Jump to ratings and reviews
Rate this book

Espantallo Amigo

Rate this book
Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos.

Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces.

Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e acaba por vestilo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Ata lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Así naceu Espantallo.

96 pages, Paperback

First published January 1, 1971

1 person is currently reading
8 people want to read

About the author

Xosé Neira Vilas

95 books17 followers
Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega.
Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
7 (46%)
4 stars
5 (33%)
3 stars
2 (13%)
2 stars
1 (6%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Jo March.
210 reviews34 followers
September 15, 2020
Non fagades moito caso das datas de lectura. Lino tantas veces que nin me lembro, e seino case de memoria. Un dos libros da miña infancia, e antes da de meu irmán, e mesmo da de miña nai.
Un clásico da literatura infantil galega, recomendado a todos os nenos da nosa terra. Se os homes se parecesen un pouco ó espantallo amigo, todo iría moito mellor.
31 reviews
September 9, 2020
A short story about being friends with everybody, fulfilling your life mission and self sacrifice for the greater good. Utopian at best, in a world void with egoism and care about self only. It would be nice, but we humans are not capable of such deeds, even if our life depended on them; and it does.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.