En Lunaria, humanos e teriántropos conviven baixo unha suposta paz. Cada dezasete anos, cando as carricantas agroman da terra, celébrase o Sorteo dos Primoxénitos, o que significa que comeza a cacería. Kiran Lobo, fillo dun humano e dunha lince boreal, foi adestrado para sobrevivir ao Rito dos Condenados: cinco días no bosque fuxindo de cinco bestas. Mais Kiran leva dous anos soñando con ese momento. Por iso sabe que algo está a piques de cambiar. Mentres o frío da Fabricante de Invernos avanza en silencio e os corazóns se conxelan, Kiran terá que decidir quen é realmente. Porque en Lunaria amar pode ser máis perigoso que matar.
Ledicia Costas es una escritora gallega. Estudió en el instituto de Beade (Vigo) y publicó varios libros como Esmeraldina, a pequena defunta. Empezó a escribir con 12-13 años y tanto le gustó que siguió escribiendo.
Su primera publicación fue la novela Unha estrela no vento en 1999.
En 2015 obtuvo el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta, obra en la que hace gala la tradición gallega de la muerte, con gran sentido del humor.
Unos meses después gana el Premio Lazarillo 2015 por su obra Verne y la vida secreta de las mujeres planta, publicada por la editorial Anaya, donde hace un homenaje al autor de los libros de aventuras.
edit: baixo de 4 a 3,75 porque canto máis o penso máis sinto que o romance foi insta love de máis e baixou o desfrute que tiven con este libro, por moito que estivese locked in na primeira metade do mesmo.
que historia máis aditiva. a única razón pola que non a rematei antes é porque non atopaba tempo para pórme a ler. fun especialmente fan da primeira metade do libro, da fase de descubrimento do mundo (aínda que a acción da cacería tamén estivo ben). gustoume entender como funcionaba Lunaria e a cacería, que nun inicio pode parecer típica proba de distopía adolescente para que exista unha trama, pero que cando o pensas un pouco ten moito sentido. a tensión producida polo tirapuxa entre o noso grupo e o Capitolio está moi ben construída, puideno sentir nas miñas carnes. tamén foi fácil collerlle cariño a Kiran e unirse á súa loita, aínda que creo que os meus personaxes favoritos son Ru e Felith. menudo dúo dinámico, xuro. son meus pais, son teus pais, son os pais de todo o mundo.
teño que admitir que non me convenceu a parte de romance do romantasy. Irina paréceme unha personaxe interesante, pero sinto que o seu romance con Kiran peca un pouco de instalove? como que o libro quere deixarnos claro que tiñan unha conexión dende antes e que a súa relación non vén da nada, pero non creo que saiba transmitir isto ben ao lector. quizais é porque eu son unhe fan de todo o que sexa slowburn e yearning pero, tendo en conta que o libro ten menos de 300 páxinas e o ritmo é tan vertixinoso, quizais tería estado mellor que nesta primeira entrega ao máximo ao que chegasen fose unha enorme tensión sexual non resolta. tamén é que me cheiro un triángulo amoroso para a próxima entrega a corenta mil quilómetros e, aínda que si que sería unha novidade no contexto do panorama literario galego, como lectore de fantasía xuvenil dende fai 9 anos estou canse.
unha novela que engancha dende o principio!! lixeira e moi intrigante, gústame moito o universo no que se desenvolve e sobre todo o entramado político. empaticei moito cos personaxes femeninos, pero o meu preferido é felith segundo!! espero con ansias unha segunda parte, a miña eu adolescente estaría contentísima de poder ler fantasía en galego
Onte collín este libro de Ledicia Costas nas mans e pouco máis de vinte catro horas necesitei para lelo. É desas obras que unha non dá pousado porque consegue atrapar ao lector dentro do universo que crea.
Soños de Lunaria é a última obra coa que a autora consegue crear aquí unha obra de romantasy en liña co que buscan moitos dos nosos lectores adolescentes e que ata o momento non tiñamos na literatura en galego.
