Tres rapaces xogan preto dun bosque misterioso ata que unha sombra aparece e marca os seus destinos. Un deles desaparece causando rebumbio na vila de Cangas, que en pleno século XIX afronta a nova como pode. A escuridade ábrese camiño, pero só os máis ousados se atreven a desafiala. É entón cando se inicia unha carreira contra o reloxo para atopar o culpable, pero todas as pistas parecen sinalar cara a unha dirección: meigas.
…. que dicir, que sexa na miña vila é a miña cousa favorita, podería ler libros desta zona todos os días e máis se engaden o folclore da nosa terra, sobre todo das meigas, é un agasallo ler estas cousas escritas con tanto mimo, os personaxes son incríbles, quedarán conmigo moito tempo, sobre todo iago non podo 😭😭😭😭
Excelente novela de intriga e fantasía. O autor mantén o nivel amosado en "Tierra de Leyenda". A estrella que falta para as cinco, sentíndoo moito, é polos erros de tradución ao galego...
This entire review has been hidden because of spoilers.
A historia está moi ben, é entretiea e mestura lendas e Unha historia de ficción do sXIX. Persoalmente, darialle unha volta porque a redacción pode ser liosa.