos a outros personaxes como Agatha, Amil, Sonia, Vivita, Cantoná... E algún que outro máis. Inda que a historia comeza cun asasinato, ao longo das páxinas viviremos e coñeceremos as vidas dos protagonistas. Coñecer a Ferruchi vai ser un camiño chulo xa que neste pobo un non ten descanso. A historia a lin moi gustosamente e a disfrutei, sí, pero sabedes qué sensación teño? Que me quedei con ganas de saber máis de Ferruchi. Ata donde eu sei non temos máis entregas, pero non me importaría disfrutar de máis casos a verdade. Descubro a unha autora que sua forma de escribir me encantou. Son galega e galegofalante, pero leo máis en castelán. As veces meterme na miña lingua me custa un pouco, pero nesta ocasión non foi o caso. É un gustazo ler en galego e ler ambientación de aquí é o "máis mellor". Quedo con sabor agridulce. Explícome: unha historia que me gustou, paseino ben, tivo un pouco de todo, estiven con ese enganche de querer saber máis e máis, pero o meu "pero" é que me quedei con ganas de máis de Ferruchi e ata máis de Cantoná. Os que lestedes o libro saberedes. A conclusión: quero máis. Punto. Noraboa por ese premio, Marta.
Sempre hai que comezar polo bo e é innegable que Marta Villar ten bo oído para as expresións e o falar da xente. É un gusto ler un libro que reflicte tan ben a oralidade da nosa lingua.
Pero se hai que ir ao malo este libro é un quero e non podo e un quen moito abarca... son demasiados temas, son demasiadas persoas involucradas cada unha coa súa historiña, unha constante explicación do que sucede (non necesito ler que alguén está sorprendido cando lle din algo sorprendente), unha trama criminal deslavazada e que se resolve en poucas páxinas. A autora tiña moitos temas dos que falar e non soubo librarse deles, repartilos en outras novelas, decidiu que ían ir todos xuntos neste e crear unha novela de máis de catrocentas páxinas cunha historia que en cento cincuenta tería pechado.
Non é que sexa unha novela mala, é que unha novela excesiva na súa lonxitude e no que quere abarcar.
É unha novela negra pero que ademáis da trama principal toca moitos temas interesantes de actualidade. Encantoume. Se cadra a miña mellor lectura en galego até o momento.
A historia do asesinato é unha subtrama perdida entre o verdadeiro tema da novela: a opinión dos veciños de Umeiro. Presenta a un montón de personajes con opinións moi distintas, interesantes e cargadas de denuncia social. Con todo, este recurso durante 472 páxinas faise pesado e acaba convertendo os diálogos en artificiais e pouco creíbles. O asesinato resólvese demasiado rápido e ten moi pouco sentido. A historia engancha e os personajes tamén pero ojalá fose máis corta.
Detective Ferruchi recibiu o XLI Premio Xerais de Novela.
✨️
Xan Sequeiro, un veterinario con moi boa man para os animais pero de carácter solitario, aparece brutalmente asasinado. Non se lle coñecen inimigos polo que resolver o caso vai ser moi difícil. O seu irmán foi compañeiro de aula de Sol Cortes, quen despois de vintecinco anos decide retornar a súa vila natal e comezar unha nova etapa profesional abrindo unha libraría. As circunstancias convértena en investigadora do crime.
✨️
Sen embargo, esta non e unha novela negra o policial o uso. O que aquí temos é unha novela coral na que a parte máis importante son os veciños e veciñas de Umeiro. Personaxes peculiares pero tamén moi próximas que nos amosan unhas veces con humor outras con máis seriedade temas como o dano que causan ser obxecto de prexuízos e rechazo, a violencia de xénero, o abandono do rural, o cambio climático ou como supuseron unha oportunidade para as mulleres obter independencia económica os talleres téxtiles nos anos oitenta, os que máis tarde convertéranse no actual imperio téxtil internacional.
