Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.
As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.
En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: “Estou aquí e quero que me escoites”. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.
Non o puiden terminar. A historia é ben interesante e é necesario que saia á luz mais non soporto a narración. Dinlle varios intentos pero e que me ferve o sangue con cada liña.
Concordo coa tese de que na época, moitas mulleres foron internadas por ser produtos fallidos dunha sociedade terrorificamente patriarcal pero realmente é necesario chegar ao punto de crearlles constantemenre vidas idílicas paralelas en mundos onde non serían oprimidas? Entendo o punto da homenaxe pero… en vez de iso, non as romantiza innecesariamente? Non sei… considero que ás veces ten máis forza o real, o testemuño que un artificio. Pero eso é opinión miña.
E que pasa coas tolas que si que o eran? Esas historias non merecen ser contadas? En todo o que cheguei a ler sentín que a autora tiña unha necesidade constante de expiar as internas das enfermidades mentais, coma se fose algo malo, coma se fose unha lacra da que librarse. Coma se ter ansiedade, depresión ou alcoholismo fose unha mancha que hai que limpar, limpar os nomes deses informes. Por que? Non o comprendo. Seguindo a súa deriva é moi lóxico que por estar na sociedade na que vivían estas mulleres tivesen cuadros ansiosos, depresivos, tendencia ao alcohol… É xusto que as meteran por iso nun manicomio? Non, claro que non. É necesario negar que posiblemente non tiñan unha boa saúde mental? Non. Pero entonces, si que era xusto meter as que si que eran tolas?
Ojalá alguén me conteste e me diga que siga lendo no libro, que merece a pena e que non é o que parece… Pero a min non me parece xusto para a memoria. E a beleza e a xustiza non sempre está nas historias bonitas.
é tremendamente necesario visibilizar as historias de mulleres coma estas, silenciadas e invalidadas tan inxustamente durante tanto tempo. pareceume un moi bo traballo de investigación, moi ben estruturado e contado.
O traballo feito nesta obra é máis que importante e necesario. Dáselle voz a quen non a ten, e iso sempre será de aplauso. Non obstante, quítolle un par de estrelas porque sentino un pouco listín telefónico… Creo que o disfrutaría de maneira distinta se se detivera máis na historia de cada muller.
moi interesante, pero gustaríame que se afondase máis na historia do manicomio, dando máis contexto, e que tivese unha estrutura máis clara. son microhistorias de mulleres que remataron por pasar boa parte da súa vida encerradas por ser pobres, por rebelárense, por “molestar” aos homes…ás que carmen lles da, por fin, voz. se tedes a oportunidade, lédeo!
Interesantísima investigación de Carmen V. Valiña sobre esas mulleres olvidadas da nosa historia ás que non dubidaban en tildar de "tolas" por reaccionar ante situacións violentas, por desgracia cotiás. Faltoume un pouco máis de estrutura neste relato case fragmentario, pero hai que ler estas recopilacións para entender que "o que queda nas cunetas da historia, tamén merece ser contado."
conxo capital mundial da movida mental-> cancelado. polas que en verdade non eran tolas e polas tolas tm!!!!!!! guai q s comecen os capítulos con cantigas do cancioneiro popular galego aquí miña favorita escrita por unha non tola /claro está/-> aí che vai meu corazon, se o queres matar ben podes, pero como ti vas dentro tamén se ti o matas morres.
Gustoume en xeral, son cousas que pouco pensara nelas. Ben é verda que esperaba que incluira, ademais dunha nómina de mulleres que pasaron polo manicomio, datos sobre como era este por dentro, os tratamentos, os médicos, as monxas. Aínda así, a recollida temática pareciume interesante (había razóns que non sabía que podian levarche alí) e o traballo que hai detrás e a necesidad de que exista este libro son innegables.
