Encantaríame ter a mente de Tamara Andrés para escribir un libro igual de interesante en formato e contido coma este. Neste libro tan breve atravesamos a vida enteira de Matilde Lloria, escritora en valenciano, español e galego, que foi esquecida de todos os cánon nos que escribiu a pesar da relevancia que tiña no cultural e no social durante a súa vida.
A base de fragmentos, este libro a medio camiño entre a poesía e o dossier de investigación, Tamara debuxa personaxes e a España do século XX dende un presente no que quere atopar información sobre Matilde para tamén atoparse a si mesma.
Un libro que se le en moi pouquiño tempo (40 mins), a medio camiño entre a poesía e a narrativa vai na procura dunha poeta “esquecida” do século XX. Un traballo de investigación que transmite a ansia por re-atopar unha autora perdida no espazo apátrida da migración.