Jump to ratings and reviews
Rate this book

As tolas que non o eran: Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936

Rate this book
Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.

As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.

En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: “Estou aquí e quero que me escoites”. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.

142 pages, Paperback

Published April 21, 2025

24 people are currently reading
262 people want to read

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
36 (28%)
4 stars
45 (35%)
3 stars
32 (25%)
2 stars
10 (7%)
1 star
3 (2%)
Displaying 1 - 30 of 30 reviews
Profile Image for maría.
97 reviews17 followers
June 3, 2025
é tremendamente necesario visibilizar as historias de mulleres coma estas, silenciadas e invalidadas tan inxustamente durante tanto tempo. pareceume un moi bo traballo de investigación, moi ben estruturado e contado.
Profile Image for María Crespo.
185 reviews
October 20, 2025
Unha obra revisionista da nosa historia galega, necesariamente con rigor e perspectiva de xénero.
Profile Image for Sandra.
122 reviews15 followers
September 6, 2025
Interesantísima investigación de Carmen V. Valiña sobre esas mulleres olvidadas da nosa historia ás que non dubidaban en tildar de "tolas" por reaccionar ante situacións violentas, por desgracia cotiás. Faltoume un pouco máis de estrutura neste relato case fragmentario, pero hai que ler estas recopilacións para entender que "o que queda nas cunetas da historia, tamén merece ser contado."
Profile Image for Abril Camino.
Author 32 books1,853 followers
August 25, 2025
Excelente documentación sobre un tema moi descoñecido.
Profile Image for xiana devesa.
23 reviews
October 19, 2025
conxo capital mundial da movida mental-> cancelado. polas que en verdade non eran tolas e polas tolas tm!!!!!!! guai q s comecen os capítulos con cantigas do cancioneiro popular galego aquí miña favorita escrita por unha non tola /claro está/-> aí che vai meu corazon, se o queres matar ben podes, pero como ti vas dentro tamén se ti o matas morres.
Profile Image for Paula Seoane.
13 reviews
October 14, 2025
Non o puiden terminar. A historia é ben interesante e é necesario que saia á luz mais non soporto a narración. Dinlle varios intentos pero e que me ferve o sangue con cada liña.

Concordo coa tese de que na época, moitas mulleres foron internadas por ser produtos fallidos dunha sociedade terrorificamente patriarcal pero realmente é necesario chegar ao punto de crearlles constantemenre vidas idílicas paralelas en mundos onde non serían oprimidas? Entendo o punto da homenaxe pero… en vez de iso, non as romantiza innecesariamente? Non sei… considero que ás veces ten máis forza o real, o testemuño que un artificio. Pero eso é opinión miña.

E que pasa coas tolas que si que o eran? Esas historias non merecen ser contadas? En todo o que cheguei a ler sentín que a autora tiña unha necesidade constante de expiar as internas das enfermidades mentais, coma se fose algo malo, coma se fose unha lacra da que librarse. Coma se ter ansiedade, depresión ou alcoholismo fose unha mancha que hai que limpar, limpar os nomes deses informes. Por que? Non o comprendo. Seguindo a súa deriva é moi lóxico que por estar na sociedade na que vivían estas mulleres tivesen cuadros ansiosos, depresivos, tendencia ao alcohol… É xusto que as meteran por iso nun manicomio? Non, claro que non. É necesario negar que posiblemente non tiñan unha boa saúde mental? Non. Pero entonces, si que era xusto meter as que si que eran tolas?

