Jump to ratings and reviews
Rate this book

Fóra de campo

Rate this book
Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do equipo de vólei. É unha adolescente máis, unha estudante máis dun instituto máis, coma calquera outra.

Pero todo cambia cando Gladius, o influencer máis admirado pola comunidade, repara nela. En canto lle pide participar na súa nova serie, a vida dálle un xiro radical. Entra no reino das elixidas e nada volve ser coma antes.

Fóra de campo enfoca o que fica alén do plano, o que se pode intuír pero non se ve, nese espazo onde se revela a cara oculta das redes sociais, o poder das contendas cotiás, os fíos que unen as mulleres que non se deixan enredar.

Fóra de campo fala unha linguaxe contemporánea onde conflúen as artes escénicas, plásticas e musicais.

68 pages, Paperback

First published July 23, 2024

Loading...
Loading...

About the author

Rosalía Fernández Rial

17 books12 followers
Rosalía Fernández Rial(1988) concibiuse a través da palabra, ideando unha xénese inicial desde a literatura escrita e a linguaxe escénica. Na súa fase filolóxica indaga sobre teatro clásico e realiza diferentes traballos académicos vinculados ao Grupo de investigación Calderón de la Barca. Tras licenciarse inicia un período de mutación cara a didáctica das linguas, da literatura e da expresión dramática; primeiro no Traballo Fin de Máster e logo na súa Tese de doutoramento. Nese proceso de transformación intelectual, mantivo sempre unha intensa preparación física e actoral, mediante as que intenta interpretarse.

Como creadora, en especial de poesía, Rosalía rexenérase en cada un dos seus libros, entre os que destacan: En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Un mar de sensacións (2012) ou Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) ou Sacar a bailar (2016). Títulos que cos que se metamorfosea en presentacións performánticas e musicais.

Aulas sen paredes (libro-DVD, 2016) é a súa obra de ensaio más relevante, que deriva da Tese Doutoral defendida ese mesmo ano e inclúe un documental audiovisual coa intervención didáctica na que usa a expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para o ensino e aprendizaxe de linguas.

Unha vez personificada, Rosalía pasa da grafía á acción e actualmente está a desenvolver diversos proxectos nos que fusiona, evolucionadas, as dimensións literaria, corporal, escénica e experimental. Amálgama que lle permite aliar os seus seres baixo a sólida existencia dunha peza artística; única identidade importante.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (7%)
4 stars
2 (14%)
3 stars
5 (35%)
2 stars
4 (28%)
1 star
2 (14%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Meiga.
259 reviews18 followers
September 22, 2025
Obra teatral moi corta pero que introduce innovacións interesantes con respecto ao uso das redes sociais como espazo escénico. Trata temas importantes e moi de actualidade relacionados co feminismo e a situación das rapazas. Debido á súa brevidade, a exploración dalgunhas destas ideas queda un pouco superficial, aínda que supoño que será máis impactante en escea.
Profile Image for Lara.
472 reviews13 followers
September 30, 2026
o tema que se trata é interesante e importante, ademais de que as referencias filosóficas e artísticas danlle un bo punto. tamén quero salientar as personaxes (sobre todo o grupo de amigas), síntense bastante vivas e ben caracterizadas para as poucas páxinas que ten a obra. outro punto "positivo" é que sentín repulsión activa cara Gladius, amósase o seu desexo de control e como se apropia de loitas para facerse o bo de forma tan sutil ao principio para ir in crecendo ao longo do libro... pareceume que estaba moi ben feito.

porén, incluso sendo unha obra de teatro, sinto que o final quedou curto de máis, como que todo rematou moi de repente. tampouco me gustou a conclusión final de "Gladius é un maltratador porque é un narcisista". que non é literalmente o que din, pero quedan ben implícito. este tipo de discursos estigmatizan ás persoas narcisistas (e en xeral á xente cun trastorno da personalidade do cluster B, que moitos sofren prexuizos semellantes) e tratan o machismo e o maltrato como cousas que só perpetúan a xente con trastornos/enfermidades mentais, cousa que ignora completamente o sistema no que vivimos que normaliza, xustifica e agocha este tipo de comportamentos.
Profile Image for M. Nión.
634 reviews7 followers
January 25, 2025
Esta obra breve fala sobre o maltrato e a sororidade, utilizando como segundo espazo teatral as redes sociais.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews