Este libro sorprendeume moito. Foi un regalo do meu marido coa esperanza de que recuperara un pouco a ilusión polo meu traballo, a medicina.
Neste libro recóllese como nun lugar, un xestor acaba coa medicina de familia e a veterinaria, de xeito que todo colapsa e nos hospitales deben atender doenzas variopintas en especies interesantes como cando se enfrontan á gran epidemia das civetas agnósticas migratorias ou a sinapse do pulpo hiperemotivo.
Está escrito con moito humor e con moita imaxinación, non podes evita sorrir lendoo.
Peeeero, sempre hai algún pero e para min éche gordo, nótase a falta dunha edición profesional e tamén que hai moita imaxe xerada por IA (cousa que desaprobo con rotundidade)
É un libro que me acompañou nas idas e vidas no bus de camiño ao traballo e me fixo máis levadeiras estas últimas semanas.