Este libro tiña todo o que podía facer que me encantara e pinchou por todos os lados.
Cuando o volcán Askja entra en erupción, Ana, ao igual ca o resto dos hóspedes dun hotel, quedan confinados á espera da evacuación. Durante algo máis dunha semana a protagonista coñece a Karen, unha muller que lle ofrece compartir un segredo: unha habitación na que hai un armario cheo de caixas de música ás que van tentar buscarlle unha historia. Ademais de coñecer o presente de como se desenvolve a súa relación con Karen tamén coñecemos o pasado das súas relacións amorosas con varios homes e a complicada relación cun pai ausente.
Ata aiquí a premisa promete pero…. Non conectei ca historia das caixas de música, cas metáforas incrustadas na narración nin cos personaxes, especialmente ca protagonista, á que parece olvidárselle xustificar que ela foi ao hotel acompañada de Xurxo, a súa actual parella. Sinto que a relación dela con Karen sucede demasiado rápido e de maneira pouco crible, porque hai que ter en conta que a maior parte do libro é ocupada polas historias do pasado e as pertencentes ás caixas de música. Para min, a súa relación dá pasos de xigante sen recorrido de ningún tipo. Ademais, o personaxe de Xurxo dame moita pereza e paréceme que está vagamente trazado. O único que sinto que me gustou algo máis é o de Lúđvík, cuxa historia se desprega en non máis dunhas poucas liñas cuando daba pa máis. Por último, non entendo a presenza das drogas sen xustificación aparente.
Doulle dúas estrelas porque si que é verdá que me encanta como escribe o autor, pero sinto que, se cuadra, funciona millor con relatos curtos. Ademais, hai secuencias entre Ana e Karen que me dan moita paz pola maneira na que pon en relación as súas peles (hai que lelo para entendelo), así que esto tamén é un punto positivo que lle atopo.