Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
A verdade é que gustoume moita esta primeira parte. É unha novela moi interesante e ademais aprendín moitas verbas nomas.
Frases para a lembranza: - "Coma a lúa guía o sol para que volva ser día, os soños do corazón guiarante na vida". - "Non hai necio maoir ca o que ignora a necesidade do medo, pois sen el non hai valentía".