Ojalá alguén me conteste e me diga que siga lendo no libro, que merece a pena e que non é o que parece… Pero a min non me parece xusto para a memoria. E a beleza e a xustiza non sempre está nas historias bonitas.
Profile Image for irene☻.
68 reviews15 followers
July 14, 2025
moi interesante, pero gustaríame que se afondase máis na historia do manicomio, dando máis contexto, e que tivese unha estrutura máis clara. son microhistorias de mulleres que remataron por pasar boa parte da súa vida encerradas por ser pobres, por rebelárense, por “molestar” aos homes…ás que carmen lles da, por fin, voz. se tedes a oportunidade, lédeo!
Profile Image for Vickyalohomora.
102 reviews4 followers
June 18, 2025
Sen palabras. Tiña moitas ganas de ter nas miñas mans este libro (e máis despois de ver a exposición do Arquivo de Galicia) e non foi doado. Moi ben estructurado, temas tocados con moito amor e rencor. Xa era hora de darlles voz e recuperar unha parte (triste e totalmente desagradable) da nosa historia. Chega con falar cos avós e cas avoas… non é algo fóra do común e se sabía o que pasaba.
Profile Image for Laura.
33 reviews
September 14, 2025
La memoria histórica de este país tiene una deuda muy grande con las mujeres.
Profile Image for letividlop.
17 reviews
September 9, 2025
Testimonio muy necesario, que logra angustiarte imaginando que cualquier mujer de hoy en día podría haber acabado en Conxo por trivialidades, simplemente por ser mujer. Te hace sentirte afortunada y a la vez deja un sabor muy agridulce por pensar que hace escasos 100 años han marcado semejante diferencia.
Debería ser lectura obligatoria en educación secundaria.
Profile Image for Patricia.
389 reviews6 followers
September 12, 2025
Un recorrido por historias clínicas de mulleres que entraron no maniconio de Conxo. Mulleres etiquetadas coma histéricas que na maioría dos casos molestaban na casa a homes que tiñan o poder de apartalas.
Son moitas mulleres, o libro é pesado de ler, repetitivo. Gusta como mostra do que pasaba naquela época, pero é aburrido, pasa moi rápido polas historias, enlaza cousas sen sentido algún é non profundiza.
Profile Image for Clara García Castiñeira.
20 reviews
July 20, 2025
Lectura totalmente recomendable, non pola calidade narrativa, senon coma un brillante traballo de documentación que presenta un pasado incómodo pero que é preciso coñecer, e que por veces resulta insultantemente cercano.

Este libro outorga a todas as mulleres silenciadas, estigmatizadas e ignoradas polos maridos, polos fillos e polas institucións, un espazo para que as súas historias sexan compartidas. En definitiva, un “eu si te creo”, un acto de sororidade, mais tamén de sensibilización de cara á memoria histórica, a non esquecer e a non deixar de loitar para que os estigmas, o control e a dictadura moral e misóxina sobre as nosas vidas e emocións desaparezan por completo.
Profile Image for Pablo Da Cunha.
44 reviews2 followers
August 7, 2025
Ensayo documental que rescata del olvido las historias de mujeres internadas en el Manicomio do Conxo, en Santiago de Compostela, entre finales del siglo 19 y principios del 20; contando su vida allí, través de cartas, expedientes, historias clínicas, o formularios de ingreso.

El trabajo que tuvo que haber detrás ha tenido que ser ingente, y el resultado es un libro a medio camino entre el ensayo, la investigación académica, y hasta la narrativa, porque combina la reflexión sobre la represión, con materializar la vida de unas mujeres marginadas, a las que no deja de darles voz, aunque no sea una novela histórica. Es un libro que entrelaza la rigidez de los archivos, con la emoción de las historias humanas. Diría que ese es su mayor activo: humaniza documentos administrativos, y en el proceso, hace un ejercicio de memoria.

La finalidad del libro, y la reflexión que quiere hacer, las deja muy clara la autora en las primeras paginas “este no es un libro de historias al uso. O, digamos, es un libro de historias en plural: las historias de las que nunca importaron: tu abuela, mi bisabuela, y todas aquellas mujeres perdidas en la niebla del tiempo, que rasgaron las hojas con lo único que no pudieron quitarles en aquel manicomio: el coraje para gritar, que la historia, no siempre es como nos la cuentan. Así que podría decirse que este es un libro MILITANTE, porque nace de la periferia que habito, y que me habita: no es un libro sobre un manicomio olvidado, en una Galicia olvidada; es el relato de las olvidadas entre las olvidadas. Las internadas en el manicomio del Conxo entre 1885, y 1963, tenían todos los ingredientes que condenaban a una persona a los márgenes: mujeres, aldeanas, pobres y analfabetas. No cabe la neutralidad ante el sufrimiento que parecieron esas locas que nunca lo fueron. Porque sin memoria de la injusticia, no hay justicia posible”.

