Jump to ratings and reviews
Rate this book

Cabalos e lobos

Rate this book
Premio Blanco Amor 2014

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.

192 pages, Paperback

First published April 1, 2015

3 people are currently reading
42 people want to read

About the author

Fran P. Lorenzo

2 books6 followers
Francisco Pérez Lorenzo, nado en Vigo en 1973, é un xornalista galego, máis coñecido como Fran P. Lorenzo.

Licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela dende 1995. Traballou entre outras cabeceiras en Galicia Hoxe e O Correo Galego,. Así mesmo, foi un dos fundadores do xornal dixital Dioivo. Mantén o blog Un país en lata. Dende setembro de 2016 traballa no equipo de prensa de Unidas Podemos no Congreso dos Deputados do Estado español.

En 2014 gañou o Premio Blanco Amor coa novela Cabalos e lobos.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
13 (18%)
4 stars
26 (36%)
3 stars
28 (38%)
2 stars
3 (4%)
1 star
2 (2%)
Displaying 1 - 5 of 5 reviews
Profile Image for Moisés.
271 reviews23 followers
June 8, 2015
Antes de ler "Cabalos e lobos" escoitei falar moito e moi ben del, pero non lin ningunha entrevista nin crítica para que non condicionasen a miña lectura. Algunhas das claves desvelounas o autor nun vermú literario tan pracenteiro que valeu a pena arrancar a lectura con algunhas miguiñas de pan. As altas espectativas, por unha vez, non xogaron na contra do libro.

Nada é circunstancial en "Cabalos e lobos". Ben se ve que foi escrito con mimo, trenzando lugares, tempos e personaxes para condensar en non moitas páxinas unha historia repleta de contradicións. É unha novela envolvente, chea de referencias, promiscua, que pica ao mesmo tempo de Sebald e da novela rosa. Iso encántame. Encántame tamén a maneira de escribir de Fran, e non me debería sorprender logo dos seus artigos e do seu blog, pero outros xornalistas con moito estilo non aguantan o pulso da novela, na que o inxenio é moito menos importante que manter o alento para que as liñas non se torzan sen remedio e se derrumbe o castelo. E Fran aguántao marabillosamente. Cada frase está escrita con moito coidado, pero sen perder a perspectiva do conxunto. A estrutura en tres partes funciona moi ben. Cada quen terá a súa favorita; eu quedei fascinado coa primeira.

Ao tempo que leo a novela dispáranse os puntos de interese, ábrense un montón de portas polas que adentrarse: Lübeck, os alemáns de Vigo, a arquitectura da cidade, a loita obreira, a literatura de cordel, o fotógrafo do desastre, as conexións co nazismo... pero nada diso nubla o sentido do relato, porque "Cabalos e lobos" é moito máis que un pasatempo para curiosos.

O libro pódese ler como unha saga familiar, como unha novela romántica, como o retrato dunha cidade ou como unha cata na historia do século XX. Ou todo de vez. Todas esas lecturas están enfiadas polos elementos que forman a argamasa do relato: os segredos, o esquecido a vontade, os silencios. Eles construíron o século XX, a maneira descoidada en que ollamos Vigo e os vínculos familares e sentimentais dos Costa Beckmann.

Unha mañá de maio, mentres agardaba a que lle cambiasen o aceite ao coche, lin boa parte deste libro dando voltas entre as leiras de Santa Cruz de Ribadulla. Gústame arquivar xuntos na memoria as lecturas cos lugares nos que acontecen: As veigas de Tomonde e "Cabalos e lobos" quedan ligados como antes unha praia do Algarve coa "Trilogía de Nueva York" ou unha caravana da Borgoña con "A ponte sobre o río Drina".
Profile Image for Abril Camino.
Author 32 books1,863 followers
November 12, 2025
Que bonita e terrible, á vez, historia. Todas as costuras dunha familia saíndo de a poucos ao descuberto e unha ambientación en Vigo excepcional.
Profile Image for Carmen Pérez.
153 reviews4 followers
November 4, 2022
Promete mucho y no da nada. Además, insufrible el estilo de escritura de el autor; súper cargado y nada ameno de leer, muchas palabras y poco contenido.
Profile Image for Laura.
2 reviews
December 21, 2019
La historia te atrapa y te sumerge en sus páginas, aunque tengo que reconocer que en algún punto, sentí que la trama no me llevaba a ninguna parte
Profile Image for Begoña.
81 reviews10 followers
May 31, 2015
Cabalos e lobos que transforman a paisaxe cotiá da túa cidade. Imposible non entrever a partir de agora a familia Beckmann no Gran Vía nº2, non procurar a sombra do antigo colexio alemán polo parque Camilo José Celá e arredores, non intuír as pegadas de Bruno na Privada Moderna. Que narrativa máis potente, envolvente e suxestiva a de Fran P. Lorenzo. Canto precisamos reescribir Vigo para entendernos aínda que sexa unha chisca.

"Non sei o que pretendía, pero algo si logrou: confirmar a nosa existencia, e de paso, desmentir a nosa inmortalidade".
Displaying 1 - 5 of 5 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.