"Saxo Tenor é un modelo de como suceden as cousas e como son contadas. A historia comeza cun morto, cun mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cun flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa. Os informativos contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día". (Camilo Franco)
Autor, director e actor, foi un dos promotores do teatro independente galego. En 1974 funda a compañía teatral ANTROIDO, que durante anos representará moitas das súa pezas. A súa é unha das produccións máis importantes do teatro galego contemporáneo, merecedora do constante recoñecemento de xurados e crítica.
O teatro de Vidal Bolaño caracterízase por un forte simbolismo e pola combinación entre elementos da tradición popular galega e outros tirados da realidade socio-cultural do momento. O ton farsesco disimula escasamente unha amarga e sombría crítica desa realidade.
Lazos de sangue e o saxo tenor do Charlie Parker conxugando o mesmo verbo. Coitados eles!!
Roberto Vidal Bolaño reflexa a realidade dun xeito asombroso, afondando no eido social coa súa maneira persoal da metonimia. Co corazón apocado cando menos.
Por que será que tódolos que son coma vostede lle teñen tanto aprecio á cordura? É a que os ergue pola mañá cada día á mesma hora, ou a que os ten dicindo que si a todo o que desprezan. O seu fillo aborrecía dela. Quería ser músico nun mundo no que mandan as sirenas.
Lo mejor de la temporada. Incisivo, irónico, amargo, bien escrito. Los personajes son valleinclanescos en sus miserias y actitudes. El Tío Sam (especie de narrador, y único con cierta ética, pese a su empeño en haber vivido en los EEUU), Goliat (el enano), o Xudeo (ex policía paralítico y propietario de la tienda en la que se luce el saxo), las prostitutas, los ladronzuelos… y sobre todo los padres del muerto. Ricos, fuera de lugar y miserables entre los miserables. Magnífico.