Sen palabras. Tiña moitas ganas de ter nas miñas mans este libro (e máis despois de ver a exposición do Arquivo de Galicia) e non foi doado. Moi ben estructurado, temas tocados con moito amor e rencor. Xa era hora de darlles voz e recuperar unha parte (triste e totalmente desagradable) da nosa historia. Chega con falar cos avós e cas avoas… non é algo fóra do común e se sabía o que pasaba.
Testimonio muy necesario, que logra angustiarte imaginando que cualquier mujer de hoy en día podría haber acabado en Conxo por trivialidades, simplemente por ser mujer. Te hace sentirte afortunada y a la vez deja un sabor muy agridulce por pensar que hace escasos 100 años han marcado semejante diferencia. Debería ser lectura obligatoria en educación secundaria.
O libro en xeral está moi ben, creo que darle voz a todo o mundo da saúde mental nunha época na que aínda se cría que as mulleres eran histéricas é importante. É importante darlle voz a moitas mulleres que foron silenciadas.
Aínda así, sinto que intenta contar moito en pouco, iso fai que as historias se queden cortas, pouco memorables, contar catro parágrafos de datos reais e logo falar de supostos fai que se perda a graza. Son mulleres silenciadas, mulleres encerradas, non se necesita saber futuros idílicos que non ían conseguir, necesítanse realidades escondidas que sirva de berro para non repetir a historia.
A pesar diso, considero que está moi ben é que é importante sair de cando en vez da fantasía e ler historias reais
No sé si el fomato que se le ha dado al libro es mi favorito, pero lo que se ha hecho con estas mujeres es para tirar Conxo abajo y ponerles un monumento de disculpa.
Custoume rematalo, e non pola dureza do tema, que xa sabía a onde ía.
Vaia por diante que a investigación é impresionante e que estas historias tiñan que saír á luz. Máis de catrocentos expedientes revisados, cartas que nunca chegaron a enviarse, fotos de carné, notas manuscritas polas poucas que sabían escribir. Iso é traballo de verdade, do que leva anos, e agradézoo. Cando o libro deixa falar aos papeis, é bastante demoledor. Un médico que despacha unha violación e un asasinato dicindo que aquela muller "recibiu un susto", e despois anota con moitísimo coidado as extravagancias dela. Unha que lle chama parvada á malleira que curou con panos de vinagre, porque non lle deron outra palabra. E o "solteira, pero ten un fillo", que xa te condena sen que ningún doutor teña que abrir a boca. Aí non hai que engadir nada, fala por si só.
Porque toda a violencia daquel sistema está no vocabulario e na gramática. Non fai falta un diagnóstico, chega con como se escriben as cousas. E os expedientes están escritos por eles. Pais informando da primeira regra dunha filla, maridos contando os partos da súa muller, veciños opinando sobre o seu carácter. Elas entraban sen ter contado nunca a súa vida e o papel xa lla contara. E unha vez está escrito, xa é a verdade oficial desa persoa para sempre. Iso é o que máis medo dá, que non hai que berrar para destrozar a alguén, abonda con arquivalo.
E é verdade que no libro hai cousas que están moi ben pensadas. Tamén mencionar que as cantigas do cancioneiro popular que abren cada capítulo funcionan de marabilla, porque a voz da xente xa avisaba do que a ciencia despois negaría.
Pero.
Non aguanto que cada dúas por tres se lles inventen vidas paralelas, futuros idílicos e mundos onde serían libres. Entendo a intención, entendo que quere ser unha homenaxe, pero a min quítalle forza. O real xa doe abondo. Non lle fai falta que ninguén lle poña un final bonito ao lado, e cada vez que entra a ficción sáesme do arquivo e xa non sei que estou lendo. Romantizar unha vida roubada non a devolve.
