Jump to ratings and reviews
Rate this book

Historia de Galicia

Rate this book
A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega.

304 pages, Paperback

First published July 16, 2013

Loading...
Loading...

About the author

Anselmo Lopez Carreira

22 books5 followers
Anselmo López Carreira, nado en Vigo en 1951, é un historiador galego.

Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. É tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Anselmo López é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galicia. Tamén é coautor de varias Historias Xerais de Galicia (1979, 1991, 1996 e 1997).

Estivo casado coa poeta e política Chus Pato, coa que tivo dúas fillas: a historiadora Sabela López Pato e a tradutora Catuxa López Pato.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
11 (26%)
4 stars
15 (35%)
3 stars
11 (26%)
2 stars
4 (9%)
1 star
1 (2%)
Displaying 1 - 7 of 7 reviews
Profile Image for nuno ʕ•ᴥ•ʔ .
47 reviews
April 13, 2025
non me acordara de marcalo como acabado pero vamos, que non levantamos cabeza dende o século XV
Profile Image for val(eria).
42 reviews5 followers
April 1, 2025
Paréceme un contido moi interesante e necesario, pero tamén creo que na maior parte das ocasións se podería expresar con moita máis claridade sen perder ningunha información.
Profile Image for Charlie.
20 reviews
May 2, 2025
Moi bo achegamento á historia de Galicia mais con algunhas eivas como a clara parcialidade cara ó BNG e o trato do último capítulo, non como un repaso da "Transición" en Galicia, senón dos pasos da UPG e a posterior formación do BNG.
Tamén parece haber unha maior profundidade nos primeiros capítulos, dos primeiros séculos de historia, en detrimento dos últimos séculos onde é máis palpable o tratamento superficial dos acontecementos deixando moito que desexar no tratamento da represión franquista, por exemplo.
Con todo, trátase dunha obra de lectura asequible e da que se poden extraer moitos coñecementos.
12 reviews
August 19, 2021
O formato en si é atractivo, unha breve introdución á historia de Galicia fácil de ler, mais tamén é a causa dunha das principais chatas e é que as cousas se contan sen contexto, sen explicar por que ou sen unha mención do que pasa máis alá do Padornelo. Para alén diso a idade contemporánea é unha crónica do nacionalismo galego, coma se no país non tivese pasado máis nada.
2 reviews2 followers
March 14, 2019
Trátase dunha obra que non custa demasiado traballo ler e que ofrece unha visión da historia de Galicia (e nalgúns casos tamén da historia de España) diferente á da historiografía oficial. Porén, non ofrece unha versión imparcial, xa que é notable a defensa de Galicia como nación histórica, chegando a manifestarse a favor do BNG.

Ademais, conforme se achegan as últimas páxinas, da a sensación de que o propio libro chega á súa fin, como se acelerase no final porque é consciente de que se lle están a esgotar as páxinas restantes e que aínda non tratou todo o que quería tratar.

Pero, pese a todas as críticas que se lle poidan facer, é unha lectura interesante para coñecer un pouco máis en profundidade a historia de Galicia. Aínda que sexa saltando certas páxinas.
Displaying 1 - 7 of 7 reviews