✨️
Amósovos a que acaba de convertese na miña lectura en galego favorita deste ano. Que gusto foi ler este libro, marabilloso, no que me sentín tan ben e coma se fose parte do mesmo descubrindo as historias cotiás e as personaxes de Umeiro. Sole, Amil, Acacio, Vivita, Agatha, Cantoná e incluso a mesma alcaldesa fixéronme tan boa compaña e que pasase unhas boas tardes de lectura. Que mágoa dicir adeus cando rematei o libro.
✨️
E asegúrovos que mantén a intriga ata o mesmo final o cal encantoume ❤️
“A trama céntrase na investigación paralela deste crime [o asasinato do veterinario Xan Sequeiro]”, di a sinopse da editorial. Mentira! A trama céntrase en calquera cousa agás na investigación do asasinato do veterinario, que por outra parte ben está morto: se non o matase quen o matou, tería que facelo outro, porque menudo tipo insoportable. Milagre que non o tivesen matado antes! Un transtornado ao que, non obstante, durante todo o libro se define como unha marabillosa persoa, toda sensibilidade, que non parece deste mundo… O que non é deste mundo é ter que aguantar as tralladas que se poñen na súa boca.
Volvendo ao asunto: a investigación ten un peso totalmente marxinal case durante toda a novela. Só pasada a metade do volume comeza a cobrar algo de relevancia, e só nos últimos capítulos se volve verdadeiramente central.
¿E que ocupa, entón, o resto das case 500 páxinas? Pois un desfile de personaxes e temas que pouco ou nada teñen que ver coa suposta investigación. Comeza cunha longa turra sobre o insufrible verán calorento (por mor do cambio climático, supostamente), continúa coas condicións laborais das mulleres nos talleres téxtiles, e remata co estrés vital dos xornalistas… ¡dun diario local, manda truco!
En beneficio do libro cómpre dicir que a autora fai un moi bo uso das expresións lingüísticas, e que as formas de falar dos múltiples personaxes están bastante logradas. Polo tanto, á marxe da historia —que pode gustar máis ou menos, segundo o que se busque nesta novela— o texto está, como mínimo, ben escrito. Iso si: tamén cheo de erratas, algunhas tan rechamantes como considerar que 25 anos son “medio século”… parece que xa non hai correctores que lean os libros antes de publicalos.
En resumo: unha novela costumista pasable, pero de misterio ten pouco. E, por riba, semella un recopilatorio de temas “progres” para lectorado militante. Máis ca suspense, ten vontade de crónica social.
Sol Cortés vuelve a su pueblo natal, del que no tiene muy buenos recuerdos pero necesita un cambio en su vida. Cambia su trabajo industrial por una librería en el centro de su pueblo, Umeiro. Allí volverá a encontrarse con las personas de su pasado y con otras nuevas que llenarán su vida de colores. Pero al mismo tiempo que Sol arriba al pueblo, es asesinado el mejor veterinario del pueblo. La policía lo está investigando, pero el hermano del difunto prefiere que lo investigue Sol, que cuando iban a clase juntos demostró tener unas buenas dotes de deducción. A mayores de esta situación, Sol está marcada por dos cosas, ser gitana y una cardiopatía genética que la hace vulnerable y temerosa en ciertas ocasiones. Lo mejor del libro sin duda es todos esos personajes que habitan Umeiro, llenando el pueblo de colores y matices.
La novela es genial. Con la excusa del asesinato, la autora nos introduce en el ambiente del pueblo y en los personajes más épicos. El tema investigación no empieza hasta que pasa la mitad del libro aproximadamente pero estas tan enfocada en las vidas de los personajes que a veces te olvidas del muerto. La autora tiene una forma encantadora de introducir temas sociales de gran importancia de una forma sencilla y cotidiana pero que al mismo tiempo es realista e impacta. La cercanía que se crea con los personajes hacen que la historia sea muy confortable y calentita, con la que además puedes echarte unas risas. No lo sé con seguridad, pero pinta que tendremos más libros de Ferruchi por como presenta a los personajes en esta novela y como termina este.