E despois está o marco, que é o que máis me chirriou. O título xa promete unha división en dous grupos, e o libro sostena ata o final. Están as que non estaban tolas, que son as que teñen dereito a que se conte a súa vida, e logo hai unha zona escura da que ninguén fala. A min esa fronteira paréceme un problema. Cada vez que aparece unha muller que bebía, ou que levaba anos sen levantar cabeza, ou que efectivamente non estaba ben, nótase o esforzo por explicar que aquilo era consecuencia e non causa, como se admitir un padecemento real fose entregarllo ao inimigo. E eu pregúntome por que. Unha muller que perdeu tres fillos, que traballaba de sol a sol e que durmía nunha casa onde a golpeaban tiña todas as papeletas para acabar afundida. Iso non a fai menos vítima, faina máis.
E o que máis me gustaría atopar é outra defensa. Non a de que estaban cordas, senón a de que aquilo non se lle podía facer a ninguén, tivese ou non un trastorno. Porque se a inxustiza se sostén en que non estaban enfermas, queda dando voltas a idea de que ás que si o estaban algo se lles podía facer. E esas, ademais, quedan fóra do libro. Tamén pasaron alí a vida enteira, tamén escribiron cartas que nunca saíron do arquivo, e delas non se conta nada.
Tamén bótase moito en falta o manicomio por dentro. Os tratamentos, os médicos, as monxas, a comida, o frío, como se vivía alí. Sen ese contexto queda unha listaxe de casos moi breves, un detrás doutro, e na segunda metade as reflexións empezan a repetirse bastante e xa non engaden nada.
A miña valoración de tres estrelas é polo arquivo, pola coraxe e porque isto tiña que contarse, que xa era hora. Menos das que lle daría se confiase un pouco máis no que atopou, porque a beleza e a xustiza non sempre están nas historias bonitas.
donde se dibuja la linea entre lo normativo y la enfermedad mental? CUIDADO con patologizar lo que se desvia de lo establecido… muerte al modelo médico👎
“os ollos cos que se mira a loucura teñen o poder de modelala. A categorización das enfermidades mentais é filla do seu tempo” será el tlp la histeria de nuestra época? nose nosee
Un recorrido por historias clínicas de mulleres que entraron no maniconio de Conxo. Mulleres etiquetadas coma histéricas que na maioría dos casos molestaban na casa a homes que tiñan o poder de apartalas. Son moitas mulleres, o libro é pesado de ler, repetitivo. Gusta como mostra do que pasaba naquela época, pero é aburrido, pasa moi rápido polas historias, enlaza cousas sen sentido algún é non profundiza.
Ao rematar a lectura, fico coa sensación de que a autora se achegou ao arquivo coa mellor das intencións e fixo o que puido co que atopou. Porén, bótase en falta unha explicación máis clara do método empregado, así como unha discusión das limitacións da revisión documental: esas historias nas que apenas aparecen unhas poucas liñas tras anos de internamento eran así de escasas na documentación orixinal ou houbo materiais extraviados, destruídos ou non consultados?
Tamén penso que a obra gañaría moito se dialogase con máis bibliografía sobre o Psiquiátrico de Conxo, para contextualizar mellor o relato no seu marco histórico e social. En lugar diso, opta por ficcionar e romantizar as hipotéticas vidas paralelas que estas mulleres poderían ter levado no exterior, unha decisión que, para min, debilita a forza do conxunto.
E non se me malinterprete: creo que a mensaxe de fondo, a denuncia da reclusión destas mulleres e da violencia institucional exercida sobre elas, é valiosa e necesaria. Con todo, como xa apuntaba outra usuaria na súa recensión, esa mensaxe desvirtúase cando a obra insiste, caso tras caso, en cuestionar a “tolemia” das mulleres narradas. É algo que xa se intúe desde o propio título, pero que un agardaría que fose matizado con máis coidado.
Porque o problema non debería formularse só en termos de se estaban ou non estaban “tolas”. Esa formulación corre o risco de suxerir, aínda que sexa involuntariamente, que se a patoloxía mental fose “real”, entón o internamento durante décadas podería estar xustificado.
