Jump to ratings and reviews
Rate this book

As malas ideas

Rate this book
Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede.
María Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.

344 pages, Paperback

Published March 12, 2026

5 people are currently reading
64 people want to read

About the author

María Solar

24 books20 followers
María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora do programa A revista fin de semana da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas de todos os xéneros como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo ou Os directos da Galega, entre outros. Ademais foi actriz de dobraxe.

Como autora, céntrase no público infantil. Ten publicado entre outros 'O Fillo do Pintamonas' (Tambre, 2010), 'Boa Sorte' (Baía, 2008), 'O tempo do revés' (Baía, 2008) e os libros divulgativos 'O libro do noso mar' (Lea, 1999), 'Ecoloxía na aula' (Lea, 1998).

No ano 2014 alzouse co Premio Lazarillo polo seu libro 'O meu pesadelo favorito'

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
9 (30%)
4 stars
15 (50%)
3 stars
4 (13%)
2 stars
2 (6%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
Profile Image for Xfi.
561 reviews89 followers
May 7, 2026
Unha boa lectura. Con moitas cousas para reflexionar, lectura áxil e con momentos moi divertidos.

Temos a Elías, un home que sacrificou toda a súa vida polo traballo, aínda que non se deu conta diso ata que chegou tarde o enterro do seu propio pai, a súa muller púxoo na rúa dun portazo mais sobre todo cando o botaron do traballo e perdeu seu estatus.

Podería ser una historia simple de personaxes planos pero Maria Solar sabe tecer unha rede de personaxes que non teñen por que caernos simpáticos nin obran sempre de forma adecuada.
De feito estou nun momento persoal que fai que personaxes coma o mesmo Elías ou Irene e o seu ex-marido me caian moi mal e a pesares diso o libro consegue que empatice con eles aínda que sexa polos pelos.



Gústame María Solar, A Culpa é unha gran novela e esta tamén o é. Seguireina con moito interese.

Profile Image for Lucía Nicolino .
83 reviews
April 21, 2026
A nota real serían 3,5 estrelas. Non é unha mala novela, a lectura e rápida e bastante entretida. Os personaxes van tecendo unha rede de relacións e iso configura a trama principal. Non se profundiza demasiado en ningún deles e algunhas historias como a de Irene/Amonet non me acaban de encaixar. Sen dúbida, non hai comparación entre esta novela e A Culpa, a cal me marabillou.
Profile Image for Ana Arias Castro.
219 reviews8 followers
March 25, 2026
Que boa idea a lectura de As Malas ideas, a última novela de María Solar publicada recentemente por Xerais.

Nesta novela as diferentes historias van confluíndo na figura de Elías, un produtor cinematográfico de éxito que vive nunha espiral de traballo e caos na que o urxente lle impide atender ao importante: os últimos días de seu pai e a súa morte, chegando tarde ao enterro, á súa muller Julia que o abandona por ese distanciamento que provoca saber que a outra parte non está igualmente implicada na relación, e todo nun momento crítico tras a crise dos váteres e dos memes sobre os mesmos nas redes.

A súa chegada a Ferrol supón a toma de contacto co piso de seu pai, unha viaxe no tempo e á vida de seu pai ...e de Ana, a muller sen papeis que atopa alí vivindo. E no piso descobre que hai moita xente que o busca, a súa veciña Irene que o busca para instalar un ascensor ao que se resistía Manuel, Mercedes, a única supervivente do grupo de amigos do pai e os membros da rondalla que presionan para conseguir o histórico libro de sinaturas co que supoñen que arramplou Manuel. Un montón de compromisos que intenta eludir e que pasan a un segundo plano no momento en que atopa unha bomba no faiado.

A súa vida complícase e cada unha das liñas vaise encerellando ata asfixiar a un Elías que está en proceso de reconsiderar a súas prioridades vitais. Gustoume moito a resolución das diferentes liñas argumentais e debo dicir que pasadas as primeiras páxinas tiven problema para pousar o libro pois estaba desexando ver como se resolvía.

O meu personaxe favorito claramente foi o de Mercedes, unha muller que desexa ser independente e que loita sempre polo que cre xusto.

Un precioso libro, moi ben escrito e con temas moi interesantes que dan moito que pensar: a vértixe de certos traballos que acaban por engulirnos, o edadismo, a relación cos pais, a idealización das vidas dos demais, etc.
Profile Image for Marina.
120 reviews5 followers
May 8, 2026
Gustaríame que o final foise algo máis extenso, sinto que quedaron cousas sin resolver. É unha lectura entretida e con reflexións moi boas. Merceditas, a mellor, directa ao corazón.
Displaying 1 - 4 of 4 reviews