Xabier Quiroga Díaz, nado no Saviñao o 9 de maio de 1961, é un escritor galego, irmán do tamén escritor Carlos Quiroga.
Licenciado en Filoloxía galega, é profesor de lingua e literatura galega no IES Laxeiro de Lalín. Colaborou na revista O Mono da Tinta que dirixía o seu irmán Carlos Quiroga e tamén na sección local do Faro de Vigo de Lalín. A súa primeira novela, Atuado na Braña, foi finalista do Premio Xerais en 2001.
Apeteceume lelo dende que o vin, polo diferente que me parecía ao ocorrer en Marrocos. O certo e que só unha parte ocorre alí e pareceume algo forzada, o mesmo que a historia de espías ou a última personaxe.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Xabier non defrauda e co seu estilo claro nos mostra os segredos, remorsos, dúbidas, experiencias e intrigas duns amigos que forzosamente se reencontran anos despois sen saber nada un do outro...