En definitiva, resulta un intento de reparación valente pero excesivamente simplista. Remata por non contar nada especialmente novo a quen xa estamos minimamente concienciados co tema e sospeito que, polo seu pobre desenvolvemento metodolóxico e argumental, pode facer levantar a cella a quen se achegue a el con máis escepticismo. O resultado final é unha listaxe de casos brevísimos a medio camiño entre a denuncia, a recreación literaria e o apuntamento biográfico, sen afondar de todo en ningunha desas vías.
Lectura totalmente recomendable, non pola calidade narrativa, senon coma un brillante traballo de documentación que presenta un pasado incómodo pero que é preciso coñecer, e que por veces resulta insultantemente cercano.
Este libro outorga a todas as mulleres silenciadas, estigmatizadas e ignoradas polos maridos, polos fillos e polas institucións, un espazo para que as súas historias sexan compartidas. En definitiva, un “eu si te creo”, un acto de sororidade, mais tamén de sensibilización de cara á memoria histórica, a non esquecer e a non deixar de loitar para que os estigmas, o control e a dictadura moral e misóxina sobre as nosas vidas e emocións desaparezan por completo.
El libro es breve y se lee en un par de días, aunque es un poco flojo para mi gusto: al texto le falta personalidad y las reflexiones se hacen bastante repetitivas. Al ser ensayo, creo que hubiera sido interesante empezar contextualizando Conxo, porque de las ingresadas poca información quedó en los archivos…. Lo que sí me gustó es que cada capítulo empieza con unas estrofas de poesía o del cancionero popular gallego.
Ensayo documental que rescata del olvido las historias de mujeres internadas en el Manicomio do Conxo, en Santiago de Compostela, entre finales del siglo 19 y principios del 20; contando su vida allí, través de cartas, expedientes, historias clínicas, o formularios de ingreso.
El trabajo que tuvo que haber detrás ha tenido que ser ingente, y el resultado es un libro a medio camino entre el ensayo, la investigación académica, y hasta la narrativa, porque combina la reflexión sobre la represión, con materializar la vida de unas mujeres marginadas, a las que no deja de darles voz, aunque no sea una novela histórica. Es un libro que entrelaza la rigidez de los archivos, con la emoción de las historias humanas. Diría que ese es su mayor activo: humaniza documentos administrativos, y en el proceso, hace un ejercicio de memoria.
La finalidad del libro, y la reflexión que quiere hacer, las deja muy clara la autora en las primeras paginas “este no es un libro de historias al uso. O, digamos, es un libro de historias en plural: las historias de las que nunca importaron: tu abuela, mi bisabuela, y todas aquellas mujeres perdidas en la niebla del tiempo, que rasgaron las hojas con lo único que no pudieron quitarles en aquel manicomio: el coraje para gritar, que la historia, no siempre es como nos la cuentan. Así que podría decirse que este es un libro MILITANTE, porque nace de la periferia que habito, y que me habita: no es un libro sobre un manicomio olvidado, en una Galicia olvidada; es el relato de las olvidadas entre las olvidadas. Las internadas en el manicomio del Conxo entre 1885, y 1963, tenían todos los ingredientes que condenaban a una persona a los márgenes: mujeres, aldeanas, pobres y analfabetas. No cabe la neutralidad ante el sufrimiento que parecieron esas locas que nunca lo fueron. Porque sin memoria de la injusticia, no hay justicia posible”.
