Jump to ratings and reviews
Rate this book

As despedidas

Rate this book

136 pages, Paperback

Published November 21, 2024

2 people are currently reading
35 people want to read

About the author

Cecilia F. Santomé

8 books1 follower

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
15 (30%)
4 stars
19 (38%)
3 stars
10 (20%)
2 stars
6 (12%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 12 of 12 reviews
Profile Image for Javi Ramos.
14 reviews
December 18, 2024
Faime bastante mal ler sobre a perda e aínda así empéñome en facelo constantemente. Con este libro polo menos rin bastante, porque hai descargos cómicos no medio dun relato intensiño sobre ritos funerarios, relacións familiares e as dinámicas sociais que se derivan dun velorio. Creo que hai algo moi bonito en mirar con detalle todos os ritos que os seres humanos construíron ao longo da historia para darlle un sentido, un propósito ou unha explicación a algo tan inaprensible coma a morte. Fala das sociedades, das persoas e dos afectos. De estar vivos, vaia, e de ter xente arredor, que é do que consiste a vida.

Parafraseando a Castelao: “Se aínda somos galegos é por obra e graza dos enterros”
23 reviews1 follower
April 28, 2025
Que interesante! a naturalidade coa que relata un velorio nunha casa é de valorar; sen exceso de melodrama, con toque de humor, e retratando de forma sinxela os sentimentos.
É unha novela curtiña, na que non pasa grande cousa alén das relacións humanas que se dan nun escenario costumista, e iso é o que a fai tan boa
Profile Image for Inés Canto.
12 reviews1 follower
January 9, 2025
Gustoume moito. A pesar de ser un tema triste, non me resultou agobiante e ten toques de humor ben xeitosos. Paréceme interesante que relate un velorio na casa, cando agora só se fan en tanatorios.
Profile Image for Adriana.
51 reviews1 follower
June 17, 2025
3,5🌟 pero tiro hacia arriba porque es un libro que sabe expresar bien las emociones y situaciones, me hizo conectar y emocionarme a veces. Es bonito, triste y real
Profile Image for Mari.
94 reviews2 followers
January 20, 2025
Estaba todo o tempo esperando a que pasara algo máis, aínda que me emocionei coas reflexións que fai sobre a morte e como relata a vida rural
1 review
February 4, 2025
Son tantos los detalles, los momentos descritos en los que reconozco tiempos pasados...
Profile Image for Mariña Loureiro.
311 reviews4 followers
July 2, 2025
Intento ler os libros da xente que sigo no Instagram (sempre que entren medianamente nos meus gustos, e que non intenten vendermos de xeito demasiado activo), así que, cando vin entre os recomendados da biblio este, leveino comigo.

Desde que o abrín sentiuse casa: non lin O estranxeiro de Camus, pero xa me atopara co seu inicio noutros libros e películas.

Pensei que as cento e poucas páxinas me durarían un suspiro, pero para a miña sorpresa o ritmo lento, ese das horas de vixilia dos mortos, me atrapou e estendeu a lectura a catro días en que acompañei, con calma, o dó desa familia na súa cotiandade.

Un relato tranquilo e melancólico (con espazo para o humor) da morte, e tamén da vida.
Profile Image for Iria Gato.
26 reviews4 followers
January 24, 2025
Probablemente sexan ⭐️⭐️⭐️⭐️1/2 porque de verdade que me gustou moito máis do que esperaba (sen razón ningunha porque Cecilia é marabillosa). O tema, como o conta, os lugares aos que te leva. Ainda estou nese velorio mirando mal ás veciñas que finxen unha cercanía inexistente coa familia do morto só por facerse ver.
Profile Image for Karenina.
10 reviews
March 15, 2025
Gustoume moito, malia a fondura da morte e os ritos, a familia e a comunidade, hai un par de momentos ben cómicos. Pareceume unha novela moi real, e a portada é fermosa.
Profile Image for Ana Arias Castro.
182 reviews7 followers
October 8, 2025
En As despedidas de Cecilia F. Santomé temos unha breve novela pero enormemente emocionante no seu tratamento da morte dun avó e dos días posteriores de velorio e funeral. Este relato destaca pola minuciosidade na descrición de detalles e emocións que describen perfectamente o proceso da morte nun contexto rural tradicional alleo ao mundo actual do tanatorio.

O avó aparece morto e despois da incredulidade inicial hai unha sucesión de reaccións dos distintos membros da familia. Coa decisión da avoa de facer a despedida na casa atopamos a necesidade de preparar a comida, elaborar, ler e leler a esquela, atopar crego nun mundo de escaseza, ver a preparación do corpo que realizan os empregados da funeraria e despois os asistentes que buscan cumprir co socialmente aceptable paralelamente á dor da familia que vai aceptando a morte e levando como pode esas xornadas maratonianas de despedida.

Nun tema tan duro o tratamento que aquí atopamos é moi coidadoso e repasa todos os usos sociais que temos visto tantas veces. A punta de humor vén dada pola presenza dos nenos que seguen alleos á dor e intentan pasar o tempo aínda que isto poida rematar coa "mellora" do aspecto do avó ou co ruído mentres só o silencio é aceptable.

Por último atopamos un repaso dos costumes tradicionais relacionados coa morte: os libros de sinaturas, os xornais que se len do revés buscando as esquelas, os asistentes máis interesados en ser vistos ca na asistencia aos oficios relixiosos, etc.

Un libro inesperadamente delicioso e agradable de ler pola súa forma de abordar o tema da morte. Unha lectura imprescindible!
Profile Image for Paula Seoane.
15 reviews1 follower
May 29, 2025
É como mirar polo ferrollo da porta dunha casa. A voz narrativa acompáñate na vivencia do loito nun rural, que aínda que segue vivo, parece un recordo doutra época. Fíxome reflexionar sobre a perda da vida lenta, do sentido de comunidade, da perda da aprendizaxe interxeracional, de vivir unha vida fóra dun capitalismo frenético que non nos deixa desfrutar da nosa vida e da nosa xente. Que nos expulsa da nosa casa, da casa dos avós.

Non puiden deixar de sentirme identificada.

Viva a avoa.
Displaying 1 - 12 of 12 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.