Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén, todo cambia cando Karen, unha das hospedadas, decide compartir con Ana a existencia dun cuarto secreto ateigado de caixas de música. Desde ese momento orixínase entre elas un xogo de sedución a través da palabra e crean unha burbulla íntima na que trocan cinza por desexo, abafo por ilusión. «Askja» é unha novela impregnada de nostalxia e tenrura, unha historia de amor que demostra como as cicatrices sandan máis facilmente cando se comparten
Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976. Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras. Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra "O Castañeiro de Abril" (Xerais). Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como "No corazón da balea" (Tambre-Edelvives), "Papá caníbal" (Xerais), "Ningunha estrela levará o meu nome" (Oqueleo), "Como escorrentar un lobo" (Cuarto de Inverno) ou "Mica, Cuarzo e Feldespato" (Triqueta Editora). En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela "Querido H.P. Lovecraft" (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017. En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil. En 2022 foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022. No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra "santoamaro", novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021. Con "Askja" (Xerais, 2025) consegue o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero. Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.
Antonio M. Fraga es un escritor gallego nacido en Pontedeume en 1976. Estudió Ingeniería Técnica Industrial en Ferrol, pero la vida se empeñaría en llevarlo hacia el campo de las letras. Ya asentado en el coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gana el Premio Merlín de Literatura Infantil con la obra "O Castañeiro de Abril" (Xerais). Posteriormente publica otros títulos dirigidos al público infantil y juvenil, tales como "O capitán Maimiño" (Tambre-Edelvives), "Papá caníbal" (Xerais), "Ningunha estrela levará o meu nome" (Oqueleo), "Como escorrentar un lobo" (Cuarto de Invierno) o "Mica, Cuarzo y Feldespato" (Triqueta Editora). En 2015 gana el I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica con la novela "Querido H.P. Lovecraft" (Urco Editora), obra por la que consigue también el Premio de la Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017. En 2018 gana el I Premio María Victoria Moreno de Literatura Juvenil, convocado por el Concello de Pontevedra, con "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" (Xerais), alcanzando con esta misma obra el Premio de la Gala del Libro 2019 a la mejor obra juvenil. En 2022 fue incluida de la Lista de Honor IBBY del año 2022. En el año 2020 gana el XII Premio Jules Verne de Literatura Juvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, con la obra "santoamaro", novela seleccionada en la lista White Ravens de 2021 elaborada por la Internationale Jugendbibliothek de Múnich y que también fue distinguida con el Premio Follas Novas al Mejor Libro Juvenil del año 2021. Con "Askja" (Xerais, 2025) consigue el Premio Literario Pinto e Maragota, que tiene como finalidad eliminar los prejuicios y las invisibilidades que afectan a la diversidad sexual y de género. Algunos de sus títulos fueron traducidos a idiomas como castellano, inglés, catalán o euskera.
Este libro tiña todo o que podía facer que me encantara e pinchou por todos os lados.
Cuando o volcán Askja entra en erupción, Ana, ao igual ca o resto dos hóspedes dun hotel, quedan confinados á espera da evacuación. Durante algo máis dunha semana a protagonista coñece a Karen, unha muller que lle ofrece compartir un segredo: unha habitación na que hai un armario cheo de caixas de música ás que van tentar buscarlle unha historia. Ademais de coñecer o presente de como se desenvolve a súa relación con Karen tamén coñecemos o pasado das súas relacións amorosas con varios homes e a complicada relación cun pai ausente.
Ata aiquí a premisa promete pero…. Non conectei ca historia das caixas de música, cas metáforas incrustadas na narración nin cos personaxes, especialmente ca protagonista, á que parece olvidárselle xustificar que ela foi ao hotel acompañada de Xurxo, a súa actual parella. Sinto que a relación dela con Karen sucede demasiado rápido e de maneira pouco crible, porque hai que ter en conta que a maior parte do libro é ocupada polas historias do pasado e as pertencentes ás caixas de música. Para min, a súa relación dá pasos de xigante sen recorrido de ningún tipo. Ademais, o personaxe de Xurxo dame moita pereza e paréceme que está vagamente trazado. O único que sinto que me gustou algo máis é o de Lúđvík, cuxa historia se desprega en non máis dunhas poucas liñas cuando daba pa máis. Por último, non entendo a presenza das drogas sen xustificación aparente.
Doulle dúas estrelas porque si que é verdá que me encanta como escribe o autor, pero sinto que, se cuadra, funciona millor con relatos curtos. Ademais, hai secuencias entre Ana e Karen que me dan moita paz pola maneira na que pon en relación as súas peles (hai que lelo para entendelo), así que esto tamén é un punto positivo que lle atopo.
É como unha boneca rusa de historias. Está tan ben narrado que ao ler semellas estar nesa casa compartida no medio de Islandia pasando o confínamento co resto de personaxes.
Di o autor na páxina de agradecementos que «Askja» é unha historia de amor, cinza e nostalxia. Porén é moito máis. É unha rede de historias, con elipses ás veces abruptas, tecida con artesanía cun fío común pero con diferentes puntadas. Unha narración enmarcada que che atrapa e, ao tempo, acubilla. Construída sob personaxes imperfectamente redondas, erguidas sobre a solidez das dobreces humanas coas que é imposíbel non conectar. A novela desmonta con sinxeleza a concepción idealizada/ríxida/falsa dos sentimentos. Derruba o ideal romántico colocando o amor na súa verdadeira natureza: diverso, complexo, dialéctico e atravesado por contradicións e contrastes. E demostra que mesmo entre cinzas, cicatrices e incertezas sempre há espazo para novos horizontes.