Me gustó como está estructurado, agrupando las historias de las mujeres internadas, por el motivo de su internamiento. Motivos tales como: “locura histérica”, o “locura puerperal”, esquizofrenia (que nunca estaba reflejada ni en síntomas, ni en tratamiento, en sus historias clínicas), oligofrenia (que en realidad eran simples casos de analfabetismo, o de ruralidad), o directamente, motivos rebuscados para justificar el internamiento de mujeres que al final eran, o pobres, o insumisas; que bebían, que querían huir de casa, o que no encajaban en el papel de madre, que eran maltratadas… Cuando digo que se ingresaba en el manicomio a mujeres, casi solo por molestar, no lo digo por decir. La autora ilustra perfectamente como esa barbaridad existió. Además, lo genial del libro es que no se queda en analizar historias de mujeres, que claramente no merecen ingresar en un manicomio (no sería creíble que durante 100 años no hubiera ninguna que debiera estar allí) sino que pone encima de la mesa, casos, de auténtica enfermedad mental, pero mal tratada, o de maldad sin locura (un capítulo entero habla de las deficiencias del centro, y otro, de mujeres encerradas allí no por locas, sino por criminales, consecuencia triste de que en aquella España no había donde meterlas).
No hay que ser un experto en psiquiatría para entrar al libro. No te atrapa porque sea duro (durísimo), y tire del morbo, sino por la humanidad con la que retrata a cada una de esas mujeres. Se podría criticar que las reflexiones cáusticas, son reiteradas, y constantes, pero se entiende en el contexto de ser un libro militante; y esto, sumado a una narración con fuerte carga poética, da un resultado que no es recalcitrante. No se si son los poemas de Rosalia De Castro, o los extractos del cancionero popular, que abren cada capitulo, pero el resultado es poético, más allá de reflexivo. Es un libro que sirve para entender como la sociedad trataba- y hasta cierto punto trata- a las mujeres que no encajaban en un molde.
Es un homenaje, precioso y necesario. Porque debemos: “Mirar atrás para que nunca, nunca nos poidan negar que aquela inxustiza existiu. Que elas existiron”.
Algunos extractos que me han gustado:
“Eu podería ter sido elas. Ti poderías ter sido elas. Abondaba unha risa a destempo, un fillo sen pai, un baile ata a noite coa copa na man. As mulleres deste libro son reais. As súas historias, tamén, aínda que imaxinar que os seus relatos de dor son recreados resulte tentador e quente o corazón. Per ía moito frío en Conxo, os días pasaban monótonosvisitas non chegaban. Non creas que unha historia clínica é un documento morto, amarelo polo paso do tempo. Dende cada unha das súas páxinas, todas estas mulleres berran: Mírame, ¿de verdade che parezo unha tola? A súa dor, a súa rabia, a súa furia e tamén as súas pequenas alegrías traspásannos porque son fondamente humanas. As súas cartas non foron enviadas, a capota que Carmen teceu non a recibiu a súa filla e o debuxo daqueloutra Carmen de 18 anos quedou gardado no seu expediente como algo que non merecía ser contado. Non importa, porque a elas servíronlles para lembrar que había un mundo fóra do manicomio, con casas con balcóns e nenas que xogaban con bonecas. A Rosa, Mercedes, Amelia, Carmen e ás demais mulleres que acabaron en Conxo fixéronlles saber, con cada día pechadas, que as súas existencias non servían, porque ¿a quen lle importas se levas máis de trinta anos sen recibir visita? Pero contar a vida coas propias palabras significa dicir que non todo está perdido, que o mundo se pode refacer mesmo dentro dun manicomio. Aquelas cartas, obxectos e fotos de carne, que quedaron gardadas nos expedientes para esquecelas, serviron para que hoxe poidamos saber quen foron,para entender que, noutro tempo, nós mesmas poderiamos ter rematado alí. Na resistencia fronte ao abuso, o cariño cara ao fillo ou a melancolía polo perdido, esas mulleres quixeron que as vísemos cos seus propios ollos: regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio, e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. O que queda nas cunetas da historia tamén merece ser contado, non porque vaia cambiar a sorte das que o sufriron, senón porque o que lles sucedeu a esas tolas que non o eran non pode caer no esquecemento. Debémosllelo.
