Jump to ratings and reviews
Rate this book

Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño

Rate this book

244 pages, Paperback

Published April 15, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Ana Romaní

21 books2 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (75%)
4 stars
1 (25%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for unollarmeu.
90 reviews7 followers
May 22, 2026
Volvo despois dunha semana de parón total por culpa dos exames (pero volvo!).

Este libro lese solo, e esto, tendo en conta que é unha biografía e non unha obra narrativa, xa me parece un puntazo. Desde o meu punto de vista non quedou como literatura para a ocasión (para as Letras) nin vai quedar só neso de cara ao futuro. Penso que a rede que se desprega nesta obra pode dar pé a moitas lecturas e achegas á figura de Begoña Caamaño seleccionadas con equilibradísimo coidado.

A miña Begoña favorita debería ser a narradora, e non obstante non o é. A miña preferida é a xornalista e a aventureira, pero mentiría se non dixera que despois de ler esto todas me interesan en gran medida.

O que si, despois de ver a presentación e agora que a USC (que apreta pero non afoga) me deixou rematalo aínda me custa crer que o formato epistolar non fose empregado a propósito, pois o ton dos afectos entre as voces narradoras por si só recorda continuamente ao pracer do azul daquela Circe e da Penélope situada entre a rosaliana e a de Xohana Torres.

Paréceme un traballo difícil facer unha descrición obxectiva especialmente cando o vínculo coa protagonista é persoal ademais de profesional así que, sen duda, creo que merece un gran aplauso.

Unha última liña para decir que disfrutei moito a combinación entre a perspectiva de poeta e xornalista xunto coa de profesora e crítica literaria.

Moi moi recomendado para achegarse á figura da homenaxeada de maneira algo distinta ao habitual.

P.S.: se non tendes outra responsabilidade devórase nunha tarde facilmente!
Displaying 1 of 1 review