Primeiro libro do ano, ademais despois dun parón lector, e teño que dicir que en parte foi unha decepción. Partimos da base que o venden como un cozy crime nun ambiente rural galego, polo que para min xa tiña todos os ingredientes para que me gustase. Unha Agatha Raisin patria, digamos. Pois ben, o meu gozo nun pozo. Para empezar, paréceme incrible que teña que pasar máis da metade do libro para que se poñan a investigar en serio o asesinato do pobre veterinario. Segundo, hai moitísimas páxinas de recheo, conversas sen sentido, que ocupan páxinas e páxinas, nas que a autora moitas veces pretende facer denuncia social, cousa que me encanta, pero que me parecen forzadas e pouco realistas. Como a primeira conversa entre Sol e Amil, que xa che contan que no instituto tampouco tiveron moita relación máis alá dun conato de bico no patio do colexio, pero que de repente, tras 25 anos sen verse, botan horas falando coma se foran amiguisimos. O mesmo con outros personaxes, coma o irmán de Xan, que lle encarga a ela que investigue o asesinato do seu irmán. Só porque no instituto encontrou unha Game boy perdida! Que sentido ten eso? Todo para que o final Sol resolva o crime antes que a garda civil, porque están con Covid e por riba non termine con Amil, que era o que esperábamos todos. Resumindo, conversacións longuísimas sen sentido que non aportan nada a trama, moito recheo e un final abrupto. Non sei se é autoconclusivo ou o inicio dunha saga, pero creo que me vou pensar moito ler unha posible continuación.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Es una novela negra, con asesinato incluido (un veterinario, que, a su vez había matado a 3 cazadores culpables del envenenamiento y muerte de su perro cuando era un niño)), pero el retrato de los personajes y las pinceladas de idiosincrasia gallega me la han hecho muy amena. Toca MUCHOS temas: discriminación racial a gitanos (Sol, la protagonista es hija de un gitano y una paya); premenopausia femenina ( la de Sol); relaciones familiares (Amil, el policía, criado por sus abuelos y con mala/nula relación con sus padres); el abandono del "rural"(Sol vuelve a Umeiro y es una sorpresa para tod@s; los pros (sueldos ) y cons (horas interminables de trabajo) del nacimiento de Inditex como oportunidad de primera oportunidad de trabajo y sueldo para muchas mujeres (allí trabajaron Viti, la "tía" de Sol, y otra vecina de Umeiro; la violencia doméstica (el marido de Viti).... son muchos temas, bien integrados e intensos: me sorprendieron pero me gustaron.
La detective Ferruchi es Sol: ferru + gucci: de ferralla ,por su padre gitano, y de Gucci por su madre costurera.
Es una novela de mujeres, muchas mujeres
This entire review has been hidden because of spoilers.
La verdad es que me ha gustado bastante. Sí que creo que es verdad lo que dicen algunas otras reseñas de que intenta abarcar demasiados temas y acaba volviéndose un poco largo de más, aunque por otra parte esos temas me han interesado y me ha gustado saber más sobre ellos. También estoy de acuerdo en que el misterio no es realmente el tema principal y que acaba resolviéndose un poco demasiado rápido para la longitud que tiene el libro. Este libro me ha venido muy bien para practicar el gallego ya que contiene muchas expresiones y palabras típicas y también algunas del lenguaje oral, además de reflejar bastante bien la cultura. En resumen, no es perfecto pero la he disfrutado y además me ha venido bastante bien para el gallego
This entire review has been hidden because of spoilers.
La novela te atrapa desde el inicio. Aunque la trama principal es la investigación de un asesinato, el de un veterinario, no se trata para nada de una novela negra, es muy intimista, con mucha ironía y unas buenas dosis de humor. Reivindica el valor de la diferencia dando voz a grupos minoritarios y tratando de romper con los prejuicios establecidos, y también saca a la luz a todas aquellas mujeres que, desde los años ochenta, han contribuido a construir un imperio textil internacional gracias a su trabajo en cooperativas. Un trabajo duro pero que para muchas significó su independencia económica.