“A identificación non se facía en Conxo segundo unha categoría étnica: a tatuaxe, introducida polo segundo director do manicomio, Juan Barcia Caballero, nos anos trinta, asociábase aquí ao diagnóstico, deixando para sempre a pel e a vida estigmatizadas. Unha vez cruzadas as portas do manicomio, dende o mesmo momento do ingreso, as mulleres eran desposuídas de todos os seus obxectos persoais, mesmo da roupa que levaban posta. Cortábanse así os lazos co que antes foran, coa vida de aparente cordura da que xa non formaban parte”.
“… Carmen F. G., quen con 19 anos entrou no manicomio, o 16 de maio de 1933, como consecuencia dunha reacción esquizoide. "Non sei en que ano nacín, nunca o souben", conta no seu exame de ingreso. A desmemoria como pegada da miseria. ¿Como pelexar por construír un futuro cando non temos pasado? Carmen traballaba dende os 13 anos como criada. Gañaba cinco duros ao mes. "Facía, os domingos, a vida de distracción e relación das mozas da súa idade", cóntase na súa historia clínica. Eu pregúntome se esa vida relaxada tiña cabida nun universo en que sempre serves a outros.
“María S.L saíu ao camiño cunha amiga. Recendía a mimosas e a xuventude. Só María chegaría ao seu destino. O que pasou naquel sendeiro só unha viviu para contalo. Nunha nota solta do seu expediente, case como un feito sen importancia, o médico escribiu que aquela labrega, agora casada, que chegara un caloroso 2 de agosto de 1915 ao manicomio, "estando solteira hai uns trinta anos, recibiu un susto, en compañía doutra moza, que se supón que faleceu destas resultas, notándose dende entón nela algunhas extravagancias e un temperamento moi excitable polo menor motivo". A inquietante normalidade dun asasinato. A violación como un suceso sen importancia. O arquivo como memoria palpable das mulleres que non importabamos. A violencia física minimizada na letra case inintelixible do doutor, porque, ¿a quen lle importa unha labrega pobre de 16 anos?¿E a quen lle importa que o teu home che pegue? Consuelo R. M. tiña 35 anos cando chegou a Conxo, o 3 de agosto de 1935. Verán en Compostela, o sol batendo sobre as Praterías, e a súa cabeza no interno. Consuelo contoulle ao doutor que o seu home era o causante dos seus males. “Di del que nunca a trata ben e que en ocasións a golpeou”. Repetiu o mesmo en varias catas, onde relataba tanto os seus malos tratos como os doutras persoas, pero aqueles eran feitos irrelevantes no aséptico universo médico. Outros detalles, no entanto, chamarona atención do psiquiatra. “Abandonada nos labores da casa. Onte ao saír da casa non lles deu sequera un bico aos fillos... Lévalles a contraria aos familiares, sistematicamente". Porque, ¿que é mais grave, que che pegue o teu home ou que sexas unha mala nai? Consuelo morreu o 5 de decembro de 1964, case trinta anos despois da súa entrada no manicomio, aínda co corpo ardendo pola última malleira”.
“Se o cuestionario dos psiquiatras nos fala de síntomas, altura, peso ou idade, as narracións das que foron chamadas tolas cóntannos, sobre todo, experiencias de padecemento que moitas veces explican máis sobre as súas enfermidades ca toda a sintomatoloxía médica anotada con detalle e pulcritude. Ese padecemento falaba de fiIlos mortos, maridos que marchaban e soños sen cumprir. É un relato sucio, sanguento, que transpira e vomita. Rastrear a violencia contra os corpos das mulleres é poñerlle nome, identificala e denunciala, é un exercicio de xustiza histórica, unha reparación cara ás avoas e bisavoas que non puideron berrala.¿Non é para tolear un intento de asasinato que os demais ven só como un desgusto? ¿Que dá máis medo, un familiar maltratador ou unha sociedade que o agocha? ¿A onde vas cando non tes a onde ir?”
