Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os prexuízos sociais e o estrito seguimento médico. En «Ítaca», a súa primeira novela, finalista do Premio Xerais, María Besteiros emprega un estilo lírico pero contundente para enfrontarnos á desesperación dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Neste caso é ela, Penélope, quen emprende unha viaxe para atopar os fíos invisibles que tecen a súa propia identidade e transformar a súa vida cun único obxectivo: sobrevivir.
Lino aos pouquiños porque sabía que se non iba tragalo en nada, e non podo estar máis contenta ca miña decisión. Levo tres días cuesta historia e agora que rematei síntese coma un abrazo enorme. Estou segura de que o volverei ler nunhes anos e de que non vou parar de recomendalo. A Val díxome que era complexo e duro, e razón non lle falta. Pero tamén é un libro necesario. Foi unha marabilla seguir o proceso anímico dos personaxes, sobre todo de Penélope e e Telémaco. Gustoume a maneira na que o libro me fixo querelos tantísimo, gustoume o intimismo e o lirismo e como a autora trata as ausencias, a dor e a maternidade. Pareceume un libro M A R A B I L L O S O, con todas as letras.
unha historia dura, contada aos poucos que cala dentro de ti… hai partes que se sinten tan persoais que ata che doe a alma. Contenta de ter escollido esta lectura❤️🩹
Meteuseme unha Ítaca nos ollos. Agora os tenho cheos de bágoas, o corazón encollido e cunhas ganas inmensas de achuchar a minha eu do pasado. De cando fun nai. Que libro tan duro e tan necesario. ❤️
É destes libros que non esperaba que me gustaran tanto porque o tema me queda lonxe pero que, ao final, me encantan.
Se teño que resaltar duas cousas son a escrita, moi disfrutable de ler, plástica e desto que a les lenta para saborear cada palabra, e a temática Ítaca, tan ben fiada ca actualidade que me sorprendiu moitísimo. Contido e forma bailan a misma música e o resultado é fantástico.
Tamén é verdad que o tema é duro, que fala de moitos problemas da actualidade e que algunhas escenas son como unha patada na barriga, pero eso faino moi bo tamén. En tan poucas páxinas sintes que podes poñerte no seu lugar.
La primera mitad no me enganchó tanto por mi lejanía con la temática, pero a partir de la mitad conecté mucho más con Penélope y Telémaco y necesitaba leer algo con final feliz <3
ÍTACA. María Besteiros (Xerais). 139 páginas (7/10) Penélope perde durante o parto a filla que esperaba. Na mesma intervención teñenlle que retirar o útero. En casa tiñan todo preparado, mesmo un cuarto para ela que tras morrer a nena convértese nun obradoiro para tecer. O seu gran a apoio e seu fillo Telémaco. Coida dela tras a súa chegada do hospital. O seu marido Ulises distanciouse dela definitivamente tras o parto da nena Penélope tiña 45 anos cando se quedou embarazada. Non o esperaban e inicialmente estaban moi ilusionados ainda que todo o mundo lle dicía que era maior para ser nai. Seu fillo tamén estaba entusiasmado coa idea de ter unha irmá. Iba a chamarse Ítaca Un tempo despois do suceso o seu marido dille que se vai da casa. Ela non fai inteción de retelo pois facía tempo que a relación non era boa, uns días antes o viran, mentres daban un paseo, bicando a unha muller. Él era un home volcado no seu traballo, no que tiña un bo posto. Relacionábase coas rapazas que entraban en prácticas coas que tiña relacions dun día en hoteis pero que non ían a mais porque despois do sexo sempre pensaba en Penélope Tras deixar a casa chama para falar co fillo. Inicialmente non quere saber nada do pai, pensa que nunca lles fixo caso nin deu agarimos. Penélope dille que lle dea unha oportunidade, que non e mala persoa pero que os seus pais eran moi estrictos e él nunca soubo ser agarimoso Telémaco volcase no debuxo. Ten talento e consegue chamar a atención dos seus profesores. Transforman o obradoiro que lle fixera a nai nun estudio de pintura. Xa pasou un ano da morte de Ítaca e Penélope consigue superar a depresión que atravesaba. Pidelle ao fillo se pode facer unha viaxe dun par de meses. Telémaco dille que si, que el pode ficar so na casa esperando a sua volta
This entire review has been hidden because of spoilers.
A miña última lectura foi a novela finalista do último premio Xerais, Ítaca de María Besteiros en Edicións Xerais.
