Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que, consonte o investigado por Alba Rodríguez Saavedra, desde 1939, operaron e operan para manter afastada do noso sistema Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.
Alba Rodríguez Saavedra é tradutora, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. A súa tese, dirixida polo profesor Alberto Álvarez Lugrís, analiza a tradución e paratradución das entidades femininas senlleiras nas tradicións orais galega e irlandesa. En paralelo, investiga as achegas de Ruth Matilda Anderson en tradución ao sistema literario galego.