Dos testimonios recopilados por la autora, que me estremecieron, porque no son ni las palabras, ni las reflexiones, de una loca. Estas cartas nunca se enviaron, porque el Manicomio ejercía un cribado de la correspondencia:
“Como esta casa é só de tolos rógolle que faga que os meus irmáns me arrinquen deste tormento onde só temos por esperanzas a fame e a miseria, pois non hai quen coma nin o pan nin as comidas, que aínda os marráns a comen con noxo verdadeiro. Os médicos nada fan a non ser poñernos máis trastornadas coas inxeccións que lles dan ás que están cordas por dicir a verdade. Non hai dereito a abusar de ninguén e aquí sacan de onde non hai, o que queren é quitarlle a unha a vida pouco a pouco para logo negociar cos esqueletos; aquí nada curan, ao contrario, dan todo o malo que poidan para negociar”.
“Mándoche esta estampa do santo apóstolo para que lle roguedes que me quite deste sufrimento e poña debaixo do seu cabalo todos os que lle quitan a honra a unha infeliz muller e todos os que as manchan entregándoas desinsultan e as maltratan”.
"mirar atrás para que nunca, nunca nos poidan negar que aquela inxustiza existiu"
despois de ler sobre Hersilie Rouy grazas a un traballo da carreira (hai 3 anos xa), descubrín este libro e quíxeno ler si ou si, para coñecer sobre a realidade máis inmediata
quizais ía con expectativas diferentes, porque sobre Rouy lin literatura académica con moito máis contexto e tamén é un caso que tivo relevancia pública, hai moita máis información
nesta lectura faltoume contexto (o manicomio e as condicións de vida, os médicos, os tratamentos, as enfermidades) e fíxoseme repetitiva ao mencionar tantas historias e profundizar tan pouco, aínda que sexa un problema máis das fontes que do enfoque da autora, pero quizais con contexto se lle podería dar máis forma
de todas maneiras, é unha obra importante e necesaria que lles da voz a estas mulleres que non puideron tela no seu momento
Qué descubrimiento darte cuenta que hoy tu también serías una tola. ¡Cuánto hemos cambiado y cuánto nos quieren hacer retroceder intentando hacernos olvidar estas voces que gritan memoria!
Mi bisa era de Monforte, siempre fue una luchadora nata: callada, pero que hablaba con la mirada. Ojalá haber podido compartir este libro con ella para haber conversado de estas historias. Gracias a Carmen, la autora, por haber devuelto el lugar que les arrebataron a todas estas mujeres. Una historia desgraciadamente desconocida para muchos —donde me incluyo—.
Lectura obligatoria especialmente para esxs que afirman que antes se vivía mejor: encerradas contra su voluntad por no querer casarse, por querer vivir a su manera, por ser violadas. Todas somos estas tolas. Fuerza.
This book is fascinating in many ways, chiefly because the real stories it brings together are extraordinary. A relatively modest number of pages, compiling scattered data into a well-structured, topic-based volume, sheds light on the hidden lives of hundreds of women who were committed to asylums for no clear reason. It offers a window onto the history of Galicia: a society not so long gone, caught in the transition between rural and urban life, and focused on its most overlooked figures — women who did not fit the mould.
However, the very power of the book’s revelations opens the door to too many unanswered questions. What if the Conxo asylum had been placed within the broader context of the contemporary network of care institutions? What if the history of the asylum, combined with the history of psychology, had helped us to better understand the most recent “liberations”? What if statistical data had been added to complement the impressionistic narratives? What if the claim that “they were not mad” had been more thoroughly explained and discussed? What if the families who survived these women also had stories to tell? That would be a different book — or several different books — that I cannot help wishing I had read instead.
Finally, the publishing house — the most renowned in the Galician publishing ecosystem — really needs to hire a proofreader. This would help to make sense of the decisions about what to translate and what to leave untranslated, and, above all, to clarify how nineteenth- and early twentieth-century texts — probably written with mistakes or in forms that now sound archaic — should convey not only their content but also their social meaning. As it stands, the editorial choice remains awkwardly suspended between correction and raw transcription, ultimately succeeding at neither.