Jump to ratings and reviews
Rate this book

Queridas pantasmas

Rate this book

120 pages, Paperback

First published June 5, 2025

4 people want to read

About the author

Alba De Evan

11 books

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (33%)
4 stars
3 (50%)
3 stars
1 (16%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for LaRoroBooks.
214 reviews15 followers
July 7, 2025
Queridas Pantasmas é unha novela que fala de adolescentes, de medos, de silencios e tamén de amor. A autora, consegue crear unha atmosfera íntima onde as emocións se mesturan co misterio e coa dor. A historia, que se centra nunha protagonista adolescente, aborda temas como a identidade, a amizade e a saúde mental, sempre dende unha perspectiva moi humana e sensible.

A través dun estilo áxil pero cargado de significado, o libro vai debullando as “pantasmas” que nos acompañan: aquelas cousas que non dicimos, os traumas que non curamos, os medos que agochamos baixo sorrisos. É doado empatizar coa protagonista, sentir as súas inquedanzas, e deixarse levar pola súa viaxe emocional.

Se Invisible de Eloy Moreno che encantou, Queridas Pantasmas probablemente tamén te vaia tocar fondo. Ambas novelas teñen en común a capacidade de dar voz a quen se sente fóra, só ou ignorado. As dúas abordan a invisibilidade emocional, o sufrimento silencioso, e o poder curativo das palabras e da comprensión.

Ideal para quen busque unha historia intensa pero accesible, persoas interesadas en temas de saúde mental, identidade ou adolescencia. Xenial para lecturas escolares ou de clubs de lectura xuvenís.

Un libro que, sendo lixeiro na forma, é profundo no contido.

"As veces tes que apoiar os teus amigos, aínda que a ti non che guste o que van facer. Aínda que o camiño que emprendan poida apartalos do teu lado, porque ese camiño é o que os fai feli-ces. Aínda que vexas tensarse o fío que vos une.
Porque os queres."

"A tristeza non se vai nunca de todo, tampouco, senón que vén en ondas. Déixame breves instan-tes, tardes, días, de tregua, para volver despois con forza renovada. Coma a marea que rompe contra as rochas unha e outra vez, ata acabar desgastándoas. Un proceso erosivo que me desfai por dentro."
Profile Image for Leyendo Bajo El Arcoiris.
160 reviews12 followers
July 27, 2025
"Un espello que logo se recompón, pero xa non é igual."

👻 Queridas pantasmas, de @alba_de_evan , é unha novela xuvenil que nos mergulla nunha historia de amizade e segundas oportunidades. A nosa protagonista é Amelia, que chega a unha nova vila coa intención de escapar dun pasado doloroso, que pouquiño a pouco iremos descubrindo. Mais hai feridas que non cicatrizan co cambio de fogar, e pronto descubrirá que non se pode fuxir dos propios pantasmas.

🖤 O loito que arrastra Amelia maniféstase non só nas súas lembranzas, senón tamén nos silencios e nas pantasmas que lle saen ao camiño. A súa relación cunha nova amiga do máis alá, Teresa, tan chea de luz coma de misterio, faralle cuestionarse o que significa realmente "seguir adiante". Porque ás veces, para curar, hai que escoitar antes aquilo que nos doe.

🪞 A autora constrúe unha atmosfera cargada de emoción e sensibilidade, onde o fantástico se mestura co emocional sen perder credibilidade. Calquera persoa que estea a pasar un loito pola perda dun familiar, amigo, ou mesmo dunha mascota, entenderá perfectamente a nosa querida Amelia.

🌟 Queridas pantasmas é unha desas novelas que deixa pouso. Unha lectura sobre o loito, sobre como seguir vivindo malia a perda, e sobre a importancia de nomear aquilo que nos doe. Perfecta para quen busca historias que abracen desde a tristura, sen renunciar á esperanza.

A miña puntuación: 4/5🌈

https://www.instagram.com/p/DMf_S7ZI4d4/
Profile Image for Ana Arias Castro.
168 reviews6 followers
August 4, 2025
En Queridas pantasmas (Fóra de xogo-Xerais) Alba de Evan constrúe un relato pensado no público xuvenil no que Amelia, unha adolescente, chega á súa nova vila para instalarse nunha casa coa súa familia e integrarse no novo instituto.

Non sabemos o porqué desta mudanza. Que fixo que a familia de Amelia tivese que mudarse, pero si sabemos que é por algo que lle sucedeu a ela e que non é capaz de superar na súa cidade.

Integrarse na nova localidade e no novo instituto nunca é doado pero atopará a Ana e Miguel, os seus novos amigos e xurdirá o amor con Sergio.

Mentres tanto, na súa casa un día descobre unha araña debuxada no seu diario, outro día oe música no piano... e finalmente poderá ver a Teresa, a pantasma da casa que aínda non deixou esa vivenda que ocupou tantos anos. Entre ambas inician unha relación de amizade e apoio, coa que Amelia gañará unha boa confidente e conselleira, ademais dunha profesora de piano.

Ao longo do curso, e tras moita terapia, Amelia vai recuperándose, descubrimos o motivo de que tivese que deixar a cidade e ela pode ver quen realmente son os seus amigos dentro dun proceso de reconstrución que leva o seu tempo.

Unha novela moi interesante para traballar o proceso de dó, a importancia da amizade e o difícil que pode ser superar certos problemas vitais aínda que, como Amelia, conte unha co total apoio da súa familia. Breve e moi fácil de ler pero moi intensa.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.