Unha marabilla de achega ao fenómeno da emigración galega cara a América. Un libro longo, aínda que ameno por estar dividido en varios destinos e contado a través de breves historias persoais de quen marchou, ás veces retornou, ás veces non, ás veces triunfou e outras moitas non. Imprescindible para coñecer Galicia, a que queda a este lado do Atlántico e a que se formou ao outro.
O libro ten historias incribles, pero un texto deste calibre ten que coidar un pouco máis a ortografía. A gran cantidade de erros que ten desconcentran da lectura
Encantoume. Normalmente non leo ensaio nin libros cun formato coma este posto que me resutan aburridos pero neste caso non foi así. O libro está moi ben estruturado con capítulos nos que se recollen as memorias por países e ao mesmo tempo, os relatos son breves e nalgúns casos, uns relaciónanse con outros. Fun sinalando un montón de capítulos que me resultaron realmente de interese e sobre os que estou segura que nalgún momento volverei. Ademais , aprendín moitísimo sobre a historia e a memoria da diáspora galega, algo tan significativo para a nosa nacionalidade e tan pasado por alto na maioría de manuais. Aínda sendo denso, é un gran libro e desfrutei moito coa súa lectura.
que forma máis bonita de achegarse a un dos grandes —e tráxicos— capítulos da historia de Galicia como é a súa diáspora, tan descoñecida para a maioría dos galegos.
«Éste vaise i aquél vaise, e todos, todos se van. Galicia, sin homes quedas que te poidan traballar. Tes, en cambio, orfos e orfas e campos de soledad, e nais que non teñen fillos e fillos que non tén pais»
Un libro que facía moita falta e que debería ser lectura obrigatoria nas escolas. Unha viaxe ás historias de milleiros de galegos e galegas que podería ser propia. Un percorrido polo que fomos, somos e poderíamos chegar a ser.