Esta obra aborda unha cuestión imprescindíbel para comprendermos o mundo de hoxe, especialmente nun contexto en que, a cada pouco, novos acontecementos de grande impacto no ámbito internacional nos sobresaltan e deiran por terra certezas que parecían inamovíbeis. Falar hoxe de imperialismo é falar dunha realidade presente que debemos entender para comprender tamén como afecta ou pode afectar a nosa vida cotiá. O libro analiza o imperialismo actual e o papel da OTAN como instrumento dos Estados Unidos nun momento en que esta potencia tenta soster unha hexemonía en declive. Examina, ademais, a chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar, revelando o que se oculta tras estes discursos. Aliás, busca desmontar mitos e abrir o ollar a outras realidades de que case non se fala, en que diferentes países tecen alianzas para construír relacións internacionais baseadas no diálogo e na cooperación, frente á lóxica da imposición. Unha obra que cuestiona a idea de que vivimos no mellor dos mundos posíbeis e defende que, hoxe máis que nunca, a alternativa ao imperialismo pasa pola defensa da soberanía dos pobos.
Como dixo a grande María Renard, 'Most of what's bad in the world is because of stupid old men!'
Espero que a xente vaia virandolle o bico ao imperialismo dunha vez por todas, e que a UE, os terroristas EEUU e o ilexítimo estado xenocida de Israel sucumban e desaparezan dunha vez por todas
Libro super necesario nestes momentos, moi ben explicado todo e axeitado tanto se non controlas moito de xeopolítica como se sigues a actualidade. O libro está escrito de forma clara e concisa e pódese ler todo seguido como fixen eu ou ir alternando os apartados con outras lecturas se crees que se che vai facer pesado, aínda que o dubido.