Lunaria é un mundo de fantasía onde conviven bestas, humanos e teriántropos. Kiran, o príncipe herdeiro de Lunaria vive a súa xuventude de forma despreocupada cando espertan as carricantas e agroman da terra, algo que só sucede cada dezasete anos coincidindo co sorteo dos primoxénitos que recolle o Tratado de Lunaria. Nese sorteo Kiran vese destinado a pelexar por sobrevivir nunha loita a morte contra unhas criaturas elixidas pola súa letalidade, especialmente o ornux. Mais Kiran non é un príncipe calquera, é un teriántropo tamén pois súa nai era unha lince boreal que se uniu a seu pai por motivos de estado. Por esta razón non é querido por seu pai e este sorteo será a escusa perfecta para conseguir apartalo do mapa evitando que Lunaria afronte cambios. Así a todo, Kiran conta con Ru e Felith, coa súa irmá Ari, Liliana e Irina, todos eles amigos fieis que confían nel e no seu potencial. Durante a loita el terá que aprender a ter fe en si mesmo buscando o seu destino desde a mente, sen apartarse do seu propósito.
Soños de Lunaria comeza de forma lenta mentres nos imos facendo co contorno de Lunaria pero de seguida vémonos inmersos nun mundo de fantasía con gran coherencia interna, moi ben elaborado e cunha acción trepidante que non nos permite pausar a lectura.
Entendo que este libro é a primeira parte dunha serie que se inicia con Coroa de espiño e da que eu, desde logo, estou desexando xa ler máis.
Algo que tamén me sorprendeu desta obra é edición tan coidada que parece unha edición especial e que desde logo chama polo lector. Despois de rematar a lectura podo dicir que o interior está canto menos á altura da preciosa edición.
Ledicia sempre me sorprende. Coido que non hai xénero que non se lle de ben e agora presenta esta novela, considerada "o primeiro romantasy en galego" e faino ademáis cunha magnífica edición, cos cantos pintados e cuberta e ilustracións de @ivan_r_ .Unha maravilla 😍
Viaxamos ata Lunaria para coñecer a Kiran Lobo, un mestizo fillo de un humano e unha lince boreal de tan so 17 anos. Despois de anos de adestramento, vese abocado a sobrevivir o Rito dos condenados: 5 días no bosque escapando de cinco bestas. Sorte que contará con máis dun apoio.
A nivel narrativo a novela flúe de forma perfecta, con capítulos cortos, axilidade e despertando o interés do lector para seguir avanzando. A trama ten acción e romance pero tamén política e crítica social o que me parece todo un acerto.
As personaxes están ben perfiladas e forman un conxunto moi interesante, no que claro, teño o meu preferido ( non vos vou a contar quen é pero hai dous que se chaman igual 😎).
A ambientación está moi ben e conseguín imaxinarme os escenarios nos que transcorre todo. O final...pois é perfecto para que todos acudamos a pedirlle á autora que escriba o segundo, que o queremos...para onte.
En definitiva, un Battle royal, con reminiscencias de Os xogos da fame ou O señor dos aneis que me parece perfecto para darlle a oportunidade á xuventude de disfrutar dunha obra de fantasía en galego👏🏼
📖 Soños de Lunaria (5⭐️) de Ledicia Costas transportoume directamente a aquela adolescencia na que descubrín a fantasía de Tolkien, o mundo de George R. R. Martin ou, máis recentemente, cando me mergullei no universo de Los juegos del hambre. E digo “transportoume” porque eu, que renegara da fantasía e do romantasy despois de varias decepcións con algunhas das sagas máis virais, volvín sentir esas ganas de perderme completamente nun mundo novo.
E que mundo é Lunaria.
Eu xa quedara completamente fascinada pola escrita de Ledicia Costas cando lin Pel de cordeiro, pola súa capacidade para crear atmosferas e por esa pluma tan característica que fai que as súas historias teñan unha personalidade propia. Con Soños de Lunaria volvín sentir exactamente o mesmo: esa sensación de entrar nun universo construído con mimo, no que sempre hai algo novo que descubrir.
E facelo a través dun romantasy en galego paréceme unha aposta valente e necesaria. Nun xénero que está a vivir unha auténtica explosión editorial, poder vivir unha historia destas características na nosa lingua é tamén abrir un camiño para as lectoras e lectores galegos.
O protagonista é Kiran, un rapaz con moito potencial, pero tamén cunha enorme carga de responsabilidades e expectativas sobre os seus ombreiros. Cando se ve obrigado a participar no Rito dos Condenados, comezan a suceder unha serie de acontecementos que poñerán en cuestión todo aquilo que parecía establecido.
E aquí paro, porque non quero contarvos máis. Só vos digo que me quedei completamente atrapada en Lunaria e que xa necesito saber que vai pasar despois. Ledicia, cando nos levas de volta? 👀
E por se todo isto fose pouco, a edición é absolutamente preciosa, con cantos pintados e un coidado nos detalles que fai que ter o libro nas mans sexa parte da experiencia. Unha edición fermosísima da man de Xerais.
Eu viña buscando un libro de fantasía e atopei algo que non esperaba: as ganas de volver perderme nun mundo fantástico.
Menuda fantasía ler 𝙎𝙤ñ𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙇𝙪𝙣𝙖𝙧𝙞𝙖: 𝘾𝙤𝙧𝙤𝙖 𝙙𝙚 𝙀𝙨𝙥𝙞ñ𝙤. E nunca mellor dito, porque é o primeiro 𝘳𝘰𝘮𝘢𝘯𝘵𝘢𝘴𝘺 escrito en lingua galega e ademais a súa edición é bonitísima e moi coidada: tapa dura, cantos pintados, mapa, debuxos a inicio de capítulo, etc. Todo o que necesitábamos as lectoras galegas deste xénero.
É o primeiro libro do que en principio será unha triloxía e nel atopámonos nun mundo no que conviven humanos e teriántropos, mais a pesar de que na actualidade existe certa paz entre eles a realidade é que non. Só se mantén grazas a un Tratado obsoleto que entre outras cousas mantén un rito no cal cada dezasete anos un/ha primoxénito/a humano/a debe ser escollido para loitar contra cinco teriántropos durante cinco días. Só este/a primoxénito/a podería modificar o Tratado se logra sobrevivir e, polo momento, ninguén foi quen de facelo.
O noso protagonista, Kiran, é elixido para participar no Rito dos Condenados. A diferencia del cos seus predecesores e predecesoras é que non é un humano calquera, xa que é mestizo (a súa nai é unha lince boreal). Ademais, é fillo dun rei ao que odia case tanto coma ao sistema baixo o que viven.
Nunha sociedade totalmente polarizada polo racismo e o clasismo, Kiran vai converterse na esperanza daqueles que non forman parte da elite.
𝙎𝙤ñ𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙇𝙪𝙣𝙖𝙧𝙞𝙖: 𝘾𝙤𝙧𝙤𝙖 𝙙𝙚 𝙀𝙨𝙥𝙞ñ𝙤 é un libro que pese a ser moi introductorio, xa que nos teñen que presentar un mundo e un sistema totalmente descoñecidos para nós, non perde en ningún momento a axilidade do seu ritmo. Ademais ten moitas similitudes coa nosa realidade e está cargadiño de críticas sociais.
Iso si, non esperedes que o seu lado romántico saia a relucir de primeiras. Quédanos moito por vivenciar neste aspecto, pero pese a que abarca pouco deixa un repouso importante xa que estamos falando dun amor case inexplicable que se forxa en boa parte a través dos soños de dous descoñecidos.
Gustoume moitísimo e estou desexando coñecer máis a figura da Fabricante de Invernos así como a relación entre Kiran e certa licántropa. Tamén, por suposto, quero sabelo todo sobre o pasado, especialmente sobre os sucesos que teñan que ver coa nai do protagonista. E, como non, QUERO QUE ARDA O CAPITOLIO.
4'5⭐ Grazas Ledicia por levarme de novo a eses mundos maxicos da miña infancia. Estamos ante a primera novela de fantasía en galego e Ledicia Costas faino por todo o alto.
Un mundo fantástico onde prima a natureza e os animáis. Un personaxe principal con gran peso xicolóxico con só 16 anos e como imos ver o seus progresos antes as adversidades que lle tocan vivir.
Un mundo de fantasía onde a crítica social está moi presente. A igualdade, o abuso do poder, traicions, inxustizas. Sen dúbida algo do que o noso protagonista está en contra. A través de él, da verdaeira amizade, o amor verdadeiro, o crer nun mesmos, saber apreciar e rodearte das personas adecuadas e o fruto de ser constante no seu adestramento físico e educativo son claves para lidiar ca aventura que ten que vivir.
Ledicia Costas cun estilo narrativo sinxelo, máxico e con moito sentimento llevamos a un mundo de fantasía no que recomendo coñecer e formar parte de él.
As editoriais galegas chegan tarde a unha moda a todas luces necesaria se non se queren perder lectores. Probablemente non sexa o libro de maior calidade literaria do mundo; e tampouco o que ten unha maior inventiva; pero malia ser un remexido de todos os romantasy e libros de fantasía dos últimos anos, tiña que existir. Funciona e vai favorecer lectorado en galego e clubs de lectura de adolescentes. Xa era hora. E é de agradecer.
Agora só queda que as novidades literarias se traduzan ao mesmo tempo ao galego que ao castelán. E con sorte, recuperamos lectores que nunca quixemos deixar de ler, pero ás veces estamos capados por querer facelo na nosa lingua.
Encantoume, linno en dous días ainda que ao principio pensei dosificalo porque estaba a gustarme moito e non o quería acabar; aínda así non o puiden deixar. É un libro cheo de maxia, criaturas e unha historia que estoy desexando ver/ler como segue. Sempre digo que de Ledicia leería ata a lista da compra, e así é.
Que sorte van ter os meus fillos, puidendo ler esta marabilla na súa língua, oxalá na miña adolescencia ter tido esta posibilidade. Facía moito que un libro non me enganchaba tanto, ata case obsesionarme sen querer facer nada máis que ler. Desexando a segunda parte.
👑 Que @lediciacostas é a auténtica raíña 👑 da nosa literatura non é ningún segredo, pero con esta nova aposta volve quebrar moldes. Soños de Lunaria convértese por dereito propio no primeiro romantasy en lingua galega, e o resultado non pode ser máis deslumbrante. Ambientada en Lunaria (un mundo onde humanos e teriántropos conviven baixo unha fráxil paz), a historia segue a Kiran Lobo, un mozo fillo dun humano e dunha lince boreal que leva anos preparándose para o temido Rito dos Condenados: cinco días de pura supervivencia no bosque, fuxindo de cinco bestas (a cada cal máis temible!). Pero cando o frío da Fabricante de Invernos comeza a avanzar e os soños de Kiran se adiantan aos acontecementos, queda claro que as regras do xogo van cambiar... para sempre.
🐺 É unha auténtica marabilla como a autora mestura con destreza a fantasía épica, a tensión da supervivencia, a intriga política e (por que non?) unha historia de amor. O ritmo atrapa dende a primeira páxina e mergúllate nun universo fascinante e sombrío que transpira calidade a cada capítulo. Ademais, é imposible non destacar a valentía e o compromiso de Ledicia e de @edicionsxeraisdegalicia ao lanzar esta obra unicamente en galego, apostando por potenciar un xénero que arrasa entre a xente nova dende a nosa propia lingua.
🎨 Por se todo isto fose pouco, o libro é unha verdadeira xoia de coleccionista. A edición en tapa dura, con eses cantos tintados que entran polos ollos e as magníficas ilustracións de @ivan_r_ fai que luzca marabilloso en calquera estantería.
Agardando con ansia e absoluta devoción a seguinte entrega! ⏳