a obra de teatro, como texto, queda un pouco frouxa, sobre todo porque se fai moi curta, pero en xeral me gustou bastante... agora a joderme porque xa están coas últimas funcións e eu non a coñecín a tempo de vela 🤡
en canto á guía, é fantástica. ten unha linguaxe moi accesible que logra non ser para nada paternalista, nin romantizar nin estigmatizar nada, con moito coñecemento interno e moita información xunta de xeito perfecto para informarse sobre o tema. que necesarios son este tipo de libros, oxalá se divulgasen moito máis... por non falar das cartas do final, que me pareceron o broche perfecto 💝🫂