Me gustó como está estructurado, agrupando las historias de las mujeres internadas, por el motivo de su internamiento. Motivos tales como: “locura histérica”, o “locura puerperal”, esquizofrenia (que nunca estaba reflejada ni en síntomas, ni en tratamiento, en sus historias clínicas), oligofrenia (que en realidad eran simples casos de analfabetismo, o de ruralidad), o directamente, motivos rebuscados para justificar el internamiento de mujeres que al final eran, o pobres, o insumisas; que bebían, que querían huir de casa, o que no encajaban en el papel de madre, que eran maltratadas… Cuando digo que se ingresaba en el manicomio a mujeres, casi solo por molestar, no lo digo por decir. La autora ilustra perfectamente como esa barbaridad existió. Además, lo genial del libro es que no se queda en analizar historias de mujeres, que claramente no merecen ingresar en un manicomio (no sería creíble que durante 100 años no hubiera ninguna que debiera estar allí) sino que pone encima de la mesa, casos, de auténtica enfermedad mental, pero mal tratada, o de maldad sin locura (un capítulo entero habla de las deficiencias del centro, y otro, de mujeres encerradas allí no por locas, sino por criminales, consecuencia triste de que en aquella España no había donde meterlas).

No hay que ser un experto en psiquiatría para entrar al libro. No te atrapa porque sea duro (durísimo), y tire del morbo, sino por la humanidad con la que retrata a cada una de esas mujeres. Se podría criticar que las reflexiones cáusticas, son reiteradas, y constantes, pero se entiende en el contexto de ser un libro militante; y esto, sumado a una narración con fuerte carga poética, da un resultado que no es recalcitrante. No se si son los poemas de Rosalia De Castro, o los extractos del cancionero popular, que abren cada capitulo, pero el resultado es poético, más allá de reflexivo. Es un libro que sirve para entender como la sociedad trataba- y hasta cierto punto trata- a las mujeres que no encajaban en un molde.

Es un homenaje, precioso y necesario. Porque debemos: “Mirar atrás para que nunca, nunca nos poidan negar que aquela inxustiza existiu. Que elas existiron”.



Algunos extractos que me han gustado:

“Eu podería ter sido elas. Ti poderías ter sido elas. Abondaba unha risa a destempo, un fillo sen pai, un baile ata a noite coa copa na man. As mulleres deste libro son reais. As súas historias, tamén, aínda que imaxinar que os seus relatos de dor son recreados resulte tentador e quente o corazón. Per ía moito frío en Conxo, os días pasaban monótonosvisitas non chegaban. Non creas que unha historia clínica é un documento morto, amarelo polo paso do tempo. Dende cada unha das súas páxinas, todas estas mulleres berran: Mírame, ¿de verdade che parezo unha tola?
A súa dor, a súa rabia, a súa furia e tamén as súas pequenas alegrías traspásannos porque son fondamente humanas. As súas cartas non foron enviadas, a capota que Carmen teceu non a recibiu a súa filla e o debuxo daqueloutra Carmen de 18 anos quedou gardado no seu expediente como algo que non merecía ser contado. Non importa, porque a elas servíronlles para lembrar que había un mundo fóra do manicomio, con casas con balcóns e nenas que xogaban con bonecas.
A Rosa, Mercedes, Amelia, Carmen e ás demais mulleres que acabaron en Conxo fixéronlles saber, con cada día pechadas, que as súas existencias non servían, porque ¿a quen lle importas se levas máis de trinta anos sen recibir visita? Pero contar a vida coas propias palabras significa dicir que non todo está perdido, que o mundo se pode refacer mesmo dentro dun manicomio. Aquelas cartas, obxectos e fotos de carne, que quedaron gardadas nos expedientes para esquecelas, serviron para que hoxe poidamos saber quen foron,para entender que, noutro tempo, nós mesmas poderiamos ter rematado alí.
Na resistencia fronte ao abuso, o cariño cara ao fillo ou a melancolía polo perdido, esas mulleres quixeron que as vísemos cos seus propios ollos: regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio, e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. O que queda nas cunetas da historia tamén merece ser contado, non porque vaia cambiar a sorte das que o sufriron, senón porque o que lles sucedeu a esas tolas que non o eran non pode caer no esquecemento. Debémosllelo.

“A identificación non se facía en Conxo segundo unha categoría étnica: a tatuaxe, introducida polo segundo director do manicomio, Juan Barcia Caballero, nos anos trinta, asociábase aquí ao diagnóstico, deixando para sempre a pel e a vida estigmatizadas. Unha vez cruzadas as portas do manicomio, dende o mesmo momento do ingreso, as mulleres eran desposuídas de todos os seus obxectos persoais, mesmo da roupa que levaban posta. Cortábanse así os lazos co que antes foran, coa vida de aparente cordura da que xa non formaban parte”.

“… Carmen F. G., quen con 19 anos entrou no manicomio, o 16 de maio de 1933, como consecuencia dunha reacción esquizoide. "Non sei en que ano nacín, nunca o souben", conta no seu exame de ingreso. A desmemoria como pegada da miseria. ¿Como pelexar por construír un futuro cando non temos pasado? Carmen traballaba dende os 13 anos como criada. Gañaba cinco duros ao mes. "Facía, os domingos, a vida de distracción e relación das mozas da súa idade", cóntase na súa historia clínica. Eu pregúntome se esa vida relaxada tiña cabida nun universo en que sempre serves a outros.

“María S.L saíu ao camiño cunha amiga. Recendía a mimosas e a xuventude. Só María chegaría ao seu destino. O que pasou naquel sendeiro só unha viviu para contalo. Nunha nota solta do seu expediente, case como un feito sen importancia, o médico escribiu que aquela labrega, agora casada, que chegara un caloroso 2 de agosto de 1915 ao manicomio, "estando solteira hai uns trinta anos, recibiu un susto, en compañía doutra moza, que se supón que faleceu destas resultas, notándose dende entón nela algunhas extravagancias e un temperamento moi excitable polo menor motivo". A inquietante normalidade dun asasinato. A violación como un suceso sen importancia. O arquivo como memoria palpable das mulleres que non importabamos. A violencia física minimizada na letra case inintelixible do doutor, porque, ¿a quen lle importa unha labrega pobre de 16 anos?¿E a quen lle importa que o teu home che pegue? Consuelo R. M. tiña 35 anos cando chegou a Conxo, o 3 de agosto de 1935. Verán en Compostela, o sol batendo sobre as Praterías, e a súa cabeza no interno. Consuelo contoulle ao doutor que o seu home era o causante dos seus males. “Di del que nunca a trata ben e que en ocasións a golpeou”. Repetiu o mesmo en varias catas, onde relataba tanto os seus malos tratos como os doutras persoas, pero aqueles eran feitos irrelevantes no aséptico universo médico. Outros detalles, no entanto, chamarona atención do psiquiatra. “Abandonada nos labores da casa. Onte ao saír da casa non lles deu sequera un bico aos fillos... Lévalles a contraria aos familiares, sistematicamente". Porque, ¿que é mais grave, que che pegue o teu home ou que sexas unha mala nai? Consuelo morreu o 5 de decembro de 1964, case trinta anos despois da súa entrada no manicomio, aínda co corpo ardendo pola última malleira”.

“Se o cuestionario dos psiquiatras nos fala de síntomas, altura, peso ou idade, as narracións das que foron chamadas tolas cóntannos, sobre todo, experiencias de padecemento que moitas veces explican máis sobre as súas enfermidades ca toda a sintomatoloxía médica anotada con detalle e pulcritude. Ese padecemento falaba de fiIlos mortos, maridos que marchaban e soños sen cumprir. É un relato sucio, sanguento, que transpira e vomita. Rastrear a violencia contra os corpos das mulleres é poñerlle nome, identificala e denunciala, é un exercicio de xustiza histórica, unha reparación cara ás avoas e bisavoas que non puideron berrala.¿Non é para tolear un intento de asasinato que os demais ven só como un desgusto? ¿Que dá máis medo, un familiar maltratador ou unha sociedade que o agocha? ¿A onde vas cando non tes a onde ir?”




Dos testimonios recopilados por la autora, que me estremecieron, porque no son ni las palabras, ni las reflexiones, de una loca. Estas cartas nunca se enviaron, porque el Manicomio ejercía un cribado de la correspondencia:

“Como esta casa é só de tolos rógolle que faga que os meus irmáns me arrinquen deste tormento onde só temos por esperanzas a fame e a miseria, pois non hai quen coma nin o pan nin as comidas, que aínda os marráns a comen con noxo verdadeiro. Os médicos nada fan a non ser poñernos máis trastornadas coas inxeccións que lles dan ás que están cordas por dicir a verdade. Non hai dereito a abusar de ninguén e aquí sacan de onde non hai, o que queren é quitarlle a unha a vida pouco a pouco para logo negociar cos esqueletos; aquí nada curan, ao contrario, dan todo o malo que poidan para negociar”.

“Mándoche esta estampa do santo apóstolo para que lle roguedes que me quite deste sufrimento e poña debaixo do seu cabalo todos os que lle quitan a honra a unha infeliz muller e todos os que as manchan entregándoas desinsultan e as maltratan”.
Profile Image for Quitina.
23 reviews1 follower
November 19, 2025
Qué descubrimiento darte cuenta que hoy tu también serías una tola. ¡Cuánto hemos cambiado y cuánto nos quieren hacer retroceder intentando hacernos olvidar estas voces que gritan memoria!

Mi bisa era de Monforte, siempre fue una luchadora nata: callada, pero que hablaba con la mirada. Ojalá haber podido compartir este libro con ella para haber conversado de estas historias. Gracias a Carmen, la autora, por haber devuelto el lugar que les arrebataron a todas estas mujeres. Una historia desgraciadamente desconocida para muchos —donde me incluyo—.

Lectura obligatoria especialmente para esxs que afirman que antes se vivía mejor: encerradas contra su voluntad por no querer casarse, por querer vivir a su manera, por ser violadas. Todas somos estas tolas. Fuerza.
Profile Image for Andrea Mouzo.
3 reviews
November 13, 2025
Non estou moi acostumada ao ensaio pero non o sentín como tal. Lese nun suspiro. Fixórenseme un pouco repetitivas algunhas frases feitas e recursos na segunda metade do libro, pero vale a pena conocer as historias reais e a dignidade das que antonte eran internadas por incomodidade, inconformismo ou aversión ás expectativas. Recomendado✅
Profile Image for Beymi_books.
4 reviews
October 26, 2025
Un libro completamente necesario para conocer la triste historia de esas mujeres calladas por "molestar" por no cumplir con lo que se supone que tiene que hacer una mujer. Aunque estamos hablando de una época y se sabe que pasaban ese tipo de cosas, se hace duro leer las. Gran trabajo de investigación. Gracias por dar luz a esas historias calladas en el tiempo.
"Podería haber sido a túa historia, a miña, con teres nacido nun tempo en que non eramos nada"
Profile Image for el_rollo_de_laura.
8 reviews1 follower
August 31, 2025
Carmen V. Valiña tráenos este ensaio para denunciar o internamento de moitas mulleres en centros psiquiátricos non por sufrir trastornos mentais senón por desafiar as normas sociais de xénero. Poderiamos dicir que o perfil predominante destas mulleres era o de pobres, analfabetas, solteiras e sexualmente activas nun contexto social conservador no que ás mulleres non tiñan permitida a liberdade. Así as cousas, estas mulleres foron internadas para corrixir -ou tentar corrixir- o seu comportamento social.

Sobre esta obra é importante valorar o gran traballo documental da autora, fundamental para entender os mecanismos de control social nos séculos XIX e XX. Ademais, sobre todos estes datos, achega calidade humana ao relato, validando as emocións expresadas polas internas.

<>

A autora traballou con máis de 450 expedientes do Arquivo de Galicia nos que atopou historias clínicas cunha total ausencia dun diagnóstico clínico e, en moitos casos, carentes de sentido xa que observamos nalgunhas anotacións relatos moi coherentes das mulleres internadas. Ademais, tamén atopou cartas, correspondencia destas mulleres que nunca foi enviada ao seu destino e que quedou eternamente no baleiro dun caixón.

En definitiva, este libro constitúe un ensaio imprescindible nun exercicio de memoria histórica con perspectiva de xénero xa que recupera a historia de vida destas mulleres silenciadas durante moito tempo e outorgándolles a dignidade que se merecen.

<>
Profile Image for Leyendo Bajo El Arcoiris.
154 reviews12 followers
September 11, 2025
"Nas palabras, nos silencios, nas imaxes de cada unha destas mulleres emerxe un escintileo que nos interpela: estou aquí e quero que me escoites."

🧠 Neste ensaio, a autora dálle voz a todas aquelas mulleres que foron ingresadas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 en contra da súa vontade. Mulleres con nome e apelidos, ás que a sociedade cualificou de "tolas" cando en realidade sufrían a condena dunha época que non lles permitía ser libres, nin decidir sobre a súa propia vida.

📖 A autora reconstrúe as súas historias a partir dos arquivos rescatados do manicomio, mesturando unha rigorosa investigación coa sensibilidade narrativa. O resultado é un libro que non só documenta unha realidade silenciada, senón que tamén nos obriga a mirar cara atrás e cuestionar os mecanismos de control e exclusión que padeceron tantas mulleres anos atrás.

💔 As tolas que non o eran emociona, aínda que tamén indigna e esperta conciencia. É un ensaio necesario, que une memoria, xénero e historia, e que nos lembra a importancia de rescatar do esquecemento esas vidas ás que se lles roubou a súa propia voz.

Ainda que o ensaio non sexa un dos teus xéneros predilectos, anímote a que lle deas unha oportunidade a esta lectura.

A miña puntuación: 3/5🌈

https://www.instagram.com/p/DOdxLNdiLm0/
Profile Image for Leyendo_bambu.
42 reviews26 followers
September 7, 2025
Un libro moi duro o de se conta a vida de mulleres tratadas como tolas polo simple frito de ser muller, enharinado como diagnóstico claqueta motivo que pasase pola mente SEMPRE dalgún home
Profile Image for Chuspaixonporler.
141 reviews4 followers
August 19, 2025

Carmen V Valiña quere dar voz neste libro as esquecidas entre as esquecidas, mulleres, pobres, analfabetas, aldeás, tolas…Especialmente as tolas que non o eran.

A autora estuda as diferentes historias clínicas do manicomio de Conxo nun período entre 1885 e 1936, as súas fotografías, as notas manuscritas polas que poucas que sabían escribir.

E do seu estudio comparte unhas terribles conclusións nas que amosa que as que padecían un trastorno mental real era só un unha pequena parte. O manicomio ademáis do seu carácter terapéutico funcionou durante moito tempo como institución onde recluir as mulleres incómodas. Nunha boa sociedade non encaixaba unha nai solteira, unha alcohólica, unha que mantiña relacións sexuais sen casar. Quedándonos claro que na maioría dos casos as vidas destas mulleres foron roubadas xa que foron inxustamente pechadas.
Profile Image for Luisa P.
82 reviews3 followers
August 19, 2025
Neste libro, contase as historias de mulleres que resistieron a loucura dos seus irmáns, dos seus homes, dos seus pais, por ser mulleres libres e non querer vivir nunha época, onde nós as mulleres, non podíamos opinar, nin ser libres, nin vivir a súa maneira.
Todas as historias que conta este libro, son desgarradoras, son de mulleres que as chamaron TOLAS e pasaron o resto da súa vida , nun manicomio, onde se lles privou de ser mulleres.
Profile Image for Ana Arias Castro.
154 reviews5 followers
October 15, 2025
Hai tempo que non lin un documento tan impresionante coma este libro de Carmen V. Valiña, As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936, todo un retrato da dureza dunha sociedade que relegaba sen xuízo nin revisión a calquera que se desviaba da norma establecida, especialmente se era muller e se tiña algún problema mental... ou non.

Este ensaio amósanos con nome propio os casos de diferentes mulleres recollidos da documentación de Conxo, especialmente de principios do século XX, pero con internamentos que se prolongan ata hai poucas décadas porque as internas entraban pero moitas veces non saían ou facíano xa para o cemiterio.

Atopamos expedientes incompletos con diagnósticos de dubidosa xustificación médica, familias que buscaban desfacerse de mulleres incómodas: irmás solteiras que estaban de máis na casa do irmán casado, mulleres con rarezas, deficiencias mentais e pobreza (unha pobreza que as deixaba á mercé da institución), "malas mulleres", alcohólicas, outras con loucura puerperal ou histeria, e outras violadas ou vítimas de malos tratos. Algunhas sen síntomas psiquiátricos pero "Todo o que quedaba fóra da reprodución e do matrimonio era visto como unha ameaza". A tapia do manicomio tapaba este mundo alleo a todo o resto, con miseria, traballos, falta de hixiene, mala alimentación e tuberculose.

Os expedientes complétanse coas cartas que escribiron as internas a familia e amigos e que nunca foron enviadas. Para a súa familia elas xa desapareceran, para a institución apenas importaban e nada que puidese cuestionalos merecía ser difundido, ao fin e ao cabo unha vez que se entraba en Conxo xa se levaba a etiqueta e a tatuaxe de "tola". Eses berros buscando axuda, comprensión, retorno a casa, ou simplemente xabón e cousas básicas quedaron afogados na carpeta dun expediente.

