Jump to ratings and reviews
Rate this book

Doce voz de Megafonía

Rate this book

144 pages, Paperback

Published February 13, 2025

1 person is currently reading
5 people want to read

About the author

Xesús Constela

13 books4 followers
Xesús Constela Doce, nado en Ferrol o 2 de xaneiro de 1963, é un escritor galego.

Licenciado en Filoloxía inglesa pola Universidade de Salamanca en 1986, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente na localidade de Poio, en 2011 era profesor de lingua inglesa no ensino secundario público. Foi colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009.

En 2008, baixo o título de Como se fixo o primeiro alfabeto, publicou en Edicións Embora a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester fallado na Coruña en decembro de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, obra publicada pola Editorial Galaxia no ano 2004 e galardoada no ano 2005 co premio da Asociación Española de Críticos Literarios na modalidade de Narrativa en Galego.

As humanas proporcións é unha colección de doce relatos escritos con técnicas diversas. O libro percorre distintas facetas da vida humana: o nacemento e a vellez, o corpo humano cambiante, e tamén a desesperación e a morte, o poder e a procura da liberdade, a violencia individual e a social, o amor e a parella.

No ano 2007 publicou na Editorial Galaxia a novela Libro das alquimias. Concibida coma un agasallo para os seus fillos, a quen está dedicada, presenta a historia dun rapaz que descobre no baixo da súa casa a presenza dun misterioso vello que acabará por cambiar para sempre a súa vida. O rapaz vai asistir, entre outras marabillas, á traballosa construción da Biblioteca de Alexandría e logo á súa decadencia e destrución, e tamén vai coñecer a fascinante vida da matemática e astrónoma Hipatia. Vai saber ben máis do que trae a enciclopedia que consulta decote. E o mecano, que era o seu xogo preferido, vai quedar esquecido no cuarto diante deste novo mundo tan atractivo que se lle abre.

En 2008 resultou gañador do XX Premio de Novela Manuel García Barros do Concello da Estrada coa obra Shakespeare destilado, publicada pola Editorial Galaxia en 2008, unha metáfora irónica en clave humorística sobre o mundo da literatura. Trátase dun extenso monólogo escrito nunha linguaxe directa e coloquial que pon en dúbida a ficción tradicional como convención xogando coa tradición literaria de William Shakespeare.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (20%)
4 stars
2 (40%)
3 stars
1 (20%)
2 stars
0 (0%)
1 star
1 (20%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Ana Arias Castro.
164 reviews5 followers
May 16, 2025
Na novela Doce voz de megafonía, Xesús Constela elabora un relato distópico que non pode evitar recordarnos a 1984.

En 1984 Orwell realizaba unha crítica feroz dun estado absoluto no que todo o mundo é vixiado e as persoas son meros peóns ao servizo do estado ou son reprimidos. Aquí Constela sitúa este control dentro dun centro comercial que só busca controlar aos seus habitantes para que sexan permanentemente "felices" e consuman sen preguntarse nada. Os habitantes levan xeracións sen coñecer outro mundo e sen discutir a voz de Megafonía que sabe, controla, engaiola ou ameaza segundo proceda en cada momento. Así a todo, a maioría vive feliz e segue as prescricións da voz dentro dun consumismo que non cuestiona. Tamén vemos ecos da caverna de Saramago, e non só no nome dos gatos.

DR e a súa familia viven acomodadamente e cando se inicia un confinamento (no que non hai síntomas descritos, mortos que se vexan e só hai que fiarse dos datos que transmite o centro comercial), e se lle pide que organice un campionato de balonmán virtual, algo que el ve como imposible, decide seguir as indicacións dun célebre matemático da súa familia que sempre seguiu a súa intuición sen deixarse controlar e coa axuda de Donvina, loita por evitar someterse á presión e busca por liberar á súa familia desta opresión.

Mais o centro comercial sempre ten recursos variados para reeducar, ou ben desfacerse dos elementos que cuestionan a orde establecida.

Se en 1984 Orwell criticaba ao estado soviético, aquí vemos unha crítica ao estado capitalista que pretende anestesiar co consumismo. En ambos casos, a crítica é ao totalitarismo, que prescinde das persoas en aras de manter a orde establecida.

Polo menos, para pensar un rato.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.