Jump to ratings and reviews
Rate this book

Pacto de silencio

Rate this book
Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as ameazas á xente da súa contorna multiplícanse e as sombras do «Caso Compostela» revelan unha rede de narcotráfico, corrupción e deslealdades que conecta o presente co pasado. A hostilidade policial, a relación cos veciños da vila e as súas propias obsesións obrigan a Sofía a tomar decisións moi difíciles para intentar coñecer a verdade do acontecido.
Na súa primeira novela, Ana Viéitez proponnos un thriller psicolóxico trepidante, unha historia de vinganza, amor e xustiza, onde romper o pacto de silencio pode supoñer as peores consecuencias.

376 pages, Paperback

Published May 21, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Ana Viéitez

1 book4 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
20 (51%)
4 stars
13 (33%)
3 stars
3 (7%)
2 stars
3 (7%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 11 of 11 reviews
Profile Image for minniemouri.
3 reviews
Review of advance copy received from Author
May 15, 2026
Tiven a sorte de poder ler esta MARABILLA un pouco antes que o resto dos simples mortais, e nunca na miña vina lin -nin lerei- un libro tan rápido e con tantas ganas como este. O hype era enorme, pois unha autora que lé tanto e recomenda lecturas tan especiais só podía escribir algo moi moi especial, e así foi.
Amei a historia dende o principio. Un misterio do que só queres saber máis e máis, e que por moitas teorías ou sospeitas que teñas, consigue sorprenderte. Unhas persoaxes súper ben construidas, fieis ao seu, e ás que lles colles tanto cariño que levaríalas á túa casa a darlles unha sopita quentiña (mención especial a Fita, necesitamos un spin off da súa vida). Un ritmo de lectura moi rápido, con capítulos breves e que non podes deixar de ler porque sempre queres saber qué pasa no seguinte. E, por suposto, un humor (propio da autora, jeje) co que podes botar unhas gargalladas ao ler certas anotacións da narradora ou saídas das propias persoaxes.
En resumo, recomendo moitiiiiisimo e estou desexando xa coñecer outras historias escritas por Ana Vieitez. ❤️
Profile Image for el_rincon_de_la_lectura_de_ele.
538 reviews33 followers
Read
May 14, 2026
5+⭐

⭐️ RECENSIÓN SEN SPOILERS ⭐️

Non sei nin por onde empezar porque este libro ENCANTOUME 🫶🏻

Foi un thriller totalmente adictivo, deses que che fan dicir “un capítulo máis” e cando te das conta son as dúas da madrugada e segues lendo porque NECESITAS saber máis. Facía moitísimo tempo que non me pasaba isto cun libro.

É unha historia que te engancha dende o principio, que che fai desconfiar de todo o mundo e facer cábalas constantemente. Pasei toda a lectura creando teorías na miña cabeza 👀

As persoaxes están moi ben construídas e, para min, iso fai que todo sexa aínda máis inmersivo. Houbo persoaxes ás que quería abrazar e outros aos que, bueno, mellor non digo nada 🤭

Quero agradecerlle infinitamente a @edicionsxeraisdegalicia o envío sorpresa deste exemplar. Recibir un libro sempre fai ilusión, pero atoparme ademais cunha historia que desfrutei tantísimo foi unha sorpresa aínda máis grande 🥹

E quería engadir que me sinto moi afortunada e privilexiada por poder lelo antes da súa publicación, porque este libro sae á venda o vindeiro 21 de maio e sinceramente penso que @toxinho_books vaino petar MOITÍSIMO 💥

Así que ide falando coa vosa libraría de confianza porque teño a sensación de que este libro vai voar, logo non digades que naide vos avisou 🙈
·
#gústamelerengalego
#pactodesilencio
#anaviéitez
#librocincoestrelas
#asísí😊
Profile Image for María (Auguibooks).
566 reviews12 followers
May 25, 2026
Sigo a Ana desde fai bastante tempo e sempre disfruto das súas recensións, que me descubriron algún libro mais que interesante e fixome moita ilusión enteramente da publicación da súa primeira novela. E menudo debut, amiga.

Nun monte de Deva aparece o cadáver de Álex e Sofía, xornalista e coñecida del, comeza unha investigación que a levará a ter que enfrentarse a pantasmas do pasado xunto co seu grupo de amizades e compañeiros de traballo .

A nivel narrativo a novela ten moito ritmo, con capítulos cortos , moito dialogo e unha trama ben construida que te mantén en vilo todo o tempo. Fixen mil teorías pero bien acertei, para non variar 😂

As personaxes están moi ben definidas e coido que todo o mundo se vai a namorar de Fita , a mellor veciña que che pode tocar ter. Coido que imos montar un club de fans jajaj.

A ambientación está moi ben e o final...pois redondo. Moi ben pensado e executado. Sen artificios.

Paréceme increíble que este sexa o primeiro libro da autora porque é unha novela solvente, un thriller psicolóxico sinxelo e efectivo. Noraboa, Ana! Moitos éxitos e a seguir escribindo!!
Profile Image for Noa González.
68 reviews2 followers
May 25, 2026
esta novela é un thriller moi ben construído que atrapa dende o principio. Conecta todos os feitos de forma que non queda ningún fío solto e constantemente crea xiros na trama para sorprender os lectores e lectoras e romper coas súas expectativas.


gustoume especialmente que ao tempo que narra as investigacións afonda en temas máis emocionais, como o amor e a liberdade, e mostra dilemas morais sobre a xustiza.
Profile Image for Tania.
78 reviews3 followers
June 6, 2026
Cando Alejandro Seoane aparece asasinado no monte ninguén parece demasiado triste nin demasiado sorprendido, porque aínda que nadie di nada Deva é un pobo pequeno e nel todo se sabe. 𝑷𝒂𝒄𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝒔𝒊𝒍𝒆𝒏𝒄𝒊𝒐 comeza coa morte deste mozo, o que da lugar a unha investigación perigosa a varias mans que vai remover o pasado e as vidas das persoas que directa ou indirectamente formaron parte do "Caso Compostela".

Por unha banda, coñecemos a Sofía, xornalista retirada deste tipo de investigacións, pero a quen o caso lle toca no persoal e decide colaborar. É, ademais, ex amiga do defunto. Por outra banda, temos a Irene e a Iago, tamén xornalistas e compañeiros no mesmo Diario da anteriormente mencionada. Separados son bos pero xuntos son os mellores. Logo atopámonos coa policía, quen quere aos tres ben lonxe de calquera tipo de pescuda, e vai poñerlles as cousas moi difíciles para conseguilo.

Contamos ademais con outras personaxes importantes, sendo sobre todo destacable Aloia, quen está no cárcere dende fai oito anos por unha morte que non cometeu. Pouco a pouco iremos vendo como a trama que a levou a ela a estar baixo a sombra se relaciona directamente con este novo crime.

Que dicirvos de 𝑷𝒂𝒄𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝒔𝒊𝒍𝒆𝒏𝒄𝒊𝒐… É un thriller psicolóxico que ademais de darnos todo o que estes libros soen darnos -intriga, enganche, desconfianza, sorpresa,...- tamén nos achega outras cousas igual de boas, como facernos reflexionar arredor da lealdade que lles profesamos ás amizades, da necesaria rotura do pacto de silencio tradicional que a tantas persoas -a gran maioría mulleres- lles truncou a vida, da xustiza e incluso da liberdade.

Esta é unha historia sobre cambiar o pacto de silencio de bando e tamén sobre a amizade e o amor. Unha que provoca que queiras seguir lendo ata altas horas da madrugada, que fai que te encariñes enormemente coas súas protagonistas e que logra que formes parte tamén da investigación, sospeitando absolutamente de todo o mundo.

