Hai un gran traballo de documentación do autor sobre as dinámicas das rodaxes e o equipo técnico. E entendo o concepto e a crítica que quere facer, pero creo que se dilúe un pouco.
Penso que se centra demasiado na rodaxe e pouco nas personaxes. Aínda así, o libro é moi áxil e gustoume o detalle de inserir fragmentos do guión do filme, pois aporta detalles e fai que o lector recrea a escena na súa cabeza.