Non está mal e a edición a verdade e que é preciosa, incluso trae unha carta tipo tarot da morte. O libro é un percorrido sobre distintas referencias, historias e visións culturáis sobre o final inevitable, a morte. Xa sabedes, en cen anos todxs calvxs; onde te ves, eu xa me vin e onde me ves, te verás. A recopilación é curiosa e ten datos que molan pero non é un estudo antropolóxico nin moito menos, é divulgación para ler no bus ou tranquilamente no baño; se disfruta e se aprende, que xa é moito máis do que sacarás en instagram.