Jump to ratings and reviews
Rate this book

A novela do Bravú

Rate this book

208 pages, Paperback

Published November 13, 2025

Loading...
Loading...

About the author

Xurxo Souto

18 books6 followers
Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é escritor, músico, locutor galego.

Licenciado en Filoloxía Clásica. Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter sete libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla, xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas desta emisora.

No eido audiovisual dirixiu a serie de programas Repichoca, sobre música popular, para a TVE en Galicia; a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo, e o documental Dos gaiteiros do mar.

Alén de Os Diplomáticos de Monte-Alto, tocou -voz e acordeón- no conxunto "Os Tres Trebóns". Actualmente forma parte da "Banda Xangai".

En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguración da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.

Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (40%)
4 stars
4 (40%)
3 stars
2 (20%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for arroutada_.
192 reviews3 followers
May 12, 2026
que orgullo mamar galego dende nena e que orgullo poder retroceder no tempo dunha maneira tan molona como a través deste libro
canto poder, cultura, música e crítica social poden chegar a desprender unhas poucas páxinas?

"estou na lavadora,
estou na lavadora
ah, ah, sacaime pronto de aquí!"
Profile Image for Karan Novo.
1 review
January 14, 2026
pois moi chulo. historias que parece non quedaron gravadas en moitos sitios, e que son ben interesantes para comprender onde estamos agora e quen estivo antes.
1 review
May 3, 2026
non esperaba que manu chao saíse tanto no libro, pero aínda menos que saise Toño o do Leño de malpica
Displaying 1 - 3 of 3 reviews