Jump to ratings and reviews
Rate this book

Os tres nomes da Sartegua

Rate this book
Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua». Entre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito.

En «Os tres nomes da Sartegua» Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.

232 pages, Paperback

Published September 3, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Alberto Mancebo

3 books9 followers
Alberto Mancebo (Vimianzo, 1983).
Estudou Xornalismo en Santiago de Compostela e en 2004 comezou a traballar na Televisión de Galicia. Na canle pública, é presentador de informativos, pero tamén exerceu como correspondente internacional e enviado especial.

«Os tres nomes da Sartegua» (Xerais, 2026) é a súa terceira novela publicada, despois de «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) e «Indolente» (Xerais, 2024), coa que gañou o Premio Manuel Lueiro Rey.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
8 (80%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
1 (10%)
2 stars
0 (0%)
1 star
1 (10%)
Displaying 1 - 1 of 1 review
Profile Image for Piña McPíñez.
119 reviews477 followers
October 1, 2026
Me ha encantado, súper enganchado desde el momento uno. Me esperaba un As Bestas o incluso un Midsommar pero me ha gustado ver como se desarrollaba. Un buen chisme de pueblo como los que a mi me gustan. Que la Sartegua me guarde.
Displaying 1 - 1 of 1 review