Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua.
O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais). En 2011 publicou Todas as mulleres que fun, un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática erótica e de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica. Este libro foi finalista nos premios AELG e o último, "Diáspora do amor balea", escrito conxuntamente con María Rosendo, ganou o XII premio de poesía eróticaIllas Sisargas en 2017. Pertence ao colectivo As Candongas do Quirombo e á plataforma de crítica literaria feminista A Sega. Na actualidade é profesora na Università Ca'Foscari de Venecia (Italia).