Jump to ratings and reviews
Rate this book

Boundaries Road

Rate this book
Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos despois, Cecilia volve a aqueles días movida pola memoria dun obxecto, pola forza da nostalxia. Cunha prosa sensorial e exuberante, «Boundaries Road» é unha novela sobre o baleiro e a alienación urbana, un estudo lúcido e lúdico sobre os lugares que ocupamos e nos ocupan, sobre as múltiples capas que agocha a pel humana.

272 pages, Paperback

First published June 4, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Cecilia F. Santomé

7 books3 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
1 (14%)
3 stars
4 (57%)
2 stars
2 (28%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for Raúl.
173 reviews4 followers
June 14, 2026
3,5*.

É un libro interesante que expón un xogo literario a través da súa estrutura. A autora presenta tres partes que poden lerse de forma independente, pero que en conxunto teñen coherencia e crean este libro.

Teño que dicir que me gustou e entrei de cheo neste xogo tan interesante que propón Cecilia. A primeira parte engancha, entras moi dentro da historia e do espazo que propón a autora. Porén, coas outras dúas partes non acabei de conectar tanto e a súa lectura custoume un pouquiño.

Con todo, é un libro que presta, que está moi ben escrito e que conta cunha estrutura diferente que sorprende. Unha novela que fala moito dos espazos que ocupamos e como estes dialogan con nós, onde a pintura ten un gran protagonismo.
Profile Image for Ana Arias Castro.
281 reviews9 followers
October 11, 2026
Hoxe rematei Boundaries Road de Cecilia F. Santomé e publicada por Xerais, a última novela coa que nos sorprende agora a autora. E digo que nos sorprende porque esta novela é moi innovadora formalmente.

Boundaries Road preséntanos tres partes que están interconectadas pero que case poderían lerse de forma independente. Na primeira Cecilia busca e atopa unha habitación en Londes e acaba atopándoa na casa de Nathalie, Tom e Tobby. Na segunda parte a protagonista loita por datar un Picasso que pouco a pouco vai situando sen acabar de atopalo en ningún catálogo que manexa. Finalmente a parte final está centrada na historia familiar dunha familia Exipto-británica.

É esta unha novela introspectiva que invita a unha lectura lenta e reflexiva. Como a vida mesma as historias non se pechan completamente senón que van quedando flocos. Iso si, as diferente liñas da trama están interconectadas e remiten a vivencias moi recoñecibles: a dificultade de expresarse e comprender cando non se manexa o idioma, a.comunicavión real na parella, as diferenzas culturais, a necesidade de saber e de fabular a partir dos elementos que imos atopando, así como a identidade ou a dureza de ser estranxeiro.

Destacaría a atención ao detalle da novela e así como a capacidade para describir as sensacións e a percepcións dos personaxes. En definitiva, atopei unha novela formalmente moi audaz, con capítulos só levemente conectados entre si, pero deliciosamente ben escrita e que presenta moitas preocupacións da nosa sociedade actual. Un libro para unha lectura repousada e reflexiva.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews