Jump to ratings and reviews
Rate this book

A lei do mar

Rate this book
«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós un estremecedor relato de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha bengala de auxilio que estala nas conciencias como sal nas feridas.
Este é o relato desacougante de seis mariñeiros que rescatan un grupo de persoas subsaharianas entre as que se atopan tres nenas obrigadas a vivir, mais tamén é a procura desesperada dun home peixe obrigado a esquecer para converterse en humano.

112 pages, Paperback

Published September 18, 2025

1 person is currently reading
35 people want to read

About the author

Manuel Esteban

8 books23 followers
Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971)

Ola. Son pai de dous fillos, médico e profesor de formación profesional. No tempo que me queda escribo novelas e, o que resulta aínda máis asombroso, consigo que sexan publicadas.

Escribín tres novelas de xénero policial: "A ira dos mansos" (Premio Xerais 2016), "O meu nome é Ninguén"(Xerais, 2018) e "A vinganza dos homes bos" (Xerais, 2020), protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. O Manso é o personaxe que máis satisfaccións me está a dar como escritor, así que estou tentando escribir unha cuarta novela da serie.

No ano 2023 publiquei un libro xuvenil titulado "Setestrelo" axudado polo meu fillo máis novo. Unha space-opera para cativos na que puxen (puxemos) moitísimo corazón.

En 2024 publiquei "O xogo de Escher" (Xerais, 2024), novela gañadora do IX Premio de novela curta Cidade centenaria de Ribeira, unha distopía de ciencia ficción disfrazada de reflexión filosófica. Ou era ao revés?

En marzo de 2025) publiquei un libro de ciencia ficción clásica: Trickstar. Postais desde as estrelas, na editorial Boadicea. En setembro dese mesmo ano repetín en Xerais co libro A lei do mar, unha historia real sobre un rescate de migrantes no Mediterráneo que me foi contada por un amigo mariñeiro.


Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971)

Soy padre de dos hijos, médico y profesor de formación profesional. En el tiempo que me queda, escribo novelas y, lo que resulta aún más asombroso, consigo que sean publicadas.

He escrito tres novelas de género policial: "A ira dos mansos" (Premio Xerais 2016), "O meu nome é Ninguén" y "A vinganza dos homes bos", protagonizadas por el inspector de policía Carlos Manso. Manso es el personaje que más satisfacciones me está dando como escritor, así que estoy intentando escribir una cuarta novela de la serie.

En el año 2023 publiqué un libro juvenil titulado "Setestrelo" ayudado por mi hijo pequeño. Una space-opera en la que puse (pusimos) muchísimo corazón.

En 2024 publiqué "O xogo de Escher", novela ganadora del IX Premio de novela corta Ciudad centenaria de Ribeira, una distopía de ciencia ficción disfrazada de reflexión filosófica. ¿O era al revés?

En marzo de 2025 publiqué un libro de ciencia ficción clásica: "Trickstar. Postais desde as estrelas", con la editorial Boadicea y en septiembre de ese mismo año "A lei do mar", una historia real sobre un rescate de migrantes en el Mediterráneo.

En mayo de 2026 publicaré los dos primeros casos de la serie Carlos Manso en castellano, en un solo volumen, con la editorial Planeta.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
20 (34%)
4 stars
22 (37%)
3 stars
11 (18%)
2 stars
4 (6%)
1 star
1 (1%)
Displaying 1 - 10 of 10 reviews
Profile Image for Leyendo Bajo El Arcoiris.
178 reviews15 followers
September 28, 2025
"O mar é o fogar dos que non temos ningún, a nai de quen quedou orfo a destempo."

🌊 A lei do mar, de Manuel Esteban, lévanos a un mar escenario de traxedias humanas que non deberiamos ignorar. A través dunha trama que mestura realidade cun toque de ficción, a novela pon o foco na crudeza dos naufraxios de caiucos e a forza da solidaridade, mostrando como a esperanza pode aparecer mesmo nos momentos máis escuros.

🚢 O libro chama á reflexión: a historia afonda no destino de mariñeiros que se enfrontan a decisións límite e de persoas que foxen buscando unha vida mellor. O autor consegue que o lector sinta tanto a dureza das ondas como a humanidade que latexa baixo cada rescate. Non só describe a satisfacción polas vidas salvadas, senón que chora polas moitas outras que se perden no fondo do mar.

📖 A prosa é intensa, as páxinas non sobran (aínda diría que faltan) e agochan sombras que non se esquecen (como a de Policarpo e esas tres nenas que lle deben a vida).

