Jump to ratings and reviews

Son coma glaciares os barcos de aceiro

Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.

Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical a finais dos anos noventa.

Unha ofrenda ao Vigo todo azul, coma os uniformes dos traballadores, coma o ceo de día sobre a ría, coma o ceo de noite por riba dos guindastres, azul coma a lealdade, o compromiso, a nostalxia, a morriña; coma a saudade; azul coma o frío, as baleas baixo a auga azul, coma a tinta, coma o Celta, coma as revoltas obreiras. Coma os glaciares.

210 pages, Paperback

First published January 27, 2025

Loading...
Loading...

About the author

Cynthia Menéndez

4 books3 followers

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
53 (35%)
4 stars
62 (41%)
3 stars
24 (16%)
2 stars
9 (6%)
1 star
1 (<1%)
Displaying 1 - 20 of 20 reviews
Profile Image for e s t e l a.
2 reviews33 followers
January 30, 2025
moitas cousas que dicir e todas boas. nun mundo xusto este libro leríase nos colexios, nos institutos, nas facultades, no traballo, á sombra nas tardes de sol, no descanso do café, en calquera barrio. nun mundo xusto este libro sería unha serie, un documental, unha película; todo o mundo falaría deste libro nun mundo xusto, da súa historia, da loita obreira, da cidade de Vigo e as súas costas como montañas e as súas gaivotas que gritan e gritan e gritan máis alto incansables todas as mañás e as súas avenidas larguísimas como navalladas ben profundas. este libro é poderoso, atávico, imprescindible. azul lealdade azul nostalxia azul obreiro, revolución azul.
💙
Profile Image for Ana Arias Castro.
271 reviews8 followers
February 12, 2025
Poucas veces pasa pero hoxe acabo e ler Son coma glaciares os barcos de aceiro de Cynthia Menéndez dun tirón. Unha dobre historia de perda ambientada na loita naval dos anos noventa.

O neno narrador relata a súa vivencia no outono-inverno de 1997 durante a loita contra a privatización dos estaleiros de Vigo pero os ollos infantís ven todo vendo algo diferente aos adultos e o narrador adulto recorda a súa relación con Laura que percorre toda a novela.

O tempo fainos ver a vida doutra maneira, lendo a mesma partitura con outros instrumentos e iso fai o narrador rememorando ambos feitos.

Gustoume o azul que tingue toda a novela (azul Celta, azul de mar, dos monos dos traballadores, da eternidade ou mesmo do Azur de Puig), como están deseñados os personaxes e mesmo a estrutura narrativa.

Que me gustou máis? A lingua, a reflexión sobre a vida, sobre o recordo, sobre o pasado e como percibimos o que nos rodea, da infancia á morte, o final da historia e pensar que se esta é a primeira novela da autora, que outras poderemos ler nun futuro.
Profile Image for Iris.
22 reviews1 follower
May 29, 2025
Unha sinopse que deixa sen alento, unha premisa preciosa (e máis se coñeces o contexto da cidade) e unha narración tenra e intima, na que, iso si,botei en falta algo máis de loita. Así e todo, unha lectura recomendable.
Profile Image for Andrea E.
7 reviews
July 9, 2025
Unha historia que rescata a memoria recente do Vigo obreiro, con sensibilidade, interpelando ó lector e activando os seus propios recordos. Todo isto feito cunha redacción e unha sensibilidade marabillosas.
Profile Image for H.
2 reviews
July 23, 2025
Un librazo así non se merecía unha portada de WordArt 🫠 Lino en dúas sentadas
Profile Image for Pilar Amenedo.
3 reviews
August 29, 2025
É novela? É poesía? Que máis dá! A palabra convértese en paisaxe: fría, inmensa e luminosa. Un libro que abre fendas de beleza no silencio máis profundo.
Profile Image for suvenka.
136 reviews
July 3, 2026
Botei en falta unha maior profundidade na narrativa, para que se poda chamar novela curta a esta obra, e non unha secuencia de relatos cargados de liricismo un tanto inconexos.

