Jump to ratings and reviews
Rate this book

Cóntocho con palabras

Rate this book
Chámome Tano porque o meu pai é de Bueu e a miña nai de D-Town, Pennsylvania. Como a miña nai elixiu onde ían vivir, ó meu pai quedoulle o consolo de poñernos a min e ós meus irmáns Xaquín e Aloia uns nomes que temos que soletrear unhas dez veces cada día.

Como vedes, eu falo galego. O galego é fácil, aínda que non coñezo todas as palabras. Se estamos en Bueu e non sei como dicir algo, o meu pai axúdame e xa está. Ás veces nin el sabe, e entón non me queda outra que deixalas en inglés.

No meu libro explico todo iso e conto como é o meu día a día: os meus homies, os vídeos que vexo, os concertos, os coches que me prestan e os negocios que penso montar algún día. Tamén que non é o mesmo un friend ca un homie, e por que as chancletas son o mellor invento da historia.

O meu pai di que as palabras son importantes, por iso escribiu isto comigo. Eu preferiría facer vídeos, pero en fin. Non está mal tampouco. Cando rematedes o libro, xa podedes vir visitarme. Pero traede chancletas.

113 pages, Kindle Edition

First published May 1, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Anxo Otero

1 book

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
1 (33%)
3 stars
2 (66%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 1 of 1 review
Profile Image for Lara.
472 reviews13 followers
September 30, 2026
unha obra curtiña e rápida de ler sobre a vida diaria dun adolescente. aínda que se especifica que o labor de plasmar as palabras no papel foi cousa do pai, pódese sentir a voz do fillo perfectamente. algunhas cousas xa me quedan lonxe por iso de ser xa unha persoa adulta e iso, pero outras fixéronme pensar "buff, que real" ou sentir unha especie de nostalxia pola miña propia adolescencia. o feito de que Geometry Dash siga sendo popular dáme a vida. o de *transición tuff* para os top 5 fíxome máis graza da que me gustaría admitir, puiden imaxinarme perfectamente como se vería iso nun vídeo.

o que non esperaba era aprender cousas sobre a vida diaria estadounidense? mira que estou moi chronically online e teño un C1 en inglés, esas partes do libro sobre internet e slang serán máis educativas para outra xente, pero houbo certas cousas sobre festividades, rutinas e (sobre todo) comida que descoñecía. como moito tiña o leve recordo dalgunhas cousas, pero lelo activamente dende o punto de vista dalguén que o vive e que é a súa realidade é moi distinto. definitivamente Estados Unidos é un país que existe.
Displaying 1 - 1 of 1 review