🌟 Unha novela que impresiona (e moito), que emociona e que cumpre a súa misión de abrir ollos e incluso os corazóns máis duros. Un libro necesario para ler, para reflexionar… e tamén para agradecer profundamente o labor en alta mar de todas esas organizacións que arriscan a vida para salvar náufragos: grazas por velar polas súas almas.

A miña puntuación: 4/5🌈

https://www.instagram.com/p/DPE5B8niGi5/
Profile Image for Chuspaixonporler.
157 reviews5 followers
November 3, 2025
“Vivir consiste en aprender que hai peixes que non saben nadar.”
“Porque a responsabilidade legal é coma a chuvia: cae enchoupado máis a quen máis abaixo está, e sempre é mellor ter un paraguas á man.”

🔹Aquela oferta de traballo pareceulle inmellorable e unha forma doada de gañar cartos e o mesmo tempo permitíalle sair do confinamiento imposto pola pandemia.
Que lonxe estaba de imaxinar todo o que ía atopar xa non lle permitiría durmir máis.

Vivir nun lugar onde a alternativa só é morrer, non te importa xogar a unha única partida. Tamén pode ser que desexes estar morta pero cando outras vidas depende da túa para sair adiante…Estas e outras historias levan a un grupo de homes, mulleres e nenos a subir nunha lancha dende unha aldea de Libia en dirección a Italia.

🔹A lei do mar é unha historia real, das que a calquera cun pouco de sensibilidade nos poñería a pel de galiña.

En menos de cento catro páxinas, atopeime nunha historia de terror, porque tan terrorífico é ver como perdes a vida como tamén sentirte agoniado por non poder salvarlla o outro. Pero mentras dun lado e doutros xogan a mantenta cas vidas dos demais .

Este é un libro que doe pero tamén unha chamada de atención. Mentras que para que uns se sintan heroes, a outros servelles para sacar aínda máis tallada. E no medio, está o egoísmo dos países do primeiro mundo que so miran polo seu embigo e polo outro os traficantes de personas sen alma nin escrúpulos ningún. E, tamén, unhas leis reviradas que permiten que a xente se xogue a vida no mar nunha partida única.

E a pesar de ter tan poucas páxinas, o libro fai que te sintas a bordo do buque así como a dureza das ondas así como o sal do mar é mesmo logra transmitir toda a dor e todo o sufrimiento dos seis mariñeiros así como o de Policarpo e tres nenas que non coñeceron outra cousa dende que naceron.

🔹Este é o terceiro libro que leo de @inspectormanso e aínda que todos me gustaron moito este é para min o seu mellor libro, tanto que se converteu nun dos mellores libros en galego dos que lín este ano.

Esta novela fará que mires o mar doutra manera.
Profile Image for Eu leo galego .
28 reviews8 followers
February 14, 2026
Que duro e canta dor. Recordo as noticias (que non son unha nin dúas) de feitos similares, e como doen na alma. Parabéns a Manuel Esteban, e aos mariñeiros que saltan as leis dos homes
Profile Image for Néstor Fernández.
11 reviews
January 28, 2026
A lei do mar non é un thriller nin unha novela de misterio, pero a historia que conta o protagonista mantente en vilo toda a novela.

Manuel Esteban cambia o seu rexistro habitual nesta novela, pero a súa marabillosa maneira de escribir mantense para contar unha historia de altamar, de naufraxios e desgracias, de inmigración, e moito máis.

É o exemplo perfecto de que para contar unha historia que che quede grabada non fan falta tiros, sangue nin 600 páxinas.

Formará parte seguro das miñas favoritas de 2026.
Profile Image for Marcos Tesouro Montecelo.
205 reviews3 followers
December 20, 2025
Historia dura e triste onde as haxa na que empatizas si ou si porque non cabe outra cousa porque a lei do mar é a que é, pero...
Profile Image for Aidix.
28 reviews
January 23, 2026
Que prosa tan bonita e delicada para contar unha historia tan ruda. O corazón nun puño.
Profile Image for Esther Silva Rodríguez.
191 reviews2 followers
March 13, 2026
Dous escenarios. Dous mundos diferentes. Unha historia que toca a fibra.
Policarpo, un xoven de trinta anos que vive en Guinea Ecuatorial.
Por outro lado temos o mariñeiro que nos conta os acontecementos que un día lle cambiaron a vida.

Unha oferta de traballo en medio da pandemia, unha vía de escape para un mariñeiro encerrado en terra. Un coche, unha viaxe por España recollendo o resto da tripulación e un barco que debe de sais da costa Siciliana para chegar a costa vasca.
Policarpo pensa en faer as maleta e emigrar, xa que no seu pais non encontrá traballo do seu, el é enxeñeiro.