O telón de fondo e certos detalles da loita obrera son axeitados, pero ten unha excesiva carga de ensaio pretencioso (intenta filosofar sobre calquera tema) que convérteo nunha lectura repetitiva e canónica.

En fin, os versos do Grañas poderían ser unha obra en sí: marabilla.
Profile Image for María (Auguibooks).
575 reviews14 followers
November 3, 2025
Esta foi unha das lecturas que eleximos no club de lectura da @bibliotecasalceda para este mes de outubro e tivemos a inmensa sorte de contar ca autora na reunión para comentar o libro. E cómo o disfrutamos 🩵

En canto a miña amiga Soraia me falou deste libro, tiven claro que o quería ler. O tema do naval en Vigo sempre me interesou e tiña a sensación de que este libro me podía encaixar por iso foi unha das propostas que presentei o club.

A novela preséntanos a Pedro , un rapaz fillo dun sindicalista dunha empresa do naval nos anos 90, que vai recordando a loita na que se miraron inmersos para evitar á privatización dos estaleiros o mesmo tempo que compón unha imaxe clara dunha familia obreira do Vigo do momento.

A nivel narrativo a lectura é unha delicia. Cynthia escribe dunha forma poética e evocadora que se disfruta moito. Vai dando pinceladas que van conformando un relato que se convirte nunha auténtica oda o Vigo combatente pero tamén á familia, o amor e ó compañerismo.

As personaxes están ben perfiladas e a ambientación é magnífica, creando certa nostalxia no lector e mais se , coma min, creceches nese Vigo tan diferente do que se vende agora.

Unha novela redonda, cunha trama ben fiada e que rematei con bágoas nos ollos o que a convirte nunha das miñas preferidas do ano. Tremendo debut, Cynthia🩵

"Non quixeran nunca diferenciarse, quererán sempre ser obreiros".
8 reviews
July 26, 2025
Meh, tiña curiosidade por saber un pouco da loita obreira de Vigo, e quédome un poco igual que antes. Esperaba algo máis de profundidade, pero tampouco pódeselle pedir moito máis a Unha novela curta como está.

O feito de que as familias pasarán noiteboa no estaleiro en apoio ós traballadores 🥹❤️‍🩹
Profile Image for Magnolia.
8 reviews
April 6, 2026
Pouco a pouco foi furando um oco no peito pero na minha mão nom tinha punhal.
Profile Image for Lourdes Piñeiro.
263 reviews1 follower
September 17, 2026
Aprendo respecto a la parcela trágica de esa lucha sindical en los astilleros del Vigo industrial en la Navidad de 1997. Retazos de sus huelgas, huelgas indefinidas, luchas obreras, manifestaciones, por ejemplo, la de Santiago (8/12/97) su solidaridad, su gente. Y también esa otra parte de sus luchas cotidianas, el viaje de la abuela a Fátima y su día a día familiar, silencios del padre que puede perder el trabajo, tristezas que los niños no entienden pero que notan en su casa. Asimismo he sentido muy cerca al grupo denominado G7, ese grupo de siete amigos (“os pata negra”) trabajadores junto a sus parejas. Momentos de sus encuentros femeninos, vermuts en el bar, la relación entre los hermanos; Pedro y Cris.
He conectado y he disfrutado de esa diversa acumulación de escenas vivas en el contexto de esas protestas sindicales. Pero debo reconocer que me han dejado indiferente el retazo romántico entre ese otro Pedro actual y su enamorada Laura; sus dudas e incertidumbres no me alcanzaban.
Realmente no he entendido esa bifurcación de los dos Pedros protagonistas en esas dos épocas distintas – ¿quizás con diez años de diferencia en la parte romántica?—ya que creo que la novela pierde fuerza y ritmo narrativo. ¿Quería hacernos sentir el fracaso o el sentido de derrota de ambos momentos, tanto el sindical como el personal? ¿También desea que seamos conscientes del actual deambular vacío del protagonista?
El ir y venir de la estructura está bien entrelazado, las descripciones son ágiles, pero cuando el narrador Pedro entraba en acción perdía el interés, a veces sentía que estas partes mostraban un estilo recargado, que el estilo poético suponía una carga con su tono triste de desengaño y soledad . (“e así son agora, un home cun burato. Un medio home, medio nada, un furado, rateira de recordos que foxen por máis que me esforcé en retelos” 42) Únicamente me quedaría con algunas tiernas y divertidas descripciones de su deseo sexual adolescente (20,21) Y respecto a la poesía, sí que notaba auténticos los poemas de Grañas respecto a su lucha obrera.
En nuestro club de lectura de la diáspora se ha aludido a las conexiones con la película Los lunes al sol. También se ha comentado que en esta novela se romantiza en exceso la relación entre ese grupo de amigos sindicalistas, nunca aparece la más mínima fisura.
Otros temas que han surgida en nuestra conversación literaria han sido por un lado la falta de un final más hilado y tampoco han acabado de gustar ni título ni la portada. Han surgido diversas hipótesis alrededor de su simbolismo: ¿la lucha de clases se representa por debajo del barco?; ¿color azul obrero y del glaciar?; ¿los barcos como fragmentos de un glaciar en esa lucha por la continuidad del astillero?