Podería dicir moitas máis cousas deste libro, e todas boas, pero daquela non acabaría nunca esta recensión, así que limitareime a rematar deixando claro que para min é un debut excelente, e que estou desexando ler a próxima obra coa que nos agasalle a autora.
Profile Image for Ana Arias Castro.
252 reviews8 followers
Review of advance copy received from Publisher
May 17, 2026
Despois de varios días de lecturas rematei esta fin de semana Pacto de silencio de Ana Viéitez, unha novela publicada por Xerais e que sairá esta semana á venda pero que tiveron a ben agasallarme para a súa lectura.

En Pacto de silencio atopamos un thriller deses que nos enganchan desde as primeiras páxinas e no que imos buscando entre os diferentes personaxes o candidato a culpable dos crimes.

Hai nove anos, un home apareceu morto e, como consecuencia, Aloia acabou no cárcere acusada do homicidio. Álex saíua impune daquela, algúns outros implicados no Caso Compostela xa foron saíndo no cárcere e para Sofía, Xiana, Irene e Iago urxe investigar a relación dese crime coa cruel morte de Álex recentemente. Teñen medo pola seguridade de Aloia e pola do resto dos membros deste grupo. Sofía, que é xornalista, busca resolver este crime empregando calquera medio dispoñible pero conta coa desconfianza da inspectora que non llo ha poñer nada fácil.

Os diferentes narradores vannos dando múltiples perspectivas que, capítulo a capítulo, non nos permiten pousar a novela. Os capítulos son breves e os diálogos áxiles e ben construídos, algo que axuda moito ao ritmo. Diría que o único que botei en falta nalgún momento foi unha listaxe de personaxes a fin de evitar ter que volver atrás na historia pero, polo demais, esta é unha novela clásica de investigación, na que o lector se ve completamente atrapado e a resolución final resulta inesperada (ou polo menos así foi no meu caso).

O personaxe que máis me gustou? Desde logo Fita, unha muller do máis interesante e que é a única que consegue ver á Sofía real que loita pola súa amiga e coa que se establece unha bonita relación a pesar da diferenza de idade.

Dá gusto ler obras debut coma esta que nos fan esperar moitas cousas boas da autora para un futuro!
Profile Image for Cande.
19 reviews8 followers
June 24, 2026
📖 Pacto de silencio (5⭐️) de Ana Viéitez foi un deses libros que, cando os rematas, sentes a necesidade de volver ao principio para entendelos dunha forma completamente distinta. Gustoume tanto que se converteu en relectura nada máis rematalo, algo que me ocorre en moi poucas ocasións.

Dende as primeiras páxinas, a autora consegue crear unha atmosfera de misterio que te mantén completamente atrapada. Desas historias nas que sentes que hai algo que non encaixa, algo agochado baixo a superficie, e precisas seguir lendo para descubrilo. E canto máis avanzas, máis difícil resulta deixar o libro.

Pero para min o máis interesante da novela é a súa mirada sobre os pactos de silencio, sobre esas alianzas masculinas que se constrúen para protexerse entre si e sobre as consecuencias que teñen para todas as persoas que quedan atrapadas arredor delas. Hai moita crítica social nestas páxinas, pero tamén moita rabia. Unha rabia profundamente feminina que atravesa toda a historia e que se sente en cada revelación.

Ademais, é unha novela tremendamente ben construída. Cada detalle ten sentido, cada peza ocupa o seu lugar e chega un momento no que todo comeza a encaixar dunha forma maxistral. Daquelas lecturas que che fan pensar que estaba todo aí dende o principio e non o viches.

E se hai un personaxe que vou lembrar durante moito tempo é Fita. Sen dúbida foi o meu favorito. Daquelas personaxes que teñen luz propia e que conseguen quedarse contigo moito despois de pechar o libro.

O final foi exactamente o que necesitaba esta historia: intenso, impactante e perfectamente pechado. Cando chegas á última páxina entendes por fin o sentido de todo o que liches antes.