Dinos a autora que pese á súa adversidade estas mulleres "regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio, e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas", pero isto só sucede porque unha investigadora como Carmen V. Valiña estudou estes expedientes amarelados e loitou por compartir as súas voces e a súa inxustiza vital. Moitas grazas por facelo!
Profile Image for Lectoragallega.
370 reviews11 followers
October 25, 2025
🙉 Nesta obra @carmendebaio demostranos que as voces deben ser oídas, que temos muros que poden falar.

🙉Mostranos mulleres silenciadas.

🙉Mulleres as que deixaron son vida.

🙉 Mulleres que foron marcadas con tatuaxes, os tatuaxes sa sua historia clínica

🙉Canto cinismo e ignorancia, canta vergoña que non era....

🙉 A frialdade da sociedade.....

🙉 Os intereses dos " directores" porque Conxo ofrecía duas opcions de ingreso....calidade de pensionista ou beneficencia.....o que está claro e que explotaron laboralmente dentro do manicomio a todas as Mulleres, sería está Unha realidade encuberta para sacar beneficios.... seguramente...

🙉 Un libro moi recomendado con historias que marcan.

🥺 Unha frase que me gustou e totalmente certa
Que da máis medo, un familiar maltratador ou Unha sociedade que o agocha? A onde vas cando non tes a onde ir?

🥺 Acabeino e fago a recesión, mentres estou de guardia de noite no hospital , e preguntome que segredos teran estás paredes....unha lectura doada e que che fara pensar e moito.
Profile Image for Lucía Nicolino .
67 reviews
November 23, 2025
O libro en xeral gustoume moito, aprendín moitas cousas que non sabia do manicomio de Conxo e fíxome pensar moito. Houbo momentos da lectura que se me fixeron duros e incluso me entrou ansiedade. Pensar que todos os casos relatados son casos reais e que esas mulleres pasaron tantos anos das súas vidas encerradas nesas condicións sen motivos reais é unha realidade cruel que costa asimilar. O único que botei en falta deste libro foi un maior desenvolvemento literario das historias. Quizais darlle nome a menos mulleres pero as que aparecesen recollidas profuncizar máis na súa vida, houbese permitido que o lector empatizase aínda máis con todo o que aconteceu en Conxo. Recomendaría este libro a moitas mulleres do meu redor, mulleres que coma min, hoxe tamén escribirían cartas sen destinatario dende Conxo.
Profile Image for Lorena G..
1 review
November 10, 2025
Cuando empecé este libro esperaba conocer algo más sobre la organización de Conxo, la estructura, cómo se creó y su desmantelamiento posterior, la rutina de las mujeres que estaban encerradas dentro, algún testimonio de familiares o personal médico hablando sobre el funcionamiento del lugar…pero en su lugar solo me he encontrado retales de las historias de vida de muchas mujeres que pasaron por allí. Sus historias son importantes, evidentemente, pero me ha sabido a poco quedarme con unas pocas líneas de cada una de ellas y pasar a la siguiente.

Concuerdo con otra reseña escrita por Paula que habla sobre la necesidad de la autora de expiar a estas mujeres de las enfermedades mentales, recomiendo más leer esa reseña que leer este libro, la verdad.
Profile Image for Claudia Seivane.
45 reviews5 followers
October 20, 2025
Unha recopilación de historias de mulleres tratadas de tolas por non seren o que os homes da súa familia querían que foran. E, o peor de todo, historias reais que tiveron lugar aquí ao lado non fai tanto tempo. Escalofríos.
Profile Image for Asun González.
42 reviews
November 11, 2025
súper necesario!! todo o que sexa aportar datos sobre a historia das mulleres é hiper necesario, sobre todo se valoramos a visibilización dunha problemática tan común como era internar a mulleres por non cumplir cos estándares da sociedade
Profile Image for Saraiba.
81 reviews2 followers
October 16, 2025
El libro es breve y se lee en un par de días, aunque es un poco flojo para mi gusto: al texto le falta personalidad y las reflexiones se hacen bastante repetitivas. Al ser ensayo, creo que hubiera sido interesante empezar contextualizando Conxo, porque de las ingresadas poca información quedó en los archivos…. Lo que sí me gustó es que cada capítulo empieza con unas estrofas de poesía o del cancionero popular gallego.
Displaying 1 - 30 of 30 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.