VIDA COTIDIANA:
“Pegáraseme a hostia sagrada nunha moa e a avoa non me deixaba mastigar chicle porque en comunión era pecado. Vai ti saber se o corpo de Cristo podía facer combustión no bandullo e chegaba a Fátima camiñando sobre o Atlántico” (38)
“Entendín que todos falsificamos os exames nalgún momento da vida” (39)
Manifestación: “Baixabamos todos ardendo coma a sopa da nai, coma a lava dun volcán, dende a praza de España” (85)
“A revolución é monstruosa coma o amor porque altera e non asusta, a revolución volve un poeta nun deus, a revolución que é a revolución, berrar ata perder o aire e que cho pase un compañeiro boca a boca, a revolución é un bico” (137)
PERSONAJES:
Pai e nai; Pepiño/Carme; Viéitez; Benito/Rita; Suso (o italiani de Nápoles)/Menchu; Alonso/Loli; Grañas/ Marie o Maguí “cheirábame ao ceo, a pasteis, a xardíns. “borracho de flores en paz” (20)
POEMA DE ELSINORE

Entre nós e as palavras há metal fundente
entre nós e as palavras há hélices que andam
e podem dar-nos morte violar-nos tirar
do mais fundo de nós o mais útil segredo
entre nós e as palavras há perfis ardentes
espaços cheios de gente de costas
altas flores venenosas portas por abrir
e escadas e ponteiros e crianças sentadas
à espera do seu tempo e do seu precipício

Ao longo da muralha que habitamos
há palavras de vida há palavras de morte
há palavras imensas, que esperam por nós
e outras, frágeis, que deixaram de esperar
há palavras acesas como barcos
e há palavras homens, palavras que guardam
o seu segredo e a sua posição

Entre nós e as palavras, surdamente,
as mãos e as paredes de Elsinore

E há palavras nocturnas palavras gemidos
palavras que nos sobem ilegíveis à boca
palavras diamantes palavras nunca escritas
palavras impossíveis de escrever
por não termos connosco cordas de violinos
nem todo o sangue do mundo nem todo o amplexo do ar
e os braços dos amantes escrevem muito alto
muito além do azul onde oxidados morrem
palavras maternais só sombra só soluço
só espasmos só amor só solidão desfeita

Entre nós e as palavras, os emparedados
e entre nós e as palavras, o nosso dever falar

© 1957, Mário Cesariny

Profile Image for Claudia González.
47 reviews2 followers
June 29, 2026
Con una prosa llírica, una narración frayada por saltos temporales y pensamientos sueltos, una bayura de recursos poéticos, l'azul como símbolu recurrente, y dos llinies temporales, l'autora contrúi una novela preciosa que, dende la voz principal d'un neñu, rellata la llucha de los astilleros nel Vigo del 1997 pa valtiar una privatización que diba suponer un cambiu d'época non namás pa les families trabayadores, sinón pa una ciudá entera. D'otra banda, nun tiempu que paez presente, Pedro, que fuera esi neñu, comparte un procesu de duelu dende les sos alcordances y sensaciones.
Asina, Cynthia Menéndez compón una carta d'amor y dignidá al Vigo industrial y obreru que foi, cola cantidá xusta d'epicidá y una manera intimista al empar qu'universal de representar la movilización sindical, dende lo personal a lo político, y vuelta. Una primer obra mui emocionante sobre la perda y la derrota.
Profile Image for Nopa Loez.
21 reviews
Read
September 10, 2026
Nunca atopara unha escritura que se semellara tanto a Xiganta de Baudelaire, a cantidade de veces que se dí a cor azul fíxome odiala e a forma de debuxar a Laura como unha Donna Angelicata que comeza sendo a perfección e o inalcanzable, pero convértese no pecado e a rebelión adolescente que querería ter Pedro (aínda que colle e rehusa de todo facendo un último retrato de Laura totalmente horrible que un fife resumiría nun “tampoco estabas tan buena”).

Vamos que debuxa toda unha historia de valentía dende os esteleiros e ensina toda unha vida de cobardía no amor.
Profile Image for Lara.
21 reviews
February 26, 2026
Devoreino!! É un libro supeeeer curtiño e que fala da loita obreira e de Vigo dun xeito super bonito, asi como da comunidade do barrio e da familia, da dor e da perdida.
pfff hai frases tan bonitas, de verdade que me encantou como esta escrito!!
Profile Image for Marcos.
158 reviews24 followers
May 4, 2025
Do tirón nun día.
Mestura moitas cousas para que me gustara: Beiramar, o azul, estaleiros, Vigo, monos, os 90 post-industria. E Laura. Sobre todo Laura.
Profile Image for Nievesita.
67 reviews
September 27, 2025
Es una carta de amor maravillosa a la lucha obrera. He sonreído leyendo muchísimos de los momentos del libro. Para todo aquel que ha sido o es activista, más que recomendado 🥹
Profile Image for Irene Mataraunlector.
303 reviews1,104 followers
April 10, 2025
“A revolución é monstruosa coma o amor porque altera e non asusta, a revolución vólve un poeta nun deus a revolución que é a revolución, berrar ata perder o aire e que cho pase un compañeiro boca a boca, a revolución é un bico.”

Cuando en pleno 2025 dices que eres de Vigo, la gente se ríe y dice “luces de Navidad”, hay algo por dentro que te corroe. Y no es algo bueno. Porque la gente no sabe. No sabe que antes de todo el circo, del innecesario despliegue, de la gentrificación, Vigo fue revolución.

Es muy difícil ser objetiva con un libro cuando la persona que lo ha escrito la quieres y la admiras. Conozco a Cynthia desde que teníamos 15/16 años, y si hay algo que recuerdo de ella, es que siempre la acompañaba un cuaderno y un bolígrafo. Era cuestión de tiempo que ese talento, esa creatividad que toda ella es, diera como resultado un libro tan bello y, sobre todo, reivindicativo como éste.

“Son coma glaciares os barcos de aceiro” es una carta de amor a Vigo. Al Vigo industrial de los años 90. No en vano el libro intercala una historia de amor con una historia de revolución. El amor es revolución (y revolucionario) al fin y al cabo.

Y lo que más he disfrutado de este libro es que para mí el protagonista era el Vigo más obrero. El Vigo olvidado. El Vigo que salió a la calle a luchas por sus derechos. El Vigo azul, como su ría y su amor. El Vigo que gritaba por los derechos y la justicia. Un Vigo muy alejado de la pantomima que hoy en día quieren haceros creer que es la ciudad olívica.

Un libro que si eres de Vigo, tienes que leer. Un libro que si quieres conocer Vigo, tienes que leer. Hay mucho más allá de lo que veis por las pantallas cada Navidad. Detrás de todo eso hay una ciudad viva, reivindicativa. Una ciudad con industria. Una ciudad que sus trabajadores y ciudadanos sacaron adelante.
Displaying 1 - 20 of 20 reviews