Jump to ratings and reviews

O LOBO

48 pages, Hardcover

Published March 13, 2025

Loading...
Loading...

About the author

Rena Ortega

30 books3 followers

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (66%)
4 stars
1 (33%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 1 of 1 review
Profile Image for Ana Arias Castro.
278 reviews8 followers
May 30, 2025
Que bonito é este álbum ilustrado titulado O lobo de Rena Ortega publicado por Triqueta editora.

É un libro informativo con fantásticas ilustracións ─coma todos os de Rena Ortega─ que nos fala de todos aqueles aspectos que poden resultar de interese sobre o lobo.
Desde como xurdiu a especie, como se estendeu polo planeta, as diferenzas entres especies parecidas, o seu comportamento, e diversos aspectos do seu comportamento.

As últimas páxinas están dedicadas a facer entender a súa importancia no ecosistema e como non son tan malos como se pintan na literatura tradicional.

É unha lectura moi interesante para os últimos cursos de educación primaria onde xa hai unha lectura fluída pero, en todo caso, as ilustracións contribúen enormemente á comprensión do texto.

A min gustoume especialmente como se explica a súa reintrodución no parque de Yellowstone e como contribuíron a que se reequilibrase o ecosistema que estaba alterado sen eles.

Sen dúbida parece unha gran lectura informativa para aquelas nenas e nenos interesados en coñecer máis sobre a natureza e o noso contorno natural.
Displaying 1 - 1 of 1 review