Sen dúbida, unha das miñas mellores lecturas do ano e unha novela debut que me deixou completamente impresionada. Noraboa querida Ana, entras pola porta grande e eu xa estou desexando ler todo o que escribas despois. 💜📚
149 reviews1 follower
July 20, 2026
Cando aparece un morto no pobo de Deva, Sofía descobre que un dos que fóra do seu grupo de amigos dende pequenos é o falecido. Ela empezará a investigar ata que é apartada do caso polo xefe do periódico no que traballa. A partir dese momento empezamos a ver diferentes puntos de vista que nos farán enterarnos de qué pasou hai oito anos e entender que está a pasar na actualidade.

Tendo en conta que é o primeiro libro de Ana, estou alucinada. Ten un ritmo trepidante, engánchate as súas páxinas e queres seguir lendo para entendelo todo. Ademais os capítulos son curtos, pero aínda así conteñen a información suficiente para facerche pensar cara onde vai todo. Leva diferentes temas por diante: o narcotráfico en Galicia, a forma de tratarse nun pobo ou aldea, a vida no rural, a amistade e a lealdade... Ademais poder ver diferentes puntos de vista e de tempo fan que vaias xuntando as pezas dun puzle pero ainda asi o final sorprende. Sen dúbida, creo que vai ter bo percorrido se sigue escribindo así.
Profile Image for Laura Sanz.
3 reviews1 follower
Review of advance copy received from Author
April 25, 2026
Tuve la suerte de ser de las primeras personas en leer este libro y sólo puedo decir que wow 🙂‍↕️

Debo decir que no leo mucho thriller y como gallega de primera generación no leo mucho en gallego, y creedme cuando os digo que NO podía soltarlo y que las páginas volaronn

El ritmo de narración es ✨perfecto✨, en ningún momento se hace ni lento ni pesado ni precipitado ni ná, es que este libro todo de lo da justo cuando lo necesitas

(Por cierto hay mejor ambientación para un thriller que el otoño en Galicia??)

Los personajes son humanos y cercanos y me encanta que realmente tienes la sensación de que podrías encontrártelos en el autobús haciendo de las suyas cualquier día de estos (son mis bbs los quise mucho a todos)

Y no voy a decir nada del final solo que jaja y que estoy deseando ver si fui la única que se quedó tonta (no lo voy a ser)

Desde luego me quedo deseando saber qué más nos depara la autora 👀 (sufrimiento, yo sola me respondo)
12 reviews
July 19, 2026
Custoume un pouco esta novela. Tiven q ir páxinas adiante e páxinas atrás en varias ocasións por mor de ter tantos personaxes, e xa non saber quen era quen. O final non me convence. Da sensación de q blanquea o asasinato. Amor si, pero en ningún caso un crime terá xustificación. Regu.
Profile Image for Carla Campo.
483 reviews9 followers
July 1, 2026
Primeira novela que publica a autora e seguro que non será a última porque coido que está a ser un exitazo!

A historia empeza cun morto e unha periodista, Sofía, que o coñecía e, por tanto, non pode investigar (oficialmente) a súa morte. Ambos formaban parte, na súa xuventude, do mesmo grupo de amigos, pero, nalgún momento e por algún motivo que non coñecemos, ese grupo se desfixo e xa non son amigos entre eles (ou, polo menos, non todos). Así que iremos vendo cómo se chegou a eso e, sobre todo, averiguando quen matou a Álex.

Hai que dicir que, para ser a primeira novela da autora, está moi ben escrita, ben fiada, e os personaxes están ben construidos. Nótase que lles deu vida propia e os deixou evolucionar segundo eles mesmos lle pedían. E así nos levan a un desenlace con sorpresas que non é doado agardar.

É un libro que se le moi ben e que a propia autora di que pode ser unha boa primeira aproximacion ó thriller, co que estou de acordo.

Ademáis, puiden coñecer á autora e saber un pouco mais de cómo se xestou este libro na presentación que fixo en Campus, así que a experiencia foi completa. E xa sei que pode haber outro libro…
Displaying 1 - 11 of 11 reviews