Jump to ratings and reviews

As humidades

A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura. Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza silenciosa, unha complicidade feita de miradas e agarimos, decididas a que non sexa tan doado reinventarse sen asumir as consecuencias. Esta novela esculca no sórdido e no tenro, na crueza e na delicadeza. Un relato poderoso que nos lembra que detrás das portas dunha familia aparentemente común pode agocharse unha violencia invisible e unha forza inesperada disposta a romper o silencio.

238 pages, Paperback

Published March 17, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Alba Tomé

1 book1 follower

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
23 (39%)
4 stars
23 (39%)
3 stars
10 (17%)
2 stars
1 (1%)
1 star
1 (1%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for Paula Rodríguez.
53 reviews1 follower
April 5, 2026
Admiro a Alba dende que a coñecín. Seguramente foi unha das persoas ás que lle teño que agradecer entender o feminismo como o entendo hoxe en día, e tamén a política en xeral. Non hai artigo que escribise ela que non me gustase, e este libro non ía ser menos!

Que sorte poder ler un libro dela e que, obxectivamente, sexa tan bo. O xeito no que invita a reflexionar sobre as contradicións das relacións humanas e a forma na que sinto á señora Azucena como unha avoa……. Algún día escribirei a metade de ben que esta tía (e sentireime a persoa que mellor escribe do mundo) 😮‍💨
Profile Image for Ana Arias Castro.
270 reviews8 followers
April 3, 2026
Esta novela de Alba Tomé, As humidades, foi finalista o ano pasado do Premio Illa Nova de novela e aparece agora publicado por Galaxia na colección Literaria Ronsel.

Atopamos unha novela impecablemente escrita na que a autora desenvolve as relacións tóxicas que se producen dentro da familia da narradora. Ao casar Paulo instálase coa familia de súa muller na Surca, en Vilagarcía, e desde aí toma o control da familia de forma absurda ás veces, aparentemente normal outras e controladora sempre. Neste ambiente a reacción dos diferentes membros varía. Aparece entre as mulleres unha sororidade que permite sortear as dificultades pero cada un responde dunha forma diferente: a señora Azucena loitando cos seus limitados medios, a nai cunha sumisión case total, Luci, a irmá, sen ser quen de ser ela mesma e a narradora acumulando esa rabia ante unha inxustiza que cada vez se fai máis palpable ao longo dos anos.

Paulo, o pai consegue manter unha certa boa imaxe pública desde a súa profesión de músico que finalmente lle permite entrar en política. De cara a fóra é unha persoa mais dentro da casa é o de sempre, controlador, maltratador e cun punto narcisista pero a protagonista non vai deixar pasar as cousas tal e como nos demostra o xiro final da novela.

Dá gusto ler unha novela tan ben escrita e que nos presenta tantas facetas diferentes do maltrato e da violencia de xénero e como afectan a diversos perfís. O desenlace sorprendeume enormemente e, en conxunto, esta novela faime desexar ler máis de Alba Tomé.

Para min non é o primeiro contacto con esta novela dado que tiven o privilexio de estar no xurado do Premio Illa Nova do 2025, polo que xa coñecía o bo facer da autora. Alégrome enormemente, polo tanto, da publicación desta novela debut da autora e foi un pracer podela ler de novo xa publicada.
2 reviews3 followers
April 15, 2026
Un libro que engancha. Una lectura cruda que muestra una realidad tan violenta como mágica. Hay momentos de una gran tensión que te obliga a no dejarla a medias. Muy recomendada para cualquier edad y contexto vital, sin duda no deja indiferente.
Profile Image for Jesús R.
13 reviews
April 1, 2026
Podría escribir tantas cosas que no sé ni por dónde empezar. Con toques de meigas galegas y lucha incansable por valores, creencias y contra las injusticias, Tomé nos cuenta cómo transcurre la vida de dos hermanas pequeñas frente a un ente violento y maltratador. Por suerte, no estarán solas, sino que existirán fuerzas que las ayudarán a sobrellevar este duro trago que les ha puesto por delante la vida. El contexto político a lo largo de la obra es evidente, y a través de este, lo que más me ha gustado es el punto “políticamente incorrecto” de la protagonista. Deseando que se traduzca al castellano para poder regalarlo a mis amigas de fuera, ya que seguro que les va a encantar!
Profile Image for Adrián Noia.
Author 5 books3 followers
June 19, 2026
Fascinante. A crudeza deste libro é un dos seus puntos fortes. Non sei como definilo, a violencia contida nel atravesoume e, ao mesmo tempo, tamén a sentín moi propia, moi evocadora, veraz...
Sen dúbida, é un dos mellores libros que lin. Parabéns, Alba, por unha opera prima tan extraordinaria. Téñoche envexa (da boa).
1 review
August 14, 2026
MARAVILLOSO. Lo recomiendo encarecidamente.

Narra una problemática que sucede dentro de las casas de una manera muy diferente. Ojalá todos los adolescentes lean este libro para que se conciencien.
Profile Image for Sara Ou.
31 reviews
June 2, 2026
Un relato crudo sobre la violencia y las contradicciones en la familia, relatado desde el punto de vista de una niña, pero con mucho trasfondo social y político. Muy necesario.
Profile Image for Raúl.
168 reviews4 followers
May 23, 2026
3,5*. É un libro bo, cunha mensaxe potente. Porén, a violencia do libro e a dureza do relato facían que me abstraese, en ocasións, da lectura. Tiña que parar cada pouco, deixar o libro a un lado e respirar. Por iso, tardei tanto tempo en terminar de ler a novela. Entendo que a violencia preséntase como o eixo da historia, pero a min é un tema que me incomoda. Lede con coidado se vos pasa o mesmo.

Gustoume o ecosistema familiar formado polas irmás e a avoa, así como o esoterismo que atravesa o libro. Pareceume orixinal e interesante.

Unha cousa que non acabou de convencerme é a escrita da autora. É indiscutible que está ben escrito e que hai unha construción do discurso impecable, pero penso que é unha novela extremadamente ornamentada. Hai moita metáfora, moita descrición que quizais non é necesaria… Sei que hai persoas que lles encanta este estilo literario, pero a min fai que me produza ruído.

Sobre o último capítulo. Nunha presentación do libro, Alba dicía que o xurado do Premio Illa Nova lle comentara que non foi ben recibido e que non gustara tanto tendo en conta a obra no seu conxunto. Entendo esta reacción, pois é un capítulo que delata un sistema político absurdo. Ben é certo que esa é a primeira parte do capítulo, pois a segunda é, para min, moi necesaria e pecha un ciclo de vinganza e violencia.

En xeral, é un libro interesante, unha ópera prima que deixa con bo sabor de boca. Quitando as cousiñas que fun comentando, este libro merece completamente a pena.
Profile Image for Jaime Figueira.
6 reviews3 followers
April 24, 2026
Unha novela que doe e absorbe ó mesmo tempo. Sentín a maxia, a angustia, a aventura de comprender e a desgraciada cotidianidade do relato en cada páxina. Dende unha comarca do Salnés profundamente presente, viva e recoñecible, Alba constrúe un relato íntimo con sensibilidade, intelixencia e unha voz imposible de olvidar.
Displaying 1 - 9 of 9 reviews