What do you think?


Instrucións para tomar café
Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes.
Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro - dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro - dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
144 pages, Paperback
First published January 1, 2014
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 11 of 11 reviews
October 22, 2023
Libro cheo de inxenio, humor intelixente, crítica e retranca.
Estructurado moi orixinalmente en catro “tipos de libros”: libro de reclamacións, libro de estilo, libro de instruccións e libro de contos. Lectura rápida, doada e amena!!! Ideal para comezar un club de lectura;)
Estructurado moi orixinalmente en catro “tipos de libros”: libro de reclamacións, libro de estilo, libro de instruccións e libro de contos. Lectura rápida, doada e amena!!! Ideal para comezar un club de lectura;)
April 13, 2015
Pequenas pezas que queren ser inxeniosas e críticas, valéndose da ironía e dun humor que xoga cos tópicos da nosa sociedade, a galega. Pero, con excepcións, non me divertiron nin me sorprenderon moito, polo que non pasou dunha lectura entretida pero algo baleira.
March 31, 2024
Es muy original, me gustó mucho
March 8, 2026
Outro libro de relatos, neste caso algúns moi breves, o que para min xa é un punto ao seu favor. Ademais, nesta colección xógase moito coa linguaxe e co humor. Son un firme defensor da comedia, moitas veces ignorada pola crítica e o canon cultural como se facer rir fose menos que facer chorar, cando o segundo é moito máis doado que o primeiro. Con todo, o meu problema con Instrucións para tomar café non é tanto a forma nin o estilo, senón o tema. Non preciso outra peza de literatura galega que me explique como somos os galegos e as nosas peculiaridades: nin chanzas sobre o noso sentido do humor, nin reflexións sobre a nosa relación coa lingua ou sobre o diferentes que somos. O galego non é o pobo elixido polo sentido do humor nin pola "riquiñez" nin polo autoodio; somos un pobo máis que, para construír país, debe saír dos esquemas de sempre. A literatura galega debe explorar máis xéneros e máis universos que o noso propio. É por iso que desfruto moito máis dos contos cando se afastan destes temas e posicións; por exemplo, cando exploran o sistema económico ou a natureza humana sen etiquetas. O último bloque, no que se reformulan contos tradicionais, é un bo exemplo disto, co conto de Brancaneves como o máis interesante de todos. Aínda que o autor demostra un sentido do humor intelixente e bos xogos de palabras, o peso do tópico identitario acabou por lastrar a miña experiencia.
October 10, 2016
Pequenos relatos, muito originais, que se adentram no mais profundo do ser de cada galego e galega, com os que qualquer habitante do país, ou mesmo um simple visitante, pode encontrar ligação, por muito pequena que esta for. Nossos vícios e nossas virtudes levadas ao papel com muita ironia, humor e retranca. Se andas à procura de um livro para dar em aniversários, no Natal... este é um acerto quase seguro.
November 28, 2014
Que libro máis orixinal e simpático! Cunha mirada moi divertida o autor analiza tópicos e desmonta certezas, actualizándonos contos infantís e distorsionando anécdotas. O xénero escollido é o da narración, a narración breve e mesmo brevísima.
May 20, 2018
Relatos curtos, frescos e que en forma de humor fan unha sátira a situacións da actualidade que debemos ir cambiando pouco a pouco. Gracias a literatura coma esta podemos darnos conta destas realidades. Ademais, tamén ten outro tipo de historias sen tanto trasfondo pero igualmente recomendables. Vouche seguir a pista Manuel Núñez Singala.
September 11, 2024
Quizais fáltame un pouco da subxectividade, pero unha escritura simple de Manuel Núñez Singala simplemente encántame. Os contos cortos cunha idea aguda que sorprende e pica ao lector. Mais gustoume o libro de instrucións, que de feito pola miña experiencia describe moi ben as maneiras dalgunhos galegos.
June 2, 2023
os meus compañeiros de chollo fixolles gracia
October 9, 2024
Non son lector habitual de contos pero estes encantáronme. Moi divertidos e cun humor intelixente, cheos de retranca e moi orixinais. Que se lean tan rápido é a parte mala.
February 17, 2025
Me lo leí para la clase de gallego y a veces me hacía gracia pero lo vi infantilón y ahorrable
Displaying 1 - 11 of 11 reviews