Supoño que o problema estará en min, pero non conseguín entrar na historia en ningún momento... Podo entender e valorar o esforzo de entretecer as historias nos diferentes planos en que van pasando e como unhas van explicando as outras, pero é unha valoración fría, aséptica... Desde o comezo, a peripecia de Ana pareceume allea, un algo forzada, así nin perto estiven de interesarme de verdade por ela.
🌈Acabo de ler a novela que foi gañadora do IV Premio Pinto e Maragota pola Liberdade Sexual e de Xénero.
Ana e a súa parella Xurxo están en Islandia cando o volcán entra en erupción, o que os obriga a quedar confinados na hospedaxe xuntos con outros tres hóspedes.
Ao mesmo tempo en que Ana conexa a sentir unha forte atracción por Karen,empeza a cuestionarse se segue namorada da súa parella. Ambas comparten un cuarto segrego cheo de caixas de música.
🌈Askja é unha historia de amor impregnada de nostalxia pero tamén tenra. Acompañamos a Ana nun percorrido polo pasado, polas experiencias vividas cos homes da súa vida mentras alumea un novo presente co Karen, todo isto envolto en cinza e cheiro a xofre pero o mesmo tempo apaisóante.
Encantoume a naturalidade co que se aborda o amor, sen ter en conta outra cousa que os sentimentos e aceptar que as relacións tanto veñen como se van. O importante é a sinceridade e saber mirar dentro dun mesmo
Antonio M. Fraga emprega unha linguaxe sinxela pero tamén poética. Foi ver a portada e namorarme así como tamén da bonita historia que forma parte.
CASTELLANO
🌈Ana y su pareja Xurxo están en Islandia cuando el volcán entra en erupción, lo que los obliga a quedar confinados en el hospedaje juntos con otros tres huéspedes.
Al mismo tiempo en que Ana conexa a sentir una fuerte atracción por Karen,empieza a cuestionarse se sigue enamorada de su pareja. Ambas comparten un cuarto secreto lleno de cajas de música.
🌈Askja es una historia de amor impregnada de nostalgia pero también tierna. Acompañamos a Ana en un recorrido por el pasado, por las experiencias vividas con los hombres de su vida mientras alumbra un nuevo presente con el Karen, todo esto envuelto en ceniza y olor a azufre pero al mismo tiempo apaisóante.
Me encantó la naturalidad con el que se aborda el amor, sin tener en cuenta otra cosa que los sentimientos y aceptar que las relaciones tanto vienen como se van. Lo importante es la sinceridad y saber mirar dentro de una misma
Antonio M. Fraga emplea un lenguaje sencillo pero también poético. Fue a ver la portada y enamorarme así como también de la bonita historia que forma parte de ella.
Askja de Antonio Manuel Fraga e publicado en Xerais é unha novela na que Ana e outras catro persoas quedan confinadas nun hotel ou casa de hóspedes en Islandia a raíz da erupción do volcán Askja. Pechados na casa pero con suministro regular de víveres, o tempo comeza a dilatarse e a protagonista ten ocasión de repasar a súa actual relación con Xurxo, así como outras anteriores facendo un balance da súa vida no que vai ser un punto de inflexión para ela.
Xa ao principio da estadía Karen consegue entrar nunha habitación pechada que ten varias caixas de música. Ese será o pretexto para que as dúas mulleres comecen a tecer historias coas que pasar o tempo. Crean mundos fantásticos dentro do seu irreal mundo do confinamento e vai xurdindo nelas unha conexión que rematará cambiando para sempre as súas vidas.
A ficción que crean consegue que o mundo real mude tamén con ela.
Na miña impresión, os personaxes de Ana, Dani e Karen están moi logrados pero por exemplo a Xurxo gustaríame coñecelo algo máis. Pola súa banda Lúđvík aparece como un personaxe interesante aínda que a medida que avanza o libro as historias que Ana e Karen van creando comen o espazo para a acción real do hotel no que están.
É esta unha novela que se le moi agradablemente e que ten moita sensibilidade no tratamento das dúbidas e sentimentos. O final déixanos tamén cun agradable sabor pois o transcurso da novela xa nos facía ver ese desenlace como moi factible.
PREMIOS Esta obra recibiu o IV Premio Literario Pinto e Maragota na súa edición de 2024. Premio Pinto e Maragota na Galipedia O Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca o Premio Literario “Pinto e Maragota” que ten como finalidade visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.
Ana queda atrapada nunha casa de hóspedes en Islandia tras a erupción do volcán Askja. Mentres a vida se detén alá fóra, dentro emerxe un xogo de sedución, unha procura da identidade nun ambiente abafante, pero cargado de ilusión. A novela, vernizada de ternura, humor e simbolismo mitolóxico, explora o amor nos seus diferentes aspectos. Goceina pola súa sensibilidade e profundidade emocional.
Disfruteino moitísimo, especialmente os flashbacks do pasado de Ana, que case me fixeron sentir alí a min tamén. A prosa do autor é moi atmosférica e gustoume o final luminoso para una historia que empeza pechada de cinza. Moi recomendable.
A novela ábrese coma unha caixiña de música: ao erguer a tampa, as historias perfilan melodías que oscilan entre a tenrura e a beleza. Cada páxina enguedéllase nunha engrenaxe perfecta, facendo soar notas que ficaron en min despois da lectura. É unha novela que, como as mellores caixas, agocha dentro a harmonía inesperada da sorpresa.
Historia preciosa tecida con febras de nostalxia, amor e fantasía. Encantoume o xeito tan envolvente que o autor ten para construír ambientes. Ao avanzar na novela sintes que, pouco a pouco, pasas a formar parte dela. Para min foi unha gran descuberta.