Jump to ratings and reviews
Rate this book

Conta, Sherezade (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book)

Rate this book
Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos nalgún lugar da memoria.
A reflexión sobre a literatura, o descubrimento de segredos familiares que proceden de tempos dunha guerra civil destrutiva a todos os niveis e a reconfiguración da propia identidade son os asuntos que se tratan en «Conta, Sherezade», unha novela que se vai construíndo mentres se le.
Suso de Toro sorpréndenos cunha historia en que a literatura se converte en protagonista da propia novela e nun medio para comprender a vida.

229 pages, Kindle Edition

Published March 13, 2025

3 people are currently reading
12 people want to read

About the author

Suso de Toro

73 books26 followers
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (26%)
4 stars
6 (40%)
3 stars
3 (20%)
2 stars
2 (13%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
97 reviews
January 8, 2026
Que forma máis divertida de facer un libro. O único malo é que a forma de escribir non é para min
Profile Image for Sani.
31 reviews
November 9, 2025
Estivo entretido, a verdade, gostei de lela. Quizais a estructura semelloume demasiado caótica e as veces confusa. Sei que era intencional para parecer "cru" e sen editar mais non lle vin eu moito xeito. Penso que podería estar máis traballada a narración, en especial, nos emails.

A fin é a mellor parte do libro sen dúbida, cando expoñe os dilemas aos que Luz se enfrenta sobre o legado do seu avó e como non sabe realmente como sentirse ante isto.
165 reviews
July 7, 2025
Gustoume moito. Quizais axude que conseguín que o autor me firmade o libro. O certo é que a historia enganchoume e fíxome pensar na miña familia
Displaying 1 - 4 of 4 reviews