Isma, un mozo de 13 anos, afronta un novo curso do instituto cun cambio significativo na súa unha diagnose de TDAH. O que en principio semella algo positivo para a familia, xa que chega acompañado de respostas -e mesmo de certo alivio-, converterase nun drama no ámbito escolar, onde o protagonista terá que enfrontarse ao descoñecemento e á falta de sensibilidade dun sector do profesorado e do alumnado. Con certos toques de humor e unha chea de referencias ao mundo adolescente actual, «I'm Obélix« achéganos á crúa realidade do día a día nun instituto calquera, onde ser diferente é un desafío e, demasiadas veces, constitúe unha traxedia para a vítima e a súa familia.
❤️🔥Sentinme moi identificada ao longo da lectura.
❤️🔥 Nais que loitamos pa ser escoitadas.
❤️🔥 Profesores que miran cara outro lado, e que din xa pasará, ......
❤️🔥 O sistema educativo que falla.
❤️🔥Alcumes que doen ,que marcan, as risas ,a soedade ,a ira e a dor...
❤️🔥Os nenos que sufren bullying e as suas consecuencias.
❤️🔥 Diferentes voces falan a través das paxinas.
❤️🔥Unha historia que doe, doeme quizás mais , porque sei o que e loitar contra as cousas que relata no libros, que non se nos escoita , que as veces podemos resultar pesadas. Pero e unha loita interna porque as veces non se aplican os protocolos, porque botan balons fora.
❤️🔥 E que pasa cando te atreves dar a cara ,......
@raquelfernandezf72 felicitarte por esta maravillosa novela , parabens por este premio tan merecido. Oxala o lean nos colexios ,institutos, para mirar se lles fai pensar nesas cabeciñas que as veces as palabras son un gran dano.
E voume mollar tamen para alguns docentes,...pt, al....orientadores, .... porque teñen que escoitar e facer cumprir os protocolos obligatorios.
Este libro foi a lectura do terceiro trimestre de lingua galega para 2° da ESO e , cando a miña filla o rematou, viu directa o meu cuarto , púxomo diante e díxome: "tes que lelo". E así o fixen .
Coñecemos a Isma, un rapaz de 13 anos que empeza un novo curso no instituto afrontando un recente diagnóstico de TDAH. Isto parece que facilitará a súa vida na clase pero nin todos os profes o entienden nin os seus compañeiros o apoian.
A nivel narrativo é fácil de ler, cunha linguaxe e unhas referencias actuais, para enganchar os adolescentes na lectura. Os diferentes puntos de vista presentados parecenme todo un acerto xa que nos permiten ver un panorama máis amplo e coñecer os pensamentos de cada un.
As personaxes están moi ben definidas e mostrannos as súas debilidades e fortalezas. Evidentemente empaticei coa nai de Isma e déronme gañas de entrar no libro e darlle unha aperta.
A ambientación lévanos a un instituto concreto pero estou segura de que representa o que pasa en calquera instituto de España.
Recoñezo que chorei con esta novela. E que me enfadei nalgún capítulo. E non podo máis que decir que é un libro tan necesario, tan valente, que debería ser de obrigada lectura, pero non son para os rapaces, senón para pais e educadores.
Foi Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil en 2024 e non está traducido actualmente ao castelán.
Hai uns días recibín como agasallo I'm Obélix de Raquel Fernández Paz publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo e rematei hoxe mesmo de lelo.
Debo dicir que non coñecía esta novela pensada nun público adolescente pero que é moi fácil de ler e que de seguro gustará non só a adolescentes senón tamén ás súas familias e ao profesorado que trata con eles día a día dado o tratamento que se fai do tema do acoso escolar ou bullying.
En I'm Obélix Fernández retrata un curso na vida de Ismael, un alumno con TDAH que se enfronta ao acoso escolar con poucas armas e vendo como día a día o problema vai aumentando e levando consigo a tranquilidade, o rendemento escolar, as amizades e a paz familiar.
O relato está moi ben levado e cobre todo o curso de 2º de ESO de Ismael. Dado que o narrador vai variando entre os diferentes actores e testemuñas, facémonos cun retrato poliédrico no que case todos teñen a súa parte de culpa ben por accións tomadas, ben por calar cando presencian o maltrato a Isma. Está moi ben a visión que se dá dos adultos implicados, pai e nai, profesorado, Marta da asociación de TDAH, a nai de Carmen e Benito, o profesor de atención domiciliaria. Tamén temos a visión de diferentes compañeiros de clase todos eles con papeis diferentes no proceso. A racionalización e verbalización dos seus pensamentos paréceme un tanto forzada pero axuda moito a apreciar a dimensión e a complexidade do problema. Nada é branco e nada é negro. Todo o mundo actúa ben ou actúa mal pero intenta encaixar socialmente nun contexto complicado. Mesmo a situación de Álex fai que o lector entenda que non é só un acosador, en certo modo tamén é vítima das súas circunstancias.
Creo que é o mellor libro para adolescentes que lin sobre o tema e paréceme un imprescindible con vistas a tratar temas de bullying, titoría entre iguais e bo ambiente dentro da aula. Para adolescentes? Si. E para familias e profesorado tamén. Todos podemos aprender desta lectura que a bo seguro ha ter moitos lectores.
Creo q deberia ser una lectura obligatoria para profes, pre adolescentes y padres. Toca la fibra y no hace mas que plasmar la realidad q viven muchos niños neurodivergentes y la falta de sensibilidad y empatia de muchos docentes