Jump to ratings and reviews
Rate this book

A vida a arder

Rate this book

202 pages, Paperback

Published October 20, 2025

Loading...
Loading...

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
1 (33%)
3 stars
2 (66%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for Ana Arias Castro.
296 reviews10 followers
April 25, 2026
Este libro de relatos de Abraham Pérez publicado por Galaxia recolle unha colección de historias que teñen en común o ton desesperanzado da vida en tempos de incerteza, protagonistas que viven momentos diarios nun ambiente urbano nunha vida anodina. Había tempo que tiña gana de ler algo deste autor e foi con A vida arder co que entro no seu mundo.

Non se nos presentan grandes momentos ou acontecementos extraordinarios senón que atopamos imaxes da vida diaria polo que non resulta difícil identificarse con moitas das historias pois a vida é así, intranscendente. Deume a impresión de estar vendo os relatos a través dunha cámara oculta, con diálogos moi verosímiles, un bo traballo lingüístico e resaltando a importancia da amizade e das relacións entre iguais.

Gustoume especialmente A vida a arder, o relato que dá título ao libro pois vemos a estes rapaces ociosos establecendo o seu lugar no mundo a través da súa propia relación e das decisións que toman, non sempre as máis correctas mentres que, aínda que eles non o saben aínda, están tecendo a estrutura da súa vida posterior.

O mesmo autor pasa a ser en Carta desde Seúl o destinatario da carta que lle envía S. Menez falando da súa infancia; esa infancia narrada por unha voz allea desde o recordo nomeado por quen compartiu aqueles anos.

Todo un exercicio de memoria doutro tempo, un conxunto de relatos cheos de referencias musicais e sociais que debuxan instantes que parecen verse con certa nostalxia, pese á súa cotiandade. Unha lectura interesante para ir coñecendo a este autor!
Profile Image for Marcos Tesouro Montecelo.
255 reviews4 followers
October 18, 2026
Vercón, onde hai de todo: mudanzas, rapazada, lembranzas, expresidiarios e outros personaxes máis onde cada relato nos mostra unha realidade da vida...
Displaying 1 - 2 of 2 reviews