Unha viaxe onde a leí do mar prima. Un aviso de pateras. Unha difícil decisión. Un rescate. Moitas mortes. Unha experiencia que marca o noso mariñeiro dunha forma nunca pensada.

Un relato real, que conta o que pasa no mar e nunca sae a luz. Unha historia para desfogarse que non borrará o horror vivido nesa viaxe.
_______________________________________________________
Dos escenarios. Dos mundos diferentes. Una historia que toca la fibra.
Policarpo, un joven de treinta años que vive en Guinea Ecuatorial.
Un marinero que nos cuenta los acontecimientos que un día le cambiaron la vida.

Una oferta de trabajo en medio de la pandemia, una vía de escape para un marinero encerrado en tierra. Un coche, un viaje atravesando España para recoger al resto de la tripulación y un barco que debe salir de la costa Siciliana rumbo a la costa Vasca.

Policarpo tiene en mente emigrar, en su país no encuentra trabajo de lo suyo, él es ingeniero.

Un viaje donde la ley del mar prima. Un aviso de que unas pateras saldrán de la costa africana. Una difícil decisión. Un rescate. Muchas muertes. Una experiencia que marca a nuestro marinero de una forma que nunca pensara.

Un relato real que cuenta lo que pasa en el mar y nunca sale a la luz. Una historia para desahogarse que no borrará todo el horror vivido en ese viaje.
Profile Image for Ana Arias Castro.
217 reviews8 followers
October 4, 2025
Creo que hai moito tempo que non lin nada tan duro, a pesar da súa brevidade, que esta A lei do mar de Manuel Esteban.

Esta novela brevísima recolle unha adaptación do relato do Adolfo, protagonista dun exitoso/fracasado rescate no drama do Mediterráneo.

Comezamos o relato co narrador que en pleno confinamento acepta a proposta para embarcarse no Lex Maris, un barco de rescate abandonado pola súa tripulación, como mecánico xunto co seu engraxador, Felipe. Van recollendo ao resto da tripulación e chegan a Xénova para traer o barco dos irmáns Gorosti de volta a Bermeo. Mais nada é nunca o que parece e o que ía ser unha travesía tranquila muda aos dous días nun inferno. Son avisados da presenza de varios botes pneumáticos saídos de África e que non están en condicións de chegar a Europa e optan por saír ao seu rescate. Só atopan un e no proceso de rescate morren máis da metade dos seus ocupantes, falecendo Policarpo, un tripulante que antes conseguiu rescatar a tres nenas entre os náufragos. Sen comida nin combustible só lles queda acudir á mafia en Floralia que pretendía facerse a cambio coas nenas. O final do libro non é tanto como remata a aventura, senón a percepción que deixa nos seus participantes, un éxito para uns, un fracaso e a sensación de ser responsables da perda de moitas vidas para outros: a vida mesma.

A beleza formal deste relato, a mestría de Esteban en achegarnos a potencia desta experiencia de Adolfo contrastan coa extrema dureza duns feitos que non son puntuais, senón que se repiten mesmo desde hai anos mesmo se non aparecen nos medios. Unha excelente lectura para quen queira reflexionar pois tal e como se nos di nos agradecementos finais "os rescates en mar aberto son o mal menor dun grave e complexo problema migratorio, social e económico". Aquí pónselle nome propio a unha páxina desde gran libro de fracaso e miseria.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Celia Dragona.
53 reviews14 followers
September 19, 2025
🌊| Unha pequena gran xoia da nosa literatura. Manuel Esteban neste libro demostra a sua capacidade de expresar tanto en tan pocas paxinas que sen dúbida non vou ser capaz de estar altura e poder facer un recesión que de merece.

🌊| Temos ha historia das vivencias dun mariñeiro un momento da sua vida que en canto empedeces a ler sabedes perfectamente que de qué caso se trata xa que os telediarios bombardearon con esta historia durante case dous meses na época da pandemia.

🌊| A forma que ten de expresarse o escritor nesta novela e máxica. A construcción de frases o que relata, esos momentos de hastío, impotencia, rabia dun ser humano onde ten que loitar entre a sus moralidade contra o que a lei do o que está ben ou mal.

🌊| Unha lectura totalmente recomendada.
Profile Image for Marininha.
5 reviews
January 21, 2026
Historia que te fai anacos. Que ben escribe o autor!
Displaying 1 - 10 of 10 reviews