«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da emoción para homenaxear a todas as persoas que deron a súa vida pola democracia ou que padeceron en calquera das súas formas a represión franquista. Tomando como referencia o libro «Memoria dunha parroquia republicana», de Bernardo Vázquez Acuña, Álex Alonso sitúanos nunha época en que as políticas da República permitían unha mellora da vida das clases humildes, o que era visto polas clases industriais como unha ameaza inasumible. Con personaxes baseados en persoas reais e ambientada na zona de Vigo (San Miguel de Oia, Coruxo e outras parroquias limítrofes), esta novela describe de forma maxistral e próxima os terribles feitos acontecidos durante o golpe de Estado de 1936, cando se fará cachizas unha sociedade que aínda hoxe segue en proceso de reconstrución.
Álex Alonso (Vigo, 1968). Licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade traballa como tradutor intérprete da Administración de Xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra.Mención especial do xurado en 2003 no XII Certame Manuel Murguía de narracións breves pola obra Estremonías, gañador en 2010 do VI Certame de relatos de muller Matilde Bares por Xénero imperfecto e Premio de narrativa curta Ánxel Fole con Tempos de bebidas isotónicas e fast-food (Xerais, 2016).
Esta foi unha lectura co @clubdelecturabg e tivemos a sorte de contar co autor o sábado pola mañá, que vui a compartir un agradable rato con nós.
É a segunda vez que leo a Álex, tras "Granito", libro que tamén lemos nun club de lectura local fai una cantos anos.
Xullo de 1936. As noticias informan da crecente tensión política e social que se estaba a producir en España. Antonio Cerqueira come nécoras na terraza do Bar Canido .É o dono dunha conserveira e Unha das personaxes que nos atopamos nesta novela.
A nivel narrativo destacar o ben escrita que está. É un libro para ler de forma pausada porque , ademáis, hai momentos nos qué tes que parar de ler e respirar porque as emocións están latentes durante toda á lectura.
As personaxes están basadas maioritariamente en persoas reais e van conformando un mosaico que nos presenta, de forma maxistral, o que aconteceu na zona de Vigo despois do golpe de 1936 . Relatos estremecedores que están ahí situados pero que seguro que son comúns en outras partes de Galicia ou de España
A ambientación é maravillosa.Nótase que Álex é da zona e lévanos por paraxes de San Miguel de Oia, Coruxo, Gondomar ou o propio Vigo.
A historia parte do libro "Memoria dunha parroquia republicana " de Bernardo Vázquez Acuña , que o autor atopou na casa dos seus pais, e que é a orixe desta novela que levanta o veto de silencio sobre certos relatos e , especialmente, pon en valor o papel das mulleres, auténticas heroínas na sombra.
"A desproporción da represión xa estaba servida en pratos fríos de finísima porcelana".
" En min ninguén manda! Eu son a ama da miña persona"
Me hubiera gustado poder empatizar más con ciertos personajes, conocer mejor las historias de unos pocos. Al final, al querer mencionar a tantos personajes puede llegar a ser confuso. Sin embargo, es un libro muy necesario, la lectura es ligera y nos hace partícipes de la realidad vivida en la que hoy es nuestra casa.
A historia pareceume moi interesante e gustoume moito como está escrita, pero en moitas ocasións botei en falta que continuase o relato coas mesmas personaxes para engancharme máis. No meu club de lectura, en Vigo, disfrutárono moito máis porque coñecían os lugares ou mesmo as familias das que se fala, así que creo que iso favorece moito para querer ler sen parar.
A pesar de que me gustó mucho la temática y la forma en que está redactado, no consiguió engancharme. Me hubiera gustado que hubiera una historia más conectada, como al principio del libro y sin tantos saltos de unas a otras, sobre todo hacia el final. Aún así me gustó mucho leerlo.