Jump to ratings and reviews
Rate this book

Marta Vilas #2

Ata que a morte nos separe

Rate this book
Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimillonaria en viaxe de noivos, unha youtubeira, un policía de incógnito e tamén Sombra Dixital, un pirata informático que pretende secuestrar o barco. Durante a axitada travesía desencadearanse intensos e misteriosos acontecementos que a xornalista e o policía intentarán esclarecer. Nun momento en que os grandes clásicos da literatura universal son obxecto de reescritura, Elena Gallego Abad atrévese a parodiar un título indispensable da literatura policial, «Death on the Nile», de Agatha Christie, trasladando a trama á Galicia do século XXI e recuperando nesta novela a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos nunha apaixonante aventura.

368 pages, Paperback

First published February 13, 2025

3 people are currently reading
19 people want to read

About the author

Elena Gallego Abad

15 books7 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (3%)
4 stars
12 (36%)
3 stars
13 (39%)
2 stars
6 (18%)
1 star
1 (3%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for Carla Campo.
439 reviews8 followers
March 4, 2025

Este libro deume o que prometía (e o que eu quería): enganche a tope. Lino en dous días, con iso digo todo.

Xa sabedes que eu, cos libros, son moi de ir a cegas. Móvome por sensacións ou por recomendaciones de xente da que me fío, e non miro a sinopse, porque, moitas veces, me entero de máis do que quiero saber. Neste caso, Xerais dixo, no seu Instagram, que era un libro para amantes de Agatha Christie e xa non quixen saber máis. Era para min.

A cousa é que empecei a ler e como que me soaban os personaxes e as situacións. Ata que caín (e comprobei porque o pon na sinopse que non lera…) en que era unha modernización de “Morte no Nilo”, de Agatha Christie, pero en Galicia e no século XXI. Qué máis se pode pedir?

Encantoume cómo a autora trae á nosa actualidade toda a trama de “Morte no Nilo”, cos adiantos tecnolóxicos oportunos e personaxes foi actuais (unha YouTuber, por exemplo), pero sen perder toda a esencia da obra orixinal. E todo iso nun entorno espectacular: un cruceiro no que os nosos protagonistas están a facer o Camiño de Santiago pola costa galega. Pareceume unha idea marabillosa.

Non podo máis que recomendarvos moito este libro, tanto se lestes a obra orixinal, coma se non. Se a lestes, coma min, falta ese factor sorpresa, claro, se lebrades a resolución do caso, pero se disfruta igualmente de ver cómo se adaptan as tramas á época actual, e ir comparando un libro e outro.
Profile Image for Ana Arias Castro.
168 reviews6 followers
May 8, 2025
Elena Gallego fai nesta novela unha clara homenaxe a Agatha Christie. Dentro do contexto dun cruceiro de luxo pola costa galega, atopamos á rica recén casada Helena de Castro e o seu marido Pedro Queixas xunto coa exnoiva deste (tamén é mala pata) e unha serie de pintorescos personaxes que coinciden cos investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto.

Resulta difícil imaxinar tal confluencia de personaxes relevantes para a trama e é este mesmo feito o que fai excesivamente extensa a primeira parte na que estes se van presentando. Xa presentados, o primeiro asasinato aparece e isto desencadea reaccións sucesivas por parte de todos os personaxes que non conseguen enlear nin desviar aos investigadores do seu propósito.

Moi rocambolesca? Pode ser, pero hai momentos nos que se necesitan novelas de evasión nas que unha vez o lector está inmerso, a lóxica da vida real deixa de operar e só buscamos dar co asasino ou asasina antes cós investigadores.

Unha gran homenaxe á raíña do crime e un libro excelente de entretemento!
Profile Image for Mirian Casas.
284 reviews4 followers
August 5, 2025
Pois leveime unha decepción importante con este libro, para que mentir. A premisa era xenial, unha historia digna de Ágatha Christie pero en territorio patrio. E eso acabou sendo o malo. Non é un libro inspirado na novela Muerte en el Nilo, é a mesma trama, a mesma ambientación e o mesmo desenlace que o clásico! Quero dicir, unha cousa é inspirarse e outra copiar todo, e que xa sabía como ía acabar o libro desde antes da metade. Non lle poño menos puntuación porque cumple a función de ser entretido, polo menos, pero vamos, non era o que esperaba para nada.
Profile Image for Lucía Nicolino .
70 reviews
April 7, 2025
En xeral gústome. O libro mantén a intriga todo o tempo aínda que é bastante intuitivo deducir quen é o asasino. O propio título da novela xa nos da pistas sobre isto.
En canto á trama, é certo que é un pouco enrevesada, son moitos os inimigos de Helena Castro que coinciden con ela no barco o que fai que sexa todo un pouco forzado. Hai personaxes que para o meu gusto sobran, aínda que si que é certo que unhas danlle sentido á trama das outras.
En xeral, é unha boa novela negra.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Marina.
106 reviews5 followers
September 18, 2025
Vender este libro como unha "homenaxe" de Muerte en el nilo é un pouco escandaloso cando o único que fai é copiar punto por punto o fío conductor do libro de Agatha con unha ambientación estereotipada de Galicia (en serio, non fai falta meter un "habelas hainas" con calzador para que o libro sexa galego) e incluir problemas coa tecnoloxía.
O libro enténdese supostamente como unha "parodia" pero eu vin simplemente unha copia sin nada orixinal ou propio.
Profile Image for Carmen Vera.
44 reviews2 followers
June 15, 2025
O libro gustoume pero si que sinto que na lectura houbo momentos nos que se chegaron a conclusións sen un camiño… entón eso desconectoume un pouco do libro. De todas formas, moi contenta coa lectura e co recorrido que fai por certas zonas de Galiza
13 reviews
June 20, 2025
moi entretido e mantente enganchado á trama para seguir lendo e descubrir quén é o culpable. de lectura fácil
Displaying 1 - 9 of 9 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.