Un thriller que, pa min, que non leo moito este xénero, está bastante ben. É moi rápido de ler, o sentido do humor dalle un tocazo e os personaxes deixan entrever moitos temas máis alá da resolución do asesinato: a dicriminación, a realidade da vida no rural, a sexualidade, a transformación da industria textil nos últimos 50 anos, a emigración, a discapacidade, a comunidade LGBTQ+, a violencia… Ao final, o crime non é para nada o tema principal do libro, pero sinto que podería facerse unha serie coma a de Agatha Christie ca detective Ferruchi a modo de Hercules Poirot.
Encantoume !! A trama, con Marta te ten ata o final, cun misterio, que fai que te enganche dende a primeira páxina. Chea de humor, pero tamén dunha tenrura que encolle o corazón Onde as mulleres , son as protagonistas da novelas, onde saen como sempre, mulleres loitadoras , que esforzaron se por sairen adiante , onde fala do racismo, de cambios que sufrimos más distintas etapas e que Ainda son tabúes... Ogalla, a detective Ferruchi , volva pronto...
Encantoume esta novela de Marta Villar. Ademáis da trama principal, a cal me pareceu intrigante ata os últimos capítulos, toca temas moi variados ao longo de toda a historia, os cales invitan a reflexión: a vellez, a industria téxtil, a sociedade moderna e como cambiou ao longo dos anos... entre outros moitos. Espero que saque unha segunda parte, xa que, baixo o meu parecer, a detective Ferruchi quédalle moito por investigar!
Historia de un asesinato que ocurre en la primera página pero no se resuelve hasta casi la última, pero no porque sigamos al detective, si no porque hay tantos personajes y tantos temas metidos en la historia, que el asesinato queda en un segundo plano.
Hay demasiados personajes e historias secundarias que no aportan nada... , pero ese es uno de muchos.
Encantoume. Seguindo a liña do anterior (Coches amarelos), Marta aproveita para falar moi acertadamente de moitos e variados temas: o mundo rural, o mundo textil, a violencia de xénero, a inmigración, o consumismo… destaco tamén a capacidade da autora para recrear espazos que para unha persoa da Costa da Morte son fáciles de identificar e cos que se empatiza moi rápidamente.
Gustoume. É rápido, divertido e un pouco de chorar. Sol pareceume irreal non acabei de crer a súa maneira de ser. Umeiro un pobo coma tantos de Galiza, cada personaxe se repite en toda a xeografía galega en todos os pobos sen dúbida. Puiden oler o bosque, ver a xente no bar, os campos e mais os kiwis.
es una novela muy interesante que pensaba que iba a tirar simplemente por la investigación de un asesinato pero es mucho más que eso! trata un montón de temas super importantes aunque a veces se hace un poco larga y quizás el final se resuelve muy a prisas, pero es un libro muy disfrutable y muy recomendado
destacar sobre todo los personajes secundarios, me han gustado mucho!
Ben merecido o premio Xerais por facer fácil o difícil, xuntar amor, sexo, intriga, reivindicación, homenaxe, retranca, humor, novela negra daquela maneira e moitos cousas máis nunha novela sen que sobre nada e quede todo tan xeitoso que non podas parar de ler e gozar coa lectura...
Para min é unha novela frouxa, aínda tratando temas interesantes como os prexuízos e como creceu Inditex. Mentres lía a novela, tiven a sensación que a trama ía por unha banda e a os personaxes (algúns moi interesantes) por outra. Non sentín que todo iso fose unha unidade.
una novela policial completísima. Nos da representación gitana, nos da volver al pueblo, nos da venganzas intrigantes, nos da mensaje feminista y animalista, nos da second chance romance, nos da ambientación pseudorural, nos da literatura gallega de la buena.