Jump to ratings and reviews
Rate this book

Tic Tac

Rate this book
Un home fala e fala e fala. O que nos conta, con palabras torpes e frases áxiles, fainos rir, mais é tremendamente serio e triste. Un libro paradóxico e extraño coma o delirio dun idiota, ousado e implacable coma unha prédica calvinista, desesperado e sincero coma as últimas palabras dun condenado e inútil coma un libro de oracións. Múltiples historias, personaxes, linguaxes, rexistros literarios... Un mundo fragmentado, caótico e roto pero cunha trama subterránea cerrada e fatal coma a da traxedia. A madurez e o froito da aventura literaria emprendida por Suso de Toro hai anos. Un libro poderoso e fecundo para disfrutar lendo, relendo, e que dará moito que falar.

298 pages, Paperback

First published January 1, 1993

1 person is currently reading
46 people want to read

About the author

Suso de Toro

73 books26 followers
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
18 (31%)
4 stars
15 (26%)
3 stars
16 (28%)
2 stars
5 (8%)
1 star
3 (5%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for Aroa.
145 reviews2 followers
June 13, 2017
Un libro experimental que xoga con todo tipo de técnicas novedosas para crear microrelatos orixinais e sorprendentes. O libro estaba dividido nunha serie de seccións unidas por unha lixeira unidade temática; sen embargo esta era a única conexión entre eles. Todas as historias poderían lerse individualmente e por elas mesmas cobran sentido.
Experiméntase cos sons, cas repeticións, co xénero literario, co formato e a estrutura; para min non quedou ningunha faceta literaria sen xirar e voltear.
Cómpre resaltar a gran forza de algunhas historias que en menos de 5 páxinas conseguen deixar unha profunda consternación no lector.
Profile Image for Valerie Cornide.
629 reviews12 followers
January 15, 2023
Un hombre habla y habla. Lo que nos cuenta, con palabras torpes y frases ágiles, nos hace reír, pero es tremendamente serio y triste. Un libro paradójico y extraño como el delirio de un idiota, osado e implacable como una prédica calvinista, desesperado y sincero como las últimas palabras de un condenado e inútil como un libro de oraciones.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.