Jump to ratings and reviews
Rate this book

Sei cantar e sei bailar

Rate this book

40 pages, Hardcover

Published January 16, 2025

4 people want to read

About the author

Eva Mejuto

30 books8 followers
Eva Mejuto é doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004, en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 forma parte do proxecto "Capicúa de xestión cultural e proxectos".

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no Máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros co alumnado dos colexios.

É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes.

En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda guerra mundial.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
8 (72%)
4 stars
3 (27%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Ana Arias Castro.
177 reviews7 followers
May 5, 2025
Este álbum ilustrado publicado por Xerais pretende achegar as cantigas tradicionais a un público novo pouco afeito a oílas en tempos de redes sociais e música internacional.

Os textos achégannos o percorrido feito por Dorothé Schubarth desde 1978 a 1984 en busca da música tradicional e desas cantareiras cuxas cantigas festexaremos este ano polo día das nosas letras. A protagonista vai percorrendo lugares, falando con mulleres e entrando no seu mundo de música tradicional.

Cada texto do relato vén precedido pola súa correspondente cantiga e as informantes aparecen como mulleres reais, co seu nome e ocupación, algo que é un gran acerto.

"Que lle falemos de música? Pois... para nós cantar é parte da vida. Se andamos á seitura, cantamos; se imos coller auga, cantamos, Cantamos se estamos tristes e se estamos ledas. Tamén bailamos. Cantamos o que aprendemos das nais e das avoas, Foi a escola que tivemos, que nós non sabemos de libros."

E, finalmente, para min o mellor, as excelentes ilustracións que fan desta obra algo único para celebrar unha desas figuras que, se non fose porque este ano as cantareiras serán o centro do Día das letras galegas, terían pasado de forma anónima pola historia da nosa literatura popular. Simplemente precioso!
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.