Aos seus corenta e cinco anos, Penélope atópase nun punto de inflexión e evolución. Acaba de dar a luz á súa filla morta, Ítaca. Ítaca foi unha filla chegada sen contar con ela creando en Penélope unha nova ilusión dentro dunha vida anodina na que o seu único sostén é a relación co seu fillo Telémaco. Con Ulises, o seu marido, a relación leva anos sendo distante pois el asumiu un rol ausente e centrado no traballo mentres buscaba o sexo en relacións esporádicas. Mentres tanto, a relación con Penélope fora esmorecendo e o embarazo de Ítaca supuxera unha inesperada ilusión que el non estivo preparado para compartir. Pola contra, Telémaco apoiou á súa nai en todo o proceso mentres en silencio acusaba este exceso de responsabilidade así como a ausencia do pai.
O proceso no ano posterior foi doloroso, navegando por reencontrarse consigo mesma nun proceso persoal que a foi unindo a Telémaco mentres se distanciaba das súas irmás e Ulises, que non souberon entender o seu proceso persoal.
A novela remata de forma interesante, deixando espazo para que Penélope se reencontre, integrando a perda de Ítaca deixando a dor atrás para reemprender a súa nova etapa vital.
Como novela moi breve, só están debuxados os personaxes principais, Penélope e Telémaco. Gustoume o retrato de Penélope, no que está moi ben explicado o seu proceso anímico asociado ao embarazo e posparto mentres que Telémaco non me acaba de resultar realista no seu apoio á nai sendo como é un adolescente.
En conxunto, é unha novela fácil e rápida de ler que nos fai reflexionar sobre a perda, a súa superación e a diferente forma de expresión dos sentimentos na parella.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Ítaca es una historia que duele, pero también una que despierta. María Besteiros escribe con una sensibilidad brutal sobre la maternidad, el amor propio y las cicatrices que deja vivir en una sociedad que sigue midiendo el valor de las mujeres a través de los hombres.
Es una novela que te hace pensar en todo lo que callamos, en cómo tantas veces nos perdemos por complacer, por sostener, por cuidar… mientras ellos, muchas veces, simplemente se van. Besteiros pone el foco en esas ausencias masculinas —de responsabilidad, de empatía, de coraje— y en cómo, a pesar de todo, las mujeres siempre encuentran el camino de regreso a sí mismas.
No es una lectura fácil, pero sí necesaria. Tiene frases que se quedan grabadas y un tono honesto que incomoda, porque expone verdades que no siempre queremos mirar. Ítaca no solo habla de volver a casa: habla de reconstruirse entera cuando los demás te han roto en silencio.
Un libro que recomendo sen ningunha dúbida. Unha relación de matrimonio rota, cada quen enfocado nas súas cousas. Só os vai unir un fillo xa medradiño e marabilloso, Telémaco, e unha nova vida por vir. Pero se xa viña mal a cousa, está claro que unha filla non amaña a relación, senón que aínda pode distanciar máis, sobre todo se esa nena non chega a vivir. Gustoume moito Penélope, unha muller forte, sempre centrada no seu fillo e logo na súa dor, cando o seu fillo lle devolve todo o cariño e coidados que pode. Ulises en cambio é unha persoa que se encerra en si mesmo, que fuxe, que non fala, mais por iso puiden porme igualmente no seu pelexo.
A historia de Penélope contada en primera persoa, pon sobre a mesa todos os condicionantes e similitudes que comparten unha Penélope pasada e unha actual. Que pouco cambiaron algunas cousas.
Este libro fala da maternidade, da pérdida dunha filla de forma prematura, da ausencia da paternidade e da dureza de converterse no pai dos teus pais.
Escrito con sentido, coherencia e con moitisima beleza, estou totalmente sorprendida e conmocionada. Creo que non é unha lectura para todo o mundo pola sua complexidade nos temas, pero a vez conta unha historia na que todos nos podemos recoñecer.
“Somos demasiado brandas cos homes porque os parimos”
Un libro que me pareceu realmente marabilloso que conecta directamente coas emocións. Explora o mundo feminino, a dor polas perdas e as ausencias, o íntimo renacer.
Recomendo totalmente a súa lectura, iso si, cun paquete de kleenex ao carón
grazas rapaza da feria no posto de casa del libro que mo recomendaches, non sei como soubeches que son débil á mitoloxía grega e ás historias sobre mulleres maiores e maternidade e familias desestructuradas e narrativa con tintes poéticos, pero acertaches <3