Jump to ratings and reviews
Rate this book

Conta, Sherezade

Rate this book

288 pages, Paperback

Published March 13, 2025

1 person is currently reading
2 people want to read

About the author

Suso de Toro

73 books26 followers
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
2 (28%)
3 stars
4 (57%)
2 stars
1 (14%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for Ana Arias Castro.
207 reviews8 followers
May 14, 2025
Despois de Un señor elegante o listón estaba moi alto, pero esta última novela gustoume e pareceume un novo afondamento ha historia do mesmo período a través dunha narración na que se mesturan diversas tramas.

Atopamos a Luz, unha profesora que decide emprender unha investigación sobre a historia da súa familia e atopamos a súa relación familiar cos fillos, a nai e Carmiña, a relación epistolar co futuro editor do libro que está a escribir, a investigación que está a facer e a relación que inicia con Antonio ao longo da investigación.

Resulta fácil entrar no mundo de Luz, coas numerosas complicacións nas súas relacións familiares e entender que puido vivir sen preocuparse por coñecer o seu pasado durante tanto tempo. Mais, unha vez que inicia a indagación, resulta difícil rematar sen ter chegado ao fondo, aínda que o final poida ser diferente do previsto.

Ao longo de toda a obra, a dúbida ante a responsabilidade polas accións propias no pasado ou polas dos demais. Teñen os fillos dereito a coñecer o pasado da súa familia ou teñen os devanceiros o dereito a levar os seus segredos á tomba se así o deciden? As cousas sempre son máis complexas do que se pode pensar desde fóra.
Profile Image for Marcos Tesouro Montecelo.
201 reviews3 followers
September 1, 2025
Historia ben tecida sobre unha historia familiar pasada, segreda e, polo tanto, escondida na época e que se investiga coas súas dificultades e obstáculos ata chegar ao final...
Displaying 1 - 2 of 2 reviews