Jump to ratings and reviews
Rate this book

A boca do río

Rate this book
Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta obra narra, cunha ollada rigorosa e documentada, a proxección e construción do encoro de Belesar, un momento clave do pasado recente, cando Galicia se enfronta á promesa dunha falsa modernización que chega da man dun réxime autoritario e dunha alianza férrea entre o poder político e o económico. Cun estilo coidado, que combina a precisión histórica cunha prosa viva e sensorial, a novela de Alberto Lema retrata personaxes complexos e cheos de contradicións que visibilizan o entrecruzamento simultáneo da cobiza, a fe, o medo e a lealdade. «A boca do río» é un relato apaixonante, unha poderosa reflexión literaria sobre o custo humano e social do chamado «milagre franquista» e sobre a fráxil liña que separa a memoria do esquecemento.

456 pages, Paperback

First published October 8, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Alberto Lema

9 books1 follower

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (28%)
4 stars
2 (28%)
3 stars
2 (28%)
2 stars
1 (14%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Ana Arias Castro.
288 reviews10 followers
October 18, 2026
📚Hoxe rematei A boca do río, a novela de Alberto Lema gañadora do XLIII Premio Xerais de Novela e tregado o pasado sábado.

Con esta novela o autor preséntanos unha moi interesante proposta ambientada nos anos corenta e cincuenta do franquismo coa construción do encoro de Belesar e, paralelamente, a resistencia antifranquista na zona e as negociacións, nalgúns casos case conspiracións, da burguesía económica presentada aquí da man de Isidro Legazpi e a súa esposa Rebeca (que nos levan aos dos Condes de Fenosa).

Temos varias tramas que transcorren de forma paralela desde despois da guerra ata a inauguración do encoro de Belesar e a morte do Piloto co que desaparece esta resistencia antifranquista na zona despois de vintecinco anos.

Paréceme interesante o personaxe de Rebeca que atopamos como narradora da trama principal. Desde os seus ollos vemos o personaxe de Ísidro e as súas intencións sempre empresariais e de prosperidade económica ignorando os intereses persoais ou afectivos de todos os que o rodean, e aínda máis dos que se puidesen ver afectados polas súas accións. Tamén vemos da súa man a Franco e á súa familia así como á élite económica que busca reencontrar o seu lugar dentro do réxime pois a súa única ideoloxía parecen ser os dos seus negocios. Ao longo da novela pasamos de ver unha muller que idealiza ao seu curmán Isidro sen cuestionarse nada, a ser crítica cos resultados dos negocios do seu home e das súas empresas en común, pois non é impermeable ao sufrimento dos demais.

Por outra banda temos a trama dos resistentes, que inicialmente buscan derrocar o novo réxime e máis tarde só buscan resistir sen obxectivos claros aínda que apreciados polos agraviados polo encoro.

Finalmente atopamos unha serie de políticos falanxistas, e técnicos que buscan manter a súa influencia, a esencia do réxime no caso dos falanxistas, e acaban sucumbindo á necesidade de facer viable economicamente o réxime.

Unha visión moi completa da época aínda que a min me custou dar entrado na historia pola cantidade de personaxes. Iso si, unha vez inmersa, custoume pousala ata o final. Longa pero permite comprender a Galiza dos nosos avós. Unha gran lectura.
2 reviews1 follower
October 26, 2026
Excelente lectura. Ao longo do libro, un decátase do enorme traballo de documentación que tivo que realizar o escritor. A pesar diso, a lectura non se fai pesada, aínda que ás veces pode resultar un pouco enleada polo número de narradores. Con todo, paga a pena seguir adiante, porque a novela acaba atrapándote.

Magoa dunha listaxe dos protagonistas cos seus nomes reais, aínda que todos se poden descubrir investigando un pouco.

8 reviews
November 3, 2026
Demasiadas páginas, muy cansino. Me supuso un gran esfuerzo acabarlo. Me esperaba otra